XLIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS-MEMORIAL PEPE CORDEIRO 2016

Cangas, 04 de decembro de 2016

     Na primeira fin de semana de decembro tocanos de cheo o noso querido XLIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS-MEMORIAL PEPE CORDEIRO. O abrente non facía presaxiar un mal día, ainda que despois chegamos a temperaturas de 21º. Espectaular mañá, en termos climáticos e por suposto atléticos. Desde as 10 ata ben pasadas as 13 horas non deixamos de ver atletas polas rúas de Cangas. 


img_9228


     As dez estaba prevista a primeira proba e as dez comezou. Nos tamén andivemos as carreiras. Eran as BENXAMINS femininas, que sobre un percorrido de 500 mts, inauguraron o Trofeo do ano 2016.  O podio foi para Emma Rial 1ª, Emma Regueira 2ª e Eva María Otero 3ª. Das integrantes do Club, Sabela Domínguez foi 6ª, Candela Castro 7ª, Alba Del Valle 8ª, Leire Brun 9ª, Paula Fernández 21ª e Noa Quinteiro 24ª. En canto a categoria másculina, os primeiros en cruzar a meta foron David Entenza, Oscar Otero e Brais Pintos. A representación amarela estivo encabezada por  Hugo Domínguez 7º e  Rodrigo Sacau, que rematou 12º.

     O podio da categoría ALEVIN feminina foi ocupado por Adriana Rial, Carmen Carreira e Nerea Barros. Nesta categoría a «invasión» amarela rematou con Lara Iglesias 5ª, Agata Rodríguez 6ª, Cristina Taboada 7ª, Andrea Pérez 8ª, Sara Nerga 10ª, Carmen Fraga 11ª, Noa Nerga 13ª, Uxia Sánchez 14ª, Gema Dacosta 16ª, Iris Malvido 17ª, Nerea Malvido 24ª e Uxia Pazo 32ª. Na sección másculina chegaron os primeiros podios, Carlos López e Raúl Rial, acadaron o 1º e 2º posto, acompañados por Hugo Couñago. Os seus compañeiros remataron con Yago Juncal 8º, Manuel Lemos 10º, Diego Martínez 13º, Rubén Lemos 14º, Carlos Corredoira 19º, Eloy Domínguez 22º, Eloy Domínguez Del Rio 23ºe Luca Piñeiro 25º.


img_9123


     O percorrido sumaba segundo as categorías, na INFANTIL chegaba aos 1500 mts. A vencedora en mulleres foi Laura Alfonso, seguida por Aldara Fonseca e Carmen Carrera. No tocante as nosas atletas, a primeira en cruzar a linea de meta foi Sara Mallo, en 4º posto. Anais Santamarina foi 8ª, Angela Fraga 9ª, Carmen Castro 11ª,  Ana Cerqueira 12ª e Rocio Novas 15ª.

     En homes destacou Ivan Iglesias, acadando o 3º posto, soamente superado por Dawit Comesaña 1º e Jose Estevez 2º.  Despois de Ivan entraron Joel Curro de 5º, Denis Fernández 7º,  Aaron Otero 8º, Adan Dacosta 12º, Daniel Quinteiro 16º, Anton Núñez 17º e Jairo Parcero 21º.

     O tempo apremiaba e os CADETES fixeron a saída conxunta. Os homes percorrían 3000 mts e as mulleres 2000 mts. No caso dos primeiros, coparon o podio de amarelos. Lope Quinteiro, Anton Iglesias e Alex Iglesias, de cuarto entrou Aaron Domínguez, seguido por Daniel Iglesias 9ºe Gabriel Dacosta 11º. Na carreira feminina foron primeiras Sara Lima, Paula De la Torre e Carla Guisande. Polo Vila entraron Sabela López 6ª, Valeria Rodríguez 7ª, Ariadna Gil 8ª, Naiara Villar 9ª, Ines Pardavila 10ª, Maria Rial 13ª, Ainoa Santos 14ª, Colomba Carballal 15ª, Veronica Brun 16ª, Alba Pardavila 17ª, Irene Menéndez 18ª e Ines Villamor 19ª.


img_9212


     A proba JUNIOR, sobre 6000 mts, deu coma vencedor a Jose Villar, mentras que na categoria XUVENIL impusose David Burgos. Non quedaba tempo para máis, tendo en conta que a proba absoluta, con saída en Aldán, comezaba as 12:00 horas. A esa hora as temperaturas estaban preto dos 20 grados e somouse esta circunstancia o sinuoso circuito que percorría desde Aldán a costa canguesa. Finalmente na carreira absoluta resultou vencedor Lolo Penas, seguido de preto por Alejandro Fernández. o terceiro posto foi acadado por Victor Riobo.  Na categoría feminina Maria jesús Gestido, alzouse co triunfo. Beatriz Fernández foi segunda e Marina Caballero terceira.


img_20161204_120003


 CLASIFICACION CARREIRA MAIORES

RESULTADOS MENORES


 

Deja una respuesta