Archivo de la categoría: General
RESULTADOS CATEGORIAS MENORES PEDESTRISMO 2019
Tras unha intensa mañan de carreiras polo centro urbano de Cangas, achegamos os resultados das categorias MINIBENXAMIN, SUB 10, SUB 12, SUB 14 e SUB 16 no XLVI TROFEO DE PEDESTRISMO – Memorial Pepe Cordeiro.
RESULTADOS
CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA DE INVERNO
A Pobra do Caramiñal, 23 de novembro de 2019
O Estadio de A Alta acolleu este pasado sábado o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA DE INVERNO. Como xa coñecedes, esta tempada alargase ata o final do ano. Será a derradeira co formato antigo. A partir do 2020, as tempadas, coincidirán cos anos naturais. Por esta particularidade, repetiamos Campionato nesta tempada, e non será o último.
Impresionante estivo Sabela Castelo, quen rematou o percorrido da categoria SUB 12 nun tempo de 10:04.19. Ademáis de proclamarse CAMPIOA GALEGA mellorou o rexistro da distancia en 30 segundos, acadando un novo RECORD GALEGO.

Na categoria SUB 14, as irmans Iris e Nerea Malvido seguen dando guerra na marcha atletica e remataron 5ª e 19ª respectivamente na súa proba.
CROSS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA
Burgos, 9 de novembro de 2019
A localidade burgalesa de Atapuerca, saltou aos medios por un xacemento e traspasou as fronteiras co que alí se atopou. Agora mesmo ben mantendo o interese mediatico cun Cross Internacional que este ano celebraba a sua XVI edición. Para darlle un pouco de colorido a esta celebración, ata alí se desprazaron dous amarel@s. Ambos participaron na categoria SUB 12, na carreira feminina sobre un percorrido de 1000 mts. Sabela Castelo Acadou o 3º posto. Hugo Domínguez correu un circuito de 1600 mts rematando no posto 20º.
Imaxe cortesi@ www.fotocarlosgrafias.com
XORNADAS PREVIAS DA LIGA ABANCA
A Federación Galega de Atletismo organizará a VIII Liga Galega ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES DE INVERNO para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 integrada por varias xornadas previas clasificatorias a celebrar en varias zoas e unha final por equipos. No caso de Pontevedra vanse celebrar tres probas. Adiantamos toda a información da Liga de cara a conformar os equipos e a premura na inscrición d@s atletas.
REGULAMENTO LIGA
O domingo 03 de novembro será en Vilagarcia, co seguinte programa de probas:
RESULTADOS EN DIRECTO

A seguinte xornada vai ter lugar o sábado 09 de novembro no CGTD de Pontevedra con este detalle de probas:
RESULTADOS EN DIRECTO
A derradeira xornada clasificatoria será o sábado 30 de novembro nas pistas de Balaidos:

HORARIO E REGULAMENTO CIRCUITO PRIMITIVO SIMON
O Sábado 26 de outubro de 2019 as Pistas de San Pedro en Marín acolleran a I XORNADA DO CIRCUITO PADRE SIMON. O programa de de probras abrangue varias categorias (SUB 10 ata SUB 18), no seguinte enlace detallanse todolos datos de interese.
INFORMACION DA COMPETICION
CAMPIONATO GALEGO DE KILOMETRO EN RUTA
Guntin, 25 de agosto de 2019
A localidade lucense de Guntin acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE KILOMETRO EN RUTA. Nas categorias menores de SUB 10 ata SUB 16 a distancia do Campionato era de mil metros, para as demáis foi a tradicional milla. Contamos coa presenza da atleta SUB 12 Sabela Castelo, quen rematou no primeiro posto e proclamouse CAMPIOA GALEGA de un kilometro en ruta, cun tempo de 3:32. Noraboa e a seguir colleitando exitos.
INICIO ADESTRAMENTOS E HORARIOS
Este vindeiro luns 16 de setembro VOLTAMOS AOS ADESTRAMENTOS. A partir das 18:00 horas vaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES (SUB 10 ata SUB 16) de luns a venres en duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), agás o martes, só as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins (nados ata o 2013) teran adestramento os luns e xoves as 18:00 horas. Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores.
Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou nas redes sociais.
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO EN PISTA AO AIRE LIBRE
Pontevedra, 20 de xullo de 2019
O CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO EN PISTA AO AIRE LIBRE, marcaba no calendario o peche dos adestramentos para alguns dos pupil@s de Ramilo. A xornada do sábado foi inusualmente calurosa para un verán fresco coma o deste ano. As pistas do CGTD de Pontevedra gozaron dun ambiente atletico do que foron participes vari@s amarel@s. De maña, na proba dos 800 m.l. Lope Quinteiro rematou en 1.57.10 acadando o 5º posto e mellorando o seu rexistro . Alex Iglesias cruzou a meta en 2:03.93, moi preto da sua marca e acadando o posto 15º. A participación matinal completouna Juan Piñeiro, quen acadou o 8º posto na final do salto de lonxitude cunha marca de 6,51 m.












Debe estar conectado para enviar un comentario.