COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA.

 

     Metidos de cheo no comezo da tempada, e coincidindo tamén coa festividade de San Martiño, esta fin de semana xa nos atopamos cunha competición oficial máis un clasico na pretempada. Estamos a falar do I TROFEO DA ESCOLA DE MARCHA DEPUTACION DE PONTEVEDRA, que vai ter lugar o sábado 12   nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.  Será a primeira proba puntuable do Circuito Galego de Marcha atlética Josefina Romero 2016-2017


HORARIO——————————INSCRITOS

10:30 -1.000 Benxamín H-M

10:55- 2.000 Alevín H-M

11:30 -3.000 Inf/Cad H-M

12:30- 5.000 Xv/Jn /Pr /Sen /Vet H-M * Categoría Conxunta.


     O domingo 13 de novembro, en Bueu, temos unha cita coa XXI CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO, co seguinte programa de probas:

page-001

page-002

     Aconsellase estar na linea de saida con 30 minutos de antelación a proba correspondente, sobre todo nas categorias menores, que serán as que conten con máis participantes. Este é o LISTADO DE PARTICIPANTES  na proba. Tanto a saída como a chegada estarán situadas á altura do museo Masso.


7399_evento_4127_cartel_44c5756ad1


PRESENTACION TEMPADA 2016/17

Novembro 2016

     O mes de novembro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2015/16, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 21 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 19 de novembro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estara composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • – Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • – Entrega da revista nº 21 do Club.

  • – PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

  • *(para concretar estas aportacións quedaremos polos grupos de whatsapp)


     foto-fili


PRESENTACION DO PEDESTRISMO EN CANGAS

Cangas, 31 de outubro de 2016

 

     Esta maña na Fundación Cangas Deporte, tivo lugar a presentación do XLIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS MEMORIAL PEPE CORDEIRO. A rolda de prensa asistiron membros da directiva do Club que acompañaron ao Concelleiro de Deportes  de cara as explicacións desta nova edición do evento deportivo máis antigo do municipio. A data elexida para a celebración da proba foi o 4 de decembro de 2016. 


REGULAMENTO


     Para participar será necesaria a inscrición a través do seguinte enlace: INSCRICION PEDESTRISMO tamén poderedes consultar información sobre os circuitos e horarios das diferentes categorías.


cartel


CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AIRE LIBRE

Ourense, 16 de xullo de 2016

     As pistas de Josefina Salgado, en Monterrei,  acolleron a cita máis importante do calendario atlético autonómico. Foi unha longa xornada de verán para dar cabida ao   CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Na sección masculina estiveron presentes o relevo 4×100 composto por Daniel Armada, Adrián Outeiral, David Lorenzo e Daniel Calvar. Non puido chegar o «testigo» a meta, producindose a descalificación do equipo. Esta bonita e emocionante proba é moi satisfactoria cando sae ben, pero tamén moi frustrante cando sae mal. 


1jpg


     Daniel Calvar participou nos 200 m.l., rematando en 4º posto, na súa final, cun tempo de 23.71. O seu compañeiro David Lorenzo foi 6º nos 400 m.v. cun crono de 1:00.54. 

     En mulleres a medalla foi para Raquel Villa, quen foi segunda e polo tanto Subcampiona Galega de Lanzamento de Peso. A bola chegou ata os 12’58 m. e supuso a medalla de prata.


2


     Para a infantil Ana Piñeiro foi a sua primeira participación nun absoluto, percorrendo os 5 kms da marcha. Na vindeira tempada seralle unha distancia habitual, rematou en Monterrei no 5º posto cun tempo 28:53.38.

 

XXI CROSS ESCOLAR AD CASTRO – SAN MIGUEL

     Este domingo 9 de outubro o parque de Castrelos en Vigo voltarase encher de corredores. O Cross escolar AD CASTRO dará comezo a partir das 10’00 horas coa categoría cadete, seguindo esta orde:


