CAMPIONATO GALEGO SUB 18 PISTA CUBERTA

Ourense, 19 de febreiro de 2022

     Estamos de cheo na tempada de pista cuberta e notase nun calendario ateigado de importantes citas. Este sábado tiña lugar na pista de Expourense o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Os xuvenís non puideron contar coa presenza do seu adestrador Ramilo que se topaba en Salamanca no Nacional Sub 23, asumindo a tarefa Martín Souto, dun xeito que lle agradecemos públicamente. Carmen Fraga acadou o 6º posto na lonxitude e non progresou a final dos 60 m.l. despois de disputar a semifinal. Ibrahim Aga tampouco pasou da semifinal no 60 m.l. pero si mellorou a sua marca persoal. Na proba de 60 m.v. participaron Agata Rodríguez e Noa Piñeiroacadando a primeira posto na final cun tempo de 9,72 s. que supoñia MMP e a segunda non logrou pasar da semifinal. Na final Agata rematou 4ª e volveu mellorar a marca ata os 9,66s., ademáis participou na semifinal de 200 m.l. sen acadar o pase. Uxia Sánchez rematou 5ª nos 400 m.l.. Na proba de 800 m.l. participaron Carlos López 13º, Carlos Corredoria 15º e Cristina Cortegoso 12ª. Yago Juncal obtivo posto 11º no concurso de triplo. Diego Martínez quedou 6º no concurso de peso e foi CAMPION GALEGO no salto de altura.



Deja una respuesta