Archivo de la etiqueta: CAMPIONATO GALEGO
CAMPIONATO GALEGO CADETE PISTA CUBERTA
A Coruña, 28 de xaneiro de 2017
Todo disposto para unha longa estadía en A Coruña. A pista cuberta de Riazor acolleu na xornada do sábado o CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA. Os duros adestramentos deste inverno íanse plasmar na competición. Falando de acadar fins, puidemos asistir ao logro de 5 medallas e dúas mínimas para o Campionato de España. Xa temos tres atletas clasificados para o Campionato Cadete que se vai celebrar en Antequera-Malaga. Desta vez foron Lope Quinteiro en peso e Ariadna Gil en 50 m.v., quenes conseguiron esas marcas que lle dan oportunidade de acompañar a Valeria Rodríguez.
Na sección másculina participaron cinco cadetes que realizaron as seguintes probas:
- Alex Iglesias, correu os 600 m.l. e rematou 9º cun tempo de 1.41:79, tocoulle a serie rápida na que foi 8º.
- Lope Quinteiro, fixo un dobrete, sendo Campión en Lanzamento de Peso (13,10) e 2º 1000 m.l. (2.51:60)
- Adrián Pastoriza, rematou 5º na final de altura (1,48) e participou na semifinal de 50 m.v. (9.13) rematando 3º sen pasar a final.
- Gabriel Dacosta, 4º en lonxitude (4,55) e 6º en triple salto (10,44)
- Daniel Iglesias, concursou en triple salto, acadando o posto 12º (9,20)

No tocante as mulleres, participaron nove atletas:
- Ines Villamor, correu a semifinal de 50 m.l. (7.45), rematando 4ª na serie, sen pasar a final.
- Sandra Souto, participou nos 3000 m.l., sendo descalificada polos xuices por pisar fora da pista.
- Ariadna Gil, foi Subcampiona Galega de 50 m.v. (8.40), (8.23) na semifinal e 10ª en lonxitude.
- Sabela López, concursou na pértega, acadando o 7º posto (1,82)
- Irene Menéndez, no salto de lonxitude foi 7ª (4,63)
- Maria Rial, conseguiu a medalla de bronce en triple salto (9,88)
- Valeria Rodríguez, proclamouse Campiona Galega de Peso (11,28)
- Ainoa Santos, rematou 4ª no lanzamento de peso (10,22)
- Colomba Carballal, foi 4ª na sua semifinal de 50 m.v. (9.94), sen pasar a final
Tamén se celebrou un control de velocidade e valados para outras categorías. Daniel Armada correu os 50 m.l. en 6.50 e Daniel Calvar en 6.48. Paula Martínez rematou en 7.01 os 50 m.l. e 8.93 en 50 m.v.
PLAN DE VIAXE A CORUÑA
Esta vindeira fin de semana, entre o sábado 28, CAMPIONATO GALICIA CADETE DE PISTA CUBERTA, e o domingo 29, FINAL LIGA FEDERADA ESCOLAR, terán coma sede o Pavillón Multiusos de Riazor. A competición do domingo conta coa particularidade dunha xornada de mañá para BENXAMIN e ALEVIN, máis unha de tarde para os INFANTÍS.
Para o desprazamento do domingo sairá un autobus da Estación de Cangas as 07:45 horas, o mesmo voltará o rematar a xornada de mañá. Para a xornada de tarde sairá do mesmo lugar outro autobús as 13:45 horas. Aconsellase levar COMIDA para @s nen@s que compitan de mañá. Os PAIS que queiran viaxar no autobús deberán notificalo ao adestrador ou a través das canles habituaís (whatsapp, correo, tlf…), co fin de organizar as plazas.
No tocante a categoría CADETE, contarán tamén con un autobus (saída estación Cangas as 08:00 ), precisaremos saber o número de atletas e pais que desexen comer no Restaurante para concretar a reserva.
HORARIO CADETE PC LISTA ADMITIDOS
Os atletas convocados para a FINAL DA LIGA FEDERADA ESCOLAR son:
Benxamín Mulleres – Sabela Dominguez- Leire Brun- Alba del Valle – Vega Piñeiro -Candela Castro – Noa Quinteiro -Paula Fernández – Marina Núñez- Nerea Rial – Goreti Carballal – Leire Fonseca .
Alevín Mulleres – Carmen Fraga- Lucia Gil – Ágata Rodríguez – Iris Malvido -Lara Iglesias – Noa Nerga- Sara Nerga- Gema Dacosta- Cristina Taboada- Andrea Pérez
Alevin Homes– Sergio Valladares- Carlos López- Diego Martínez- Raúl Rial- Eloy Domínguez – Yago Juncal- Carlos Corredoira- Manuel Lemos- Javier Paredes
Infantil Mulleres – Ana Cerqueira – Irene Ruiz- Nuria Argibay- Anais Santamarina- Nerea Piñeiro-Carmen Castro- Sara Mallo-Blanca Piñeiro- Abril Entenza-Erea Bastón- Rocio Novas-Angela Fraga
Infantil Homes – Aaron Otero- Denis Fernández- Ivan Iglesias – Daniel Quinteiro – Antón Núñez- Adan Dacosta – Jacobo Díaz – Joel Curro – Carlos Porela – Jairo Parcero – Miguel Núñez – Pedro Verdeal.
INSCRITOS BENXAMIN INSCRITOS ALEVIN INSCRITOS INFANTIL

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO
A Pobra, 26 de novembro de 2016
O Concello de A Pobra do Caramiñal acolleu o XV CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO. Era o primeiro Campionato autonómico na Marcha Atlética e supoñia un importante test para atletas e adestradores de cara a contrastar o estado de forma neste inicio de campaña. A primeira proba da mañá na que contamos con representación foi os 1000 m benxamín feminino, ali debutou Candela Castro rematando en 8º posto. Carlos Corredoira foi tamén o único representante nos 2000 m da categoría alevín, acadando o posto 14º. Na mesma distancia as mulleres estiveron encabezadas por Lara Iglesias, 3ª, seguida por Iris Malvido, 5ª, Gema Dacosta, 7ª e Nerea Malvido, 8ª.
Esta primeira medalla de BRONCE logo foi acompañada pola PRATA que obtivo Denis Fernandez na proba dos 3000 m. da categoría infantil. En mulleres participou Rocio Novas, quen rematou no posto 18º.
Ana Piñeiro proclamouse CAMPIOA Galega na proba cadete, rematando os 3000 m en 15:19.78. Valeria Fernández acadou o posto 5º. Na carreira absoluta, sobre un percorrido de 5000m, Esmeralda Corredoira foi 9ª e 4ª da categoría promesa.
Aproveitouse a proba para efectuar as premiacions do Circuito Josefina Romero desta pasada tempada.

RESULTADOS
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO
Este sábado 26 de novembro terá lugar nas pistas de atletismo de A Pobra o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO. Os atletas do Vila de Cangas inscritos na proba son:
HOMES
- CARLOS CORREDOIRA (alevin- 2km)
- DENIS FERNANDEZ (infantil-3km)
MULLERES
- ANGELA FRAGA (infantil-3km)
- ROCIO NOVAS (infantil-3km)
- ANA PIÑEIRO (cadete-3km)
- VALERIA FERNANDEZ (cadete-3km)
- LARA IGLESIAS (alevin- 2km)
- IRIS MALVIDO (alevin- 2km)
- NEREA MALVIDO (alevin- 2km)
- GEMA DACOSTA (alevin- 2km)
- CANDELA CASTRO (benxamin- 1km)
- ESMERALDA CORREDOIRA (promesa- 5km)

REGULAMENTO LISTA DE SAIDA

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AIRE LIBRE
Ourense, 16 de xullo de 2016
As pistas de Josefina Salgado, en Monterrei, acolleron a cita máis importante do calendario atlético autonómico. Foi unha longa xornada de verán para dar cabida ao CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Na sección masculina estiveron presentes o relevo 4×100 composto por Daniel Armada, Adrián Outeiral, David Lorenzo e Daniel Calvar. Non puido chegar o «testigo» a meta, producindose a descalificación do equipo. Esta bonita e emocionante proba é moi satisfactoria cando sae ben, pero tamén moi frustrante cando sae mal.
Daniel Calvar participou nos 200 m.l., rematando en 4º posto, na súa final, cun tempo de 23.71. O seu compañeiro David Lorenzo foi 6º nos 400 m.v. cun crono de 1:00.54.
En mulleres a medalla foi para Raquel Villa, quen foi segunda e polo tanto Subcampiona Galega de Lanzamento de Peso. A bola chegou ata os 12’58 m. e supuso a medalla de prata.
Para a infantil Ana Piñeiro foi a sua primeira participación nun absoluto, percorrendo os 5 kms da marcha. Na vindeira tempada seralle unha distancia habitual, rematou en Monterrei no 5º posto cun tempo 28:53.38.
CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS
Vilagarcia, 18 de xuño de 2016
O complexo deportivo de Fontecarmoa en Vilagarcia de Arousa foi o esceario do CAMPIONATO DE GALICIA DE VETERANS. Neste caso contamos coa presenza de 3 atletas que participaron en diferentes probas. O campionato gozou duns rexistros excelentes, ata se bateu un Record Mundial. No tocante os amarel@s tiveron premio polo esforzo en todas as probas que competiron. Carlos Bernárdez foi subcampión nos concursos de martelo e disco. Belen Lemat acadou o 2º posto en 400 m.l.- 800 m.l. e 1500 m.l., marcouse un triatlon sen despeinarse. Juan Iglesias obtivo medallas de bronce nos 800 m.l. e 400 m.l.
RESULTADOS
CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL
O Barco de Valdeorras, 11 de xuño de 2016
O Campionato Galego das categorías menores foi responsabilidade da Delegación de Valdeorras. Ata o Barco nos tivemos que desprazar para competir cos mellores das categorías benxamin, alevín e infantil. Esta viaxe a parte máis oriental de Galicia supuso un madrugón considerable. As probas comezaban as 10:00 da maña e agardabanos un día de sol e calor como poucos tivemos esta primaveira.
Estaban clasificados preto de 40 amarel@s. Durante toda a xornada competiron, nun máximo de dúas probas, acadando coma recompensa 21 podios máis a mellora de moitas marcas persoais. Facer mención especial da categoría infantil, tanto mulleres coma homes, que esta vindeira fin de semana competiran en Castellón no Campionato de España por Equipos. Imos encher a cidade de amarel@s que seguro viviran unha experiencia inesquecible.

Benxamín
MULLERES
- Gema Dacosta, 1ª Peso 1ª Pelota
- Noa Nerga. 2ª Peso 6ª Altura
- Lara Iglesias, 1ª Marcha 3ª Pelota
- Iris Malvido, 2ª Marcha 9ª Pelota
- Nerea Malvido, 9ª Marcha
- Sara Nerga, 9ª Altura 9ª 1000 m.l.
- Lucía Gil, 4ª 500 m.l. 11ª 50m.l
HOMES
- Sergio Valladares, 1º Lonxitude 10º 50 m.l.
- Diego Roca, 11º Lonxitude
- Raúl Rial, 9º 50 m.l. 5º 500 m.l.
- Ángel Graña, 5ª 1000 m.l.

Alevín
MULLERES
- Erea Bastón, 1ª Peso 11ª Xavelina
- Katia González, 13ª Peso
- Cristina Taboada, 10ª Xavelina
- Carmen Fraga, 8ª Lonxitude
HOMES
- Manuel Roca, 9º Xavelina 11º Peso
- Daniel Quinteiro, 14º Xavelina 14º 60 m.l.
- Denís Fernández, 1º Marcha 12º Lonxitude
- Eloy Domínguez, 7º Peso
- Joel Curro, 5º 2000 m.l.
- Carlos López, 6º 1000 m.l.

Infantil
MULLERES
- Ana Piñeiro, 1ª Marcha 12ª Xavelina
- Sabela López, 12ª 220 m.v.
- María Rial, 9ª 150 m.l. 1ª Triple Salto
- Colomba Carballal, 5ª 80 m.v. 15ª Altura
- Ainoa Santos, 2ª Peso 2ª Disco
- Sara Mallo, 11ª Lonxitude 5ª 3000 m.l.
HOMES
- Eduardo Parcero, 5º Marcha 12ª Xavelina
- Pedro Verdeal, 9º 220 m.v. 8º 80 m.v.
- Lope Quinteiro, 1º 1000 m.l. 1º Peso
- Adrián Pastoriza, 2º 80 m.v. 4º Altura
- Gabriel Dacosta, 7º Lonxitude 2º triple salto
- Anxo Caamaño, 8º Xavelina 15º Disco
- Martiño Núñez, 14º Xavelina 12º Peso
- Jacobo Díaz, 2º Pértega 2º Altura
- Daniel Suárez, 5º Altura 6º triple salto
- Aaron Otero, 2º Peso 3º martelo

RESULTADOS
CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA
Vigo, 05 de xuño de 2016
As pistas de balaidos foron a sede do CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBRE. Multitude de probas atleticas que prolongaron o programa ata a noite. Sorte que no mes de xuño o sol tarda en poñerse, e tamén que Vigo non nos queda lonxe. Contamos con presenza nas tres categorías