CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Marín, 01 de febreiro de 2020

     A localidade de Marín actuou de anfitrioa do CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Este feito foi apreciado polas tres atletas amarelas que tomaron parte no Campionato. Non sería viable participar no Provincial Xogade de maña e pola tarde disputar este Campionato nunha sede máis lonxe. Esta sobreactividade parece que non lle afecta, ao contrario, a Sabela Casteloquen de maña venceu no Campionato Provincial de Cros e de tarde volveu a gañar na proba de 2 kms. Se a iso lle engadimos o rexistro da proba, 10,01, o cal, é novo RECORD GALEGO podemos pensar que  tivo un día redondo, no aspecto atlético. As irmans Iris e Nerea Malvidotamén viñan de gañar, co equipo SUB 14, no Campionato Provincial de Cros. En Marín, disputaron a proba dos 3kms, rematando na posición 4ª e 11ª respectivamente.



Deja una respuesta