Archivo del Autor: Oscar
I TROFEO ESCOLA DE MARCHA DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA
Sábado 12 de novembro de 2016
As pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra acolleron o TROFEO ESCOLA DE MARCHA DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA. Foi en xornada de maña e os percorridos eran de 1000, 2000, 3000 e 5000 mts, dando cabida a todas as categorías. No tocante a metereoloxía, tivo momentos menos malos pero en canto avanzou a maña foi totalmente adversa.
A categoría benxamin abriu a competición. Na carreira feminina Candela Castro rematou o percorrido de 1km nun tempo de 7:47.84, acadando o 7º posto. Para os alevins, doblouse a distancia. En mulleres Lara Iglesias foi 1ª, seguida por Iris Malvido, 5ª e Nerea Malvido, 7ª. Nos homes Carlos Corredoira rematou 4º.
A categoría infantil masculina foi liderada por Denis Fernández, cun tempo de 16:22.39 sobre os 3 kms. Na mesma distancia Angela Fraga rematou 5ª.
Ana Piñeiro tamén se impuso nos 3kms da carreira cadete feminina, seguida por Valería Fernández, 5ª, nunha proba que estivo protagonizada pola forte choiva.
RESULTADOS
COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA.
Metidos de cheo no comezo da tempada, e coincidindo tamén coa festividade de San Martiño, esta fin de semana xa nos atopamos cunha competición oficial máis un clasico na pretempada. Estamos a falar do I TROFEO DA ESCOLA DE MARCHA DEPUTACION DE PONTEVEDRA, que vai ter lugar o sábado 12 nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra. Será a primeira proba puntuable do Circuito Galego de Marcha atlética Josefina Romero 2016-2017.
HORARIO——————————INSCRITOS
10:30 -1.000 Benxamín H-M
10:55- 2.000 Alevín H-M
11:30 -3.000 Inf/Cad H-M
12:30- 5.000 Xv/Jn /Pr /Sen /Vet H-M * Categoría Conxunta.
O domingo 13 de novembro, en Bueu, temos unha cita coa XXI CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO, co seguinte programa de probas:


Aconsellase estar na linea de saida con 30 minutos de antelación a proba correspondente, sobre todo nas categorias menores, que serán as que conten con máis participantes. Este é o LISTADO DE PARTICIPANTES na proba. Tanto a saída como a chegada estarán situadas á altura do museo Masso.
PRESENTACION TEMPADA 2016/17
Novembro 2016
O mes de novembro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2015/16, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 21 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 19 de novembro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).
O programa do evento estara composto por:
-
– Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.
-
– Charla-coloquio cos INVITADOS.
-
– Entrega da revista nº 21 do Club.
-
– PINCHO coas aportacións d@s soci@s*
-
*(para concretar estas aportacións quedaremos polos grupos de whatsapp)

PRESENTACION DO PEDESTRISMO EN CANGAS
Cangas, 31 de outubro de 2016
Esta maña na Fundación Cangas Deporte, tivo lugar a presentación do XLIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS MEMORIAL PEPE CORDEIRO. A rolda de prensa asistiron membros da directiva do Club que acompañaron ao Concelleiro de Deportes de cara as explicacións desta nova edición do evento deportivo máis antigo do municipio. A data elexida para a celebración da proba foi o 4 de decembro de 2016.
REGULAMENTO
Para participar será necesaria a inscrición a través do seguinte enlace: INSCRICION PEDESTRISMO tamén poderedes consultar información sobre os circuitos e horarios das diferentes categorías.
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AIRE LIBRE
Ourense, 16 de xullo de 2016
As pistas de Josefina Salgado, en Monterrei, acolleron a cita máis importante do calendario atlético autonómico. Foi unha longa xornada de verán para dar cabida ao CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Na sección masculina estiveron presentes o relevo 4×100 composto por Daniel Armada, Adrián Outeiral, David Lorenzo e Daniel Calvar. Non puido chegar o «testigo» a meta, producindose a descalificación do equipo. Esta bonita e emocionante proba é moi satisfactoria cando sae ben, pero tamén moi frustrante cando sae mal.
Daniel Calvar participou nos 200 m.l., rematando en 4º posto, na súa final, cun tempo de 23.71. O seu compañeiro David Lorenzo foi 6º nos 400 m.v. cun crono de 1:00.54.
En mulleres a medalla foi para Raquel Villa, quen foi segunda e polo tanto Subcampiona Galega de Lanzamento de Peso. A bola chegou ata os 12’58 m. e supuso a medalla de prata.
Para a infantil Ana Piñeiro foi a sua primeira participación nun absoluto, percorrendo os 5 kms da marcha. Na vindeira tempada seralle unha distancia habitual, rematou en Monterrei no 5º posto cun tempo 28:53.38.
XXI CROSS ESCOLAR AD CASTRO – SAN MIGUEL
Este domingo 9 de outubro o parque de Castrelos en Vigo voltarase encher de corredores. O Cross escolar AD CASTRO dará comezo a partir das 10’00 horas coa categoría cadete, seguindo esta orde:
- 10:00’ Cadete Masculina 2001-2002 3.000 m
- 10:20’ Cadete Feminina 2001-2002 2.585m
- 10:35’ Infantil Masculina 2003-2004 2.585 m
- 10:55’ Infantil Feminina 2003-2004 2.000 m
- 11:10’ Alevín Masculina 2005-2006 2.000m
- 11:25’ Alevín Feminina 2005-2006 1.585m
- 11:35’ Pais de nenos participantes 2.000m
- 11:50’ Nais de nenos participantes 2.000m
- 12:00’ Benxamín Masculina 2007-2008 1.000m
- 12:10’ Benxamín Feminina 2007-2008 1.000m
- 12:20’ “Pre-benxa”. Masculina 2009-2010 585m
- 12:35’ “Pre-benxa”. Feminina 2009-2010 585m
- 12:45’ “Olímpicos” Masculina 2011-2012 y 2013 200m
- 12:55’ “Olímpicos” Feminina 2011-2012 y 2013 200 m
REGULAMENTO E INSCRICIONS

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MILLA EN RUTA, CRITERIUM DE KM. E MILLA SAN MIGUEL DE MARÍN
Este sábado 24 de setembro a localidade de Marín vai acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MILLA EN RUTA, paralelamente para as categorías menores existirá un CRITERIUM DE KM. E MILLA SAN MIGUEL DE MARÍN. A totalidade das probas disputaranse nun circuito urbano en xornada de tarde.
Programa-Horario :
CRITERIUM DE KM. E MILLA SAN MIGUEL DE MARÍN
-
16.15. Benxamín feminino e masculino (2007 e 2008)
-
16.30. Alevín feminino e masculino (2005 e 2006)
-
16.45. Infantil feminino e masculino (2003 e 2004)
-
17.00. Cadete femInino e masculino (2001 e 2002)
-
17.10. Milla Popular feminina
-
17.25. Milla Popular masculina.
-
17.40. Patrulla Canina (2009-2010-2011)
-
17.50. Pepa Pig (2012-2013-2014-2015)
-
18.00. Comezo CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MILLA EN RUTA
-
18:00 a 19:30 Veterans HOMES e MULLERES.
-
19:40 Absoluto MULLERES
-
19:55 Absoluto HOMES
REGULAMENTO

VOLTAMOS A ADESTRAR
Este luns 12 de setembro VOLTAMOS OS ADESTRAMENTOS. A partir das 18:00 horas vaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES (benxamin ata infantil) de luns a venres en duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), excepto o martes, só as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins (nados ata o 2010) teran adestramento os luns e xoves as 18:00 horas. Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores.
Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou as redes sociais.










Debe estar conectado para enviar un comentario.