CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

A Pobra, 26 de novembro de 2016

     O Concello de A Pobra do Caramiñal acolleu o XV CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO. Era o primeiro Campionato autonómico na Marcha Atlética e supoñia un importante test para atletas e adestradores de cara a contrastar o estado de forma neste inicio de campaña. A primeira proba da mañá na que contamos con representación foi os 1000 m benxamín feminino, ali debutou Candela Castro rematando en 8º posto. Carlos Corredoira foi tamén o único representante nos 2000 m da categoría alevín,  acadando o posto 14º. Na mesma distancia as mulleres estiveron encabezadas por Lara Iglesias, 3ª, seguida por  Iris Malvido, 5ª, Gema Dacosta, 7ª e Nerea Malvido, 8ª.


15168728_1611845055787410_7611039127681301492_o


     Esta primeira medalla de BRONCE logo foi acompañada pola PRATA que obtivo Denis Fernandez na proba dos 3000 m. da categoría infantil. En mulleres participou Rocio Novas, quen rematou no posto 18º.


ana


     Ana Piñeiro proclamouse CAMPIOA Galega na proba cadete, rematando os 3000 m en 15:19.78. Valeria Fernández acadou o posto 5º. Na carreira absoluta, sobre un percorrido de 5000m,  Esmeralda Corredoira foi 9ª e 4ª da categoría promesa.

      Aproveitouse a proba para efectuar as premiacions do Circuito Josefina Romero desta pasada tempada.


grupo


 

RESULTADOS


PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

    Este sábado 26 de novembro terá lugar nas pistas de atletismo de A Pobra o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO.  Os atletas do Vila de Cangas inscritos na proba son:

 

HOMES

  • CARLOS CORREDOIRA  (alevin- 2km)
  • DENIS FERNANDEZ  (infantil-3km)

MULLERES 

  • ANGELA FRAGA  (infantil-3km)
  • ROCIO NOVAS  (infantil-3km)
  • ANA PIÑEIRO  (cadete-3km)
  • VALERIA FERNANDEZ  (cadete-3km)
  • LARA IGLESIAS  (alevin- 2km)
  • IRIS MALVIDO (alevin- 2km)
  • NEREA MALVIDO (alevin- 2km)
  • GEMA DACOSTA  (alevin- 2km)
  • CANDELA CASTRO (benxamin- 1km)
  • ESMERALDA CORREDOIRA  (promesa- 5km)

    circular-70-2016-page-002


    REGULAMENTO                         LISTA DE SAIDA


    xvcampionato


I TROFEO ESCOLA DE MARCHA DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA

Sábado 12 de novembro de 2016

 

     As pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra acolleron o TROFEO ESCOLA DE MARCHA DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA. Foi en xornada de maña e os percorridos eran de 1000, 2000, 3000 e 5000 mts, dando cabida a todas as categorías. No tocante a metereoloxía, tivo momentos menos malos pero en canto avanzou a maña foi totalmente adversa. 


15025575_1606770959628153_5718752225095944530_o


      A categoría benxamin abriu a competición. Na carreira feminina Candela Castro rematou o percorrido de 1km nun tempo de 7:47.84, acadando o 7º posto. Para os alevins, doblouse a distancia. En mulleres Lara Iglesias foi 1ª, seguida por Iris Malvido, 5ª e Nerea Malvido, 7ª. Nos homes Carlos Corredoira rematou 4º.


     15000656_1606772542961328_1887375196251280895_o


     A categoría infantil masculina foi liderada por Denis Fernández, cun tempo de 16:22.39 sobre os 3 kms.  Na mesma distancia Angela Fraga rematou 5ª.

     Ana Piñeiro tamén se impuso nos 3kms da carreira cadete feminina, seguida por Valería Fernández, 5ª, nunha proba que estivo protagonizada pola forte choiva.


14991212_1606773146294601_5334092258386183377_o

RESULTADOS 


GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA EN RIOMAIOR

Riomaior- Portugal, 09 de abril de 2016

     Dentro do programa de probas do XXV  GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA EN RIOMAIOR incluianse os 2kms para as categorías benxamín ata cadete. Destacar dentro da participación amarela as victorias de Ana Piñeiro e Valeria Fernandez en categoría infantil e cadete. Non só iso tamén melloraron o RECORD GALEGO nas respectivas categorías. Ana Piñeiro deixou o rexistro galego infantil de 2kms marcha en 9:52 mentras que Valeria Fernandez mellorou o cadete cun tempo de 10:33.

     Na categoría alevín participou Denis Fernández, tamén no percorrido de 2kms, acadando o primeiro posto da categoría. Esmeralda Corredoira estivo na proba dos 5kms rematando no posto 18º cun rexistro de 29:44. 

     En resumo, gran festa da marcha atlética na que @s amarel@s conseguiron ser protagonistas, MUITO BOM !!!


12987202_1723171911232025_938708099165736452_n


CONCENTRACION DE MARCHA SEMANA SANTA.

     Aproveitando as vacacions escolares estase a celebrar a CONCENTRACION DE MARCHA desde o pasado martes 22 ata o venres 25 de marzo. O responsable da concentración Carlos Morales máis os adestradores convocados terán a base en Noalla-Sanxenxo. A praia da Lanzada sera testemuña dos adestramentos.


12042777_1051432251561711_3769068462935317861_n


    Por parte do Vila de Cangas foron convocados Valeria Fernández-cadete, Ana Piñeiro-infantil e Denis Fernández-alevín. 

     Tamen esta a acompañar o tempo ao desenrolo da Concentración, PARABENS para atletas e adestradores.

CRITERIUM NACIONAL DE MARCHA EN CACERES

Caceres, 20 de marzo de 2016

     De modo paralelo o  CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 20 KMS MARCHA ABSOLUTO E PROMESA desenvolveuse o CRITERIUM NACIONAL DE MARCHA «CACERES PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD». Nesta última proba contamos con presenza nas categorías alevin, infantil e cadete. Polo orden exposto foron Denis Fernández no circuito de 1000 metros quen resultou vencendor da proba na categoría alevin masculino, mellorando o rexistro galego da distancia cun tempo de 4:57 . Ana Piñeiro repetiu o mesmo posto acadando a victoria nos 3000 metros infantil feminino  cun tempo de 15:41.  Na proba de 5 Kms Valería Fernández rematou no 7º posto da categoría cadete feminino cun crono de 28:48. 


RESULTADOS CRITERIUM


12795008_1047285625309707_7760252743009654750_o


 

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA JUNIOR E CADETE POR FEDERACIONS.

Motril, 28 de febreiro de 2016

 

     Debutaba Valeria Fernández coa selección galega no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA JUNIOR E CADETE POR FEDERACIONS que acollía a localidade granadina de Motril. Tres das compoñentes do equipo cadete feminino eran de primeiro ano.  Valeria Fernández remataba no posto 34, sumando o equipo un total de 92 puntos. O equipo cadete feminino da selección galega de marcha acadaba o 9º posto. Longo viaxe e grata experiencia para sumar o curriculum atletico.


12728430_187496771621562_197352402_n


RESULTADOS


12799155_1707539026128647_3090434708500448617_n

marcha_motril_jn_jv_cd-page-014


INTENSA FIN DE SEMANA ATLETICA.

     Para despedir o mes de febreiro dispoñemos dunha proposta atletica moi diversa. Este sábado 27 na localidade de Pontevedra estrease a xornada de atletismo provomida polo programa XOGADE para a categoría infantil, será nas pistas do CGTD. Cada atleta poderá participar como máximo en tres probas das que compoñen o programa, respectando sempre a seguinte norma: 3 concursos, 1 concurso e 2 carreiras, ou 2 concursos e 1 carreira. No caso de participar en 2 carreiras, somentes unha poderá superar os 250m.


Xogade


     O mesmo sábado a  localidade de A Coruña acolle o CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E JUNIOR DE PISTA CUBERTA, repartindose as probas en xornada de maña e tarde. Vaise dispor dun autobus para o desprazamento, terá saída de Cangas as 07:30 horas. OLLO o novo Horario:


hc270216-page-001


     Como compoñente da Selección Galega de Marcha a cadete Valeria Fernández vai participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR E CADETE DE MARCHA POR FEDERACIONS. Será o domingo 28 na localidade granadina de Motril.


marcha_motrilG(1)


     Na pista cuberta de Riazor o domingo 28 vaise disputar o CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS EN PISTA CUBERTA.  Alí vai participar Mª Belen Lemat.  Moitisima sorte a tod@s eles/as.


 hc280216-page-001


CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

A Pobra do Caramiñal, 13 de febreiro de 2016

 

     O inverno entrou de cheo nas Rias Baixas, tras unha xornada de maña épica no Campionato Provincial de Cross en Baiona, A Pobra do Caramiñal acollia o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. De feito moitos dos atletas das categorias menores fixeron doblete, cortesia da boa previsión do calendario atletico. 


uno


     A primeira categoría da xornada de tarde foron os benxamins.  As mulleres foron as máis numerosas, acadando o Campionato Galego  Lara Iglesias, Subcampiona Galega  Gema Dacosta, seguida no cuarto posto por Iris Malvido e Nerea Malvido que foi 7ª. 


dos


     Os seguintes en participar serían os alevins homes.  Cun tempo de 11,16 Denis Fernández proclamouse Campión Galego  nos 2kms de marcha en ruta, Carlos Corredoira rematou 7º.


tres


     Ana Piñeiro voltaba a marcha rematando Campiona Galega  nos 3kms marcha en ruta da categoria infantil feminino. Iria Nieto acadaba o 10 º posto na mesma carreira. Eduardo Parcero rematou cuarto no computo da categoría infantil homes.

     A carreira dos 5 kms foi o percorrido para a categoría cadete. Na proba das mulleres Valeria Fernandez acadou o Subcampionato Galego  cun crono de 29:20.

RESULTADOS


cuatro.


 

 

CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA

    Parece que finalmente o CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA vaise celebrar o sábado 13 de febreiro de 2016. Certo é que vai coincidir co Provincial de Cross Xogade de Baiona, co cal os perxudicados serán os atletas máis o atletismo.

     A localidade de A Pobra do Caramiñal acollerá durante a tarde do sábado este importante Campionato.


 Circular 8-2016-page-002


 Circular 8-2016-page-003