Para despedir o mes de febreiro dispoñemos dunha proposta atletica moi diversa. Este sábado 27 na localidade de Pontevedra estrease a xornada de atletismo provomida polo programa XOGADE para a categoría infantil, será nas pistas do CGTD. Cada atleta poderá participar como máximo en tres probas das que compoñen o programa, respectando sempre a seguinte norma: 3 concursos, 1 concurso e 2 carreiras, ou 2 concursos e 1 carreira. No caso de participar en 2 carreiras, somentes unha poderá superar os 250m.
O mesmo sábado a localidade de A Coruña acolle o CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E JUNIOR DE PISTA CUBERTA, repartindose as probas en xornada de maña e tarde. Vaise dispor dun autobus para o desprazamento, terá saída de Cangas as 07:30 horas. OLLO o novo Horario:
Como compoñente da Selección Galega de Marcha a cadete Valeria Fernández vai participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR E CADETE DE MARCHA POR FEDERACIONS. Será o domingo 28 na localidade granadina de Motril.
Na pista cuberta de Riazor o domingo 28 vaise disputar o CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS EN PISTA CUBERTA. Alí vai participar Mª Belen Lemat. Moitisima sorte a tod@s eles/as.