Este pasado sábado 03 decembro tivo lugar en Ourense a CONCENTRACION SECTOR SALTOS-ZONA SUR. O módulo cuberto do Pavillón dos Remedios acolleu as actividades desenvolvidas pola FGA. As mesmas incluían adestramentos e charlas. O responsable do Sector Mario González estivo acompañado polos adestradores Santiago Ferrer (pai e fillo) e José Alfonso Palomanes.
Por parte do Club acudiron en LONXITUDE, a cadete Irene Menéndez. No TRIPLE SALTO, foron convocados os cadetes Maria Rial, Ariadna Gil e Gabriel Dacosta, ademáis da xuvenil Saray Amoedo. Por último tamén acudiu para a PERTEGA o xuvenil David Lorenzo.