CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA

Ourense, 05 de marzo de 2022

     Expourense foi de novo testemuña da evolución da categoría cadete a nivel autonómico. A Pista Cuberta deu cabida ao CAMPIONATO GALEGO SUB 16, e nós fomos participes cunha expedición de amarel@s.  Helena Bello participou no salto de pértega, acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO e fixo a sua mellor marca con 2,80 m. , iso chamase unha xornada redonda, no mesmo concurso Iris Malvido rematou 7ª. Marta Camaño tamén superou a sua marca persoal nos 60 m.l., con 8,29 s. colouse na final. Acadou o 7º posto na clasificación da carreira.



      Lucia Gil concursou de maña na lonxitude e quedou a un centimetro do podio, foi 4ª con 4,61 m. Pola tarde desquitouse no Triplo e proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA, con 9,61 m. Diego Garcia correu os 3000 m.l. e rematou en 15ª posisción, nos 300 m.l. acadou o posto 20º. Nerea Malvido participou nos 3000 m.l. e cruzou a meta no posto 17º. Hugo  Domínguez foi 18º na proba dos 1000 m.l.



     Gema Dacosta venceu no concurso de lanzamento de peso e acadou a final dos 60 m.v., na que rematou 5ª. Iris Malvido foi 8ª nos 600 m.l. e a sua compañeira Naia Casas rematou 19ª.



Deja una respuesta