I TROFEO ESCOLA DE MARCHA DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA

Sábado 12 de novembro de 2016

 

     As pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra acolleron o TROFEO ESCOLA DE MARCHA DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA. Foi en xornada de maña e os percorridos eran de 1000, 2000, 3000 e 5000 mts, dando cabida a todas as categorías. No tocante a metereoloxía, tivo momentos menos malos pero en canto avanzou a maña foi totalmente adversa. 


15025575_1606770959628153_5718752225095944530_o


      A categoría benxamin abriu a competición. Na carreira feminina Candela Castro rematou o percorrido de 1km nun tempo de 7:47.84, acadando o 7º posto. Para os alevins, doblouse a distancia. En mulleres Lara Iglesias foi 1ª, seguida por Iris Malvido, 5ª e Nerea Malvido, 7ª. Nos homes Carlos Corredoira rematou 4º.


     15000656_1606772542961328_1887375196251280895_o


     A categoría infantil masculina foi liderada por Denis Fernández, cun tempo de 16:22.39 sobre os 3 kms.  Na mesma distancia Angela Fraga rematou 5ª.

     Ana Piñeiro tamén se impuso nos 3kms da carreira cadete feminina, seguida por Valería Fernández, 5ª, nunha proba que estivo protagonizada pola forte choiva.


14991212_1606773146294601_5334092258386183377_o

RESULTADOS 


Deja una respuesta