A Pobra, 26 de novembro de 2016
O Concello de A Pobra do Caramiñal acolleu o XV CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO. Era o primeiro Campionato autonómico na Marcha Atlética e supoñia un importante test para atletas e adestradores de cara a contrastar o estado de forma neste inicio de campaña. A primeira proba da mañá na que contamos con representación foi os 1000 m benxamín feminino, ali debutou Candela Castro rematando en 8º posto. Carlos Corredoira foi tamén o único representante nos 2000 m da categoría alevín, acadando o posto 14º. Na mesma distancia as mulleres estiveron encabezadas por Lara Iglesias, 3ª, seguida por Iris Malvido, 5ª, Gema Dacosta, 7ª e Nerea Malvido, 8ª.
Esta primeira medalla de BRONCE logo foi acompañada pola PRATA que obtivo Denis Fernandez na proba dos 3000 m. da categoría infantil. En mulleres participou Rocio Novas, quen rematou no posto 18º.
Ana Piñeiro proclamouse CAMPIOA Galega na proba cadete, rematando os 3000 m en 15:19.78. Valeria Fernández acadou o posto 5º. Na carreira absoluta, sobre un percorrido de 5000m, Esmeralda Corredoira foi 9ª e 4ª da categoría promesa.
Aproveitouse a proba para efectuar as premiacions do Circuito Josefina Romero desta pasada tempada.