Bastiagueiro, 22 de novembro de 2015
As pistas do INEF de Bastiagueiro acolleron o CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO. Este pásado domingo foi a primeira toma de contacto dos marchadores co tartán na recente tempada. Tamén se toparon con chuvia e frio, máis tiveron que mostrar as pernas. Xa sabedes que na marcha os xeonllos teñen que estar a vista.
Na proba benxamín feminina Lara Iglesias proclamouse Campiona. Gema Dacosta foi Subcampiona e as irmans Iris e Nerea Malvido remataron 4ª e 5ª. Foi a proba con máis amarel@s.
Na categoría alevín tivemos en mulleres a Nerea Nogueira, que rematou 5ª na carreira de 2000 mts. Na sección másculina Denis Fernández acadou con solvencia o Campionato Galego aventaxando en minuto e medio o seguinte clasificado. Iria Nieto conseguiu a medalla de bronce e foi a única representante na categoría infantil feminina.
Para remate Valería Fernández estreouse na categoría cadete acadando o subcampionato galego. Nos resultados situana como cuarta pero as dúas marchadoras anteriores foran dobladas. As veces non chega con loitar dentro da pista. A todo isto queda inaugurada a páxina atletas destacados 2015/16.
Debe estar conectado para enviar un comentario.