CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 PISTA CUBERTA

Ourense, 21 de xaneiro de 2023

    Coa estrea da tempada chegou a competición de máis nivel no ámbito galego, estamos a falar do CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 PISTA CUBERTAA sede para disputar o Campionato foi a pista cuberta de Expourense, paralelo ao programa do Campionato Absoluto tamén se realizou un control de marcas. Marta Camaño correu os 60 m. en 8,20 e pasou a final B, onde realizou a mesma marca que lle deu o posto 14º das duas finais.



    Ariadna Gil e Saray Amoedo participaban na final do concurso de triple salto, a primeira proclamouse Campioa Galega Sub 23 e BRONCE no Absoluto, a sua compañeira estreaba a categoria senior e acadaba o 7º posto na final do triplo.


     Diego Martínez participou na final de salto de altura, onde obtivo unha marca persoal de 1,81 e supuso un posto 5º no concurso. Uxia Sánchez correu os 400 m.l. en 1:04,62 acadando un posto 14 nas series disputadas. Agata Rodriguez progresou a final dos 60 m.v. cun tempo de 9,67 s. na clasificatoria, na carreira final non rematou a proba. Gema Dacosta foi 6ª na final do concurso de lanzamento de peso, cun lanzamento de 10,21.



 

Deja una respuesta