CAMPIONATO PROVINCIAL DE PISTA BENXAMÍN -ALEVÍN

Podemos dicir que o día 2 de maio saíu redondo como as medallas que os nen@s leváronse a casa. Moitos atletas viron recompensados os seus esforzos e traballo cunha medalla, “ que é máis gorda, máis grande e máis chula que as dos cross”.

O día comezou cun susto, xa que o autobús non apareceu á hora acordada. Os atletas que tiñan que competir a primeira hora, fóronse ata Pontevedra en coches.

O tempo, meteorolóxicamente falando, foi estupendo, un magnifico día asollado propio do verán sen as temperaturas excesivamente altas, que axudou a elevar os ánimos e a buscar a sombra á hora de degustar o menú ofrecido pola Xunta, xa que as probas realizáronse ao longo de todo o día, o que permitiu que os que tiñan que realizar dúas probas non lles coincidise á vez.

Unha das primeiras probas foi a de lanzamento de peso, coa que o marcador do club iniciouse con 5 medallas:.
En resumo foi un gran día para todos e en especial para aqueles que participaban por primeira vez.

Os resultados foron:
Alevín mulleres:
Eva Otero Pastoriza: campiona provincial de probas combinadas
Estela Costas Gandón: subcampiona provincial en 60 m.l. e 1.000 m.l.
Noa Rouco Baqueiro: medalla de bronce provincial de 60 m.l. e 500 m.l.
Noelia Graña Casas:subcampiona provincial de salto de lonxitude e medalla de bronce en 2000 m.l.
Ana Antepazo Regueira: 4º en 2.000 m.l.
Esmeralda Corredoira Herbello: subcampiona provincial de 2 km marcha e 7ª en salto de altura
Alexia Vidal Martínez: campiona provincial de salto de altura e salto de lonxitude
Carla Bernárdez Miranda: Subcampiona provincial de lanzamento de peso e 4º en salto de lonxitude
Patricia Torrres Ferradas: 4ª en lanzamento de peso
Alevín homes:
Yeray Álvarez Gallego: medalla de bronce provincial de probas combinadas
Raúl Dacosta Santomé: Subcampión provincial de 60 m.l. e medalla de bronce en salto de lonxitude
Óscar Iglesias Menduiña: 4º en 1000 m.l. e 6º en 60 m.l.
Anxo Rodas Arca: 9º en 500 m.l.
Pedro Acuña López: 4º en 2000 m.l. e 6º en salto de lonxitude
Abran Santos Piñeiro: Subcampión provincial de 2km marcha
Óscar Broullón Sotelo: campión provincial de lanzamento de peso
Benxamín mulleres:
Saray Amoedo Portabales: Campiona provincial de probas combinadas
María Jesus Corredoira Herbello: Campiona provincial de 500 m.l. e 5ª en 60 m.l.
Paula Santos Gil: 5ª en salto de lonxitude e 6º en 500 m.l.
Raquel Otero Pastoriza: 7ª en 500 m.l.
Alba Vidal Soliño: subcampiona provincial de 1000 m.l.
Noa Garcia Prieto: Campiona provincial de lanzamento de peso e Subcampiona provincial de 1 km marcha
Benxamín homes:
Daniel Calvar Parada: 7º en probas combinadas
Andrés Obenza Otero: 4º en probas combinadas
Daniel Armada González: subcampión provicial de 60 m.l.b e 11º en 1.000 m.l.
Julián Villa Carracelas: 6º en 60 m.l. e 7º en 500 m.l.
Adrián Outeiral Vilas: Subcampión provincial de 500 m.l. e salto de lonxitude
Jorge Piñeiro Garrido: 4º en 1.000 m.l. e salto de altura
David Lorenzo Germade: campión provincial de de salto de altura e 6º en 1.000 m.l.
Martín Pérez Bacelar: Subcampión provincial de lanzamento de peso e 5º en salto de lonxitude
Gabriel Fernández González: 6º en salto de lonxitude
Samuel Alonso Gil: medalla de bronce en lanzamento de peso

Deja una respuesta