A Pobra do Caramiñal, 13 de febreiro de 2016
O inverno entrou de cheo nas Rias Baixas, tras unha xornada de maña épica no Campionato Provincial de Cross en Baiona, A Pobra do Caramiñal acollia o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. De feito moitos dos atletas das categorias menores fixeron doblete, cortesia da boa previsión do calendario atletico.
A primeira categoría da xornada de tarde foron os benxamins. As mulleres foron as máis numerosas, acadando o Campionato Galego Lara Iglesias, Subcampiona Galega Gema Dacosta, seguida no cuarto posto por Iris Malvido e Nerea Malvido que foi 7ª.
Os seguintes en participar serían os alevins homes. Cun tempo de 11,16 Denis Fernández proclamouse Campión Galego nos 2kms de marcha en ruta, Carlos Corredoira rematou 7º.
Ana Piñeiro voltaba a marcha rematando Campiona Galega nos 3kms marcha en ruta da categoria infantil feminino. Iria Nieto acadaba o 10 º posto na mesma carreira. Eduardo Parcero rematou cuarto no computo da categoría infantil homes.
A carreira dos 5 kms foi o percorrido para a categoría cadete. Na proba das mulleres Valeria Fernandez acadou o Subcampionato Galego cun crono de 29:20.
RESULTADOS