Cehegín-Murcia, 11 de decembro de 2016
Este domingo, a actualidade da marcha atletica estaba centrada na localidade murciana de Cehegín. A nosa andaina polo VI Campeonato de España de Marcha de Invierno de Promoción, comezou coa proba dos 3kms da categoría cadete feminina. Na saída estaban Ana Piñeiro e Valeria Fernández. Todo un logro a nivel nacional, que despois da proba se viu refrendado pola medalla de BRONCE acadada por Ana Piñeiro. A súa compañeira Valeria Fernández rematou no posto 25º.