  • 10:00’  Cadete Masculina  2001-2002     3.000 m             
  • 10:20’  Cadete Feminina  2001-2002     2.585m
  • 10:35’  Infantil Masculina  2003-2004     2.585 m
  • 10:55’  Infantil Feminina  2003-2004     2.000 m            
  • 11:10’  Alevín Masculina  2005-2006     2.000m            
  • 11:25’  Alevín Feminina  2005-2006     1.585m
  • 11:35’  Pais de nenos participantes  2.000m             
  • 11:50’  Nais de nenos participantes  2.000m             
  • 12:00’   Benxamín Masculina  2007-2008     1.000m            
  • 12:10’   Benxamín Feminina  2007-2008     1.000m           
  • 12:20’  “Pre-benxa”. Masculina  2009-2010     585m
  • 12:35’  “Pre-benxa”. Feminina  2009-2010     585m
  • 12:45’  “Olímpicos”  Masculina  2011-2012 y 2013     200m
  • 12:55’  “Olímpicos”  Feminina  2011-2012 y 2013     200 m  

     REGULAMENTO E INSCRICIONS


    61c6f59e-3b23-e774-4dff-39d9d00036e5-300x


CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MILLA EN RUTA, CRITERIUM DE KM. E MILLA SAN MIGUEL DE MARÍN

     Este sábado 24 de setembro a localidade de Marín vai acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MILLA EN RUTA, paralelamente para as categorías menores existirá un CRITERIUM DE KM. E MILLA SAN MIGUEL DE MARÍN.  A totalidade das probas disputaranse nun circuito urbano  en xornada de tarde.

Programa-Horario :


CRITERIUM DE KM. E MILLA SAN MIGUEL DE MARÍN

  • 16.15. Benxamín feminino e masculino (2007 e 2008)

  • 16.30. Alevín feminino e masculino (2005 e 2006)

  • 16.45. Infantil feminino e masculino (2003 e 2004)

  • 17.00. Cadete femInino e masculino (2001 e 2002)

  • 17.10. Milla Popular feminina

  • 17.25. Milla Popular masculina.

  • 17.40. Patrulla Canina (2009-2010-2011)

  • 17.50. Pepa Pig (2012-2013-2014-2015)

  • 18.00. Comezo CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MILLA EN RUTA

  • 18:00 a 19:30  Veterans HOMES e MULLERES.

  • 19:40 Absoluto MULLERES

  • 19:55 Absoluto HOMES


     REGULAMENTO


    ruta-milla


VOLTAMOS A ADESTRAR

    Este luns 12 de setembro VOLTAMOS OS ADESTRAMENTOS.  A partir das 18:00 horas vaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES (benxamin ata infantil) de luns a venres en duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), excepto o martes, só as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins (nados ata o 2010) teran adestramento os luns e xoves as 18:00 horas.  Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores. 

     Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou as redes sociais. 


portada


 

CARREIRA SOLIDARIA CANINA MORRAZOCAN

    Este vindeiro domingo 11 de setembro vaise estrear na comarca do morrazo unha nova carreira solidaria. Neste caso,  a favor da Protectora de Animais do Morrazo.  O programa contará tamén con actividades o sábado 10.  Na xornada do domingo, a partir das 11.00 horas terá lugar unha ANDAINA. Para as 11.30 esta prevista a saída da CARREIRA canina, tamén se poderá participar sen can. Os prezos oscilaran entre os 5 € para adultos e 2€ para nenos.


     REGULAMENTO E INSCRICIONS


22Cartel-Morrazocan-g (1)


CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Granollers, 9 e 10 de xullo de 2016

     A localidade de Granollers acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE.  Dúas atletas do Club, no seu primeiro ano nesta categoria, acadaron mínima para disputar as probas de lanzamento de peso e 3000 metros marcha. Ambas da categoría feminina. Valería Rodriguez rematou 7ª na final de peso, cun mellor lanzamento de 10.89. Pola súa parte Valeria Fernández, non puido rematar a proba dos 3000 mts marcha, debido a problemas fisicos.



CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA

Toledo, 25 e 26 de xuño de 2016

     Durante a primeira fin de semana do veran, os mellores atletas nados entre os anos 1994 e 1996 tiñan unha cita en Toledo para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA.  Entre os mellores sub-23 do ambito nacional estivo Raquel Villa.  Partía cunha mellor marca (A.L.) esta tempada de 12.09, acadada en Vigo no CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL,JUNIOR E PROMESA AIRE LIBRE.  En Toledo rematou no posto 10º, tras un mellor lanzamento de 11.28.