CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE MARCHA POR AUTONOMIAS

Cieza, 26 de febreiro de 2023

 

    Ata a localidade murciana de Cieza tivo que desprazarse Diego Garcia para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE MARCHA POR FEDERACIONS AUTONOMICAS. Despois da longa  viaxe competiría nun percorrido de 5km no que fixo a su mellor marca persoal, 28 minutos 41 segundos.  Con este tempo entrou na meta no posto 22º. Parabens polo tempo, entrega e determinación.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Ames, 5 de febreiro de 2023

     O primeiro domingo de febreiro a localidade coruñesa de Ames acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Foron participes desta cita Sofia Corrales que disputou na categoria SUB 10, sobre un percorrido de un kilometro, acadando finalmente o 5º posto cun tempo de 6 minutos 54 seguntos. Diego Garcia voltou a Cangas co titulo de CAMPION GALEGO da categoria SUB 16, tras rematar os cinco kilometros nun tempo de 32 minutos e 01 segundos.



MEMORIAL JOSEFINA ROMERO

A Coruña, 28 de maio de 2022

     Se temos que elexir unha proba TOP da marcha en ruta non temos dubida que o MEMORIAL JOSEFINA ROMERO sería a proba de referencia a nivel Galicia. Se temos que falar de marcha no Club teremos que falar d@s irmans Malvido Pardavila. O máis novo, Alan Malvido, disputou o kilometro na categoría Sub 10, rematando 6º cun tempo de 7:35. Iris Malvido foi 7ª nos 3kms da categoria Sub 16, seguida pola sua irmá Nerea Malvido, que chegou 13ª. Na carreira de 5 kms foi descalificado Diego Garciacando xa tiña percorrido dous tercios da proba.



CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA SUB16 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS

Lepe, 30 de xaneiro de 2022

  Disputouse en Lepe o  CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA SUB16 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS. No combinado galego  SUB 16 feminino participou Iris Malvido. Rematou o percorrido de 5 km. en 29,19 acadando o posto 35º e sumando para o equipo uns importantes puntos que levaron a Galicia ata o posto 9º.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

A Pobra do Caramiñal 16 de xaneiro de 2022

 

     A localidade de A Pobra achegou o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA a comarca do Barbanza. Vari@s amarel@s foron partícipes do primeiro Campionato Autonómico da presente tempada 2022. Era un test importante despois das festas do nadal e sempre mirando de reollo a climatoloxia invernal, que foi bastante benévola.



  Alan Malvido acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO na proba de 1 km da categoria SUB 10. Na proba feminina de 2 kms da categoria SUB 14 participaron Antia Baqueiro, que acadou o BRONCE i Estela Raña, que rematou 10ª.



  Diego Garcia debutou na categoría SUB 16 cun magnifico 5º posto na proba de 5 kms. Na carreira feminina Iris Malvido rematou 4ª, a escasos segundos do podio. A sua irmá Nerea Malvido foi 10ª.



TROFEO DE MARCHA AD CERRO BUENAVISTA

Getafe, 12 decembro de 2021

     Celebrouse este domingo o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA PROMOCION DE INVERNO. No mesmo dabanse cita as categorías de SUB 16 ata MASTER. Paralelamente para as categorías menores habilitase o TROFEO DE MARCHA AD CERRO BUENAVISTA, no que participou Sabela Castelo. A nosa marchadora SUB 14 ven de liderar o ranking nacional e presentouse en sociedade na localidade madrileña, na proba de 3kms marcha en ruta venceu cun tempo de 15:00 . Desta volta quedou preto do record galego, pero non podía competir sen mellorar, neste caso o record do Club, en mans de Ana Piñeiro con 15:09. Moitos parabens para Sabela Casteloquen non deixa de sorprendernos.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Marín, 01 de febreiro de 2020

     A localidade de Marín actuou de anfitrioa do CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Este feito foi apreciado polas tres atletas amarelas que tomaron parte no Campionato. Non sería viable participar no Provincial Xogade de maña e pola tarde disputar este Campionato nunha sede máis lonxe. Esta sobreactividade parece que non lle afecta, ao contrario, a Sabela Casteloquen de maña venceu no Campionato Provincial de Cros e de tarde volveu a gañar na proba de 2 kms. Se a iso lle engadimos o rexistro da proba, 10,01, o cal, é novo RECORD GALEGO podemos pensar que  tivo un día redondo, no aspecto atlético. As irmans Iris e Nerea Malvidotamén viñan de gañar, co equipo SUB 14, no Campionato Provincial de Cros. En Marín, disputaron a proba dos 3kms, rematando na posición 4ª e 11ª respectivamente.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

A Pobra do Caramiñal, 19 de xaneiro de 2019.

     Este sábado o circuito urbano de A Pobra do Caramiñal acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Voltou a chuvia,  que lle aportou un punto máis de dureza a esta proba de Ruta. Na proba de 1 km correspondente a categoría SUB 10 masculina Pedro Gonzalez rematou 4º cun tempo de 7:28.



     Do bo facer de Sabela Castelo chegou a medalla de ouro na proba de 2kms da categoría SUB 12. Empregou un tempo de 10:36 para rematar o percorrido.



     A proba dos 3kms para a categoria SUB 14 pechaba a participación amarela. Iris Malvido acadou o 5º posto e Nerea Malvido rematou no 15º. Carlos Corredoira foi 7º na proba masculina.



TROFEO JOSEFINA ROMERO DE MARCHA ATLETICA

A Coruña, 2 de xuño de 2018

     Este sábado na proba de Cantones dabase un digno remate ao Circuito Galego de Marcha Atletica. Tivemos tres amarel@s competindo, Sabela Castelo rematou 1ª no km da categoria SUB 10 cun tempo de 5:24. Lara Iglesias foi 4ªcon 12;12 no percorrido de 2 kms. Ana Piñeiro con 15:29 proclamouse vencedora na proba de 3 kms.



   Entregaronse as premiacions do TROFEO JOSEFINA ROMERO, onde de maneira individual Ana Piñeiro e Denis Fernández acadaron o primeiro posto. Por equipos foron segundos tanto o feminino coma o mixto.



TROFEO JOSEFINA ROMERO DE MARCHA ATLETICA

     Hoxe estase a disputar TROFEO JOSEFINA ROMERO DE MARCHA ATLETICA dentro da festa que supon o GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA CANTONES. O citado Trofeo ofrece as categorías menores a oportunidade de compartir circuito con alguns dos mellores marchadores internacionais. Sorte a tod@s, e @s amarel@s un chisco máis.


RESULTADOS EN DIRECTO TROFEO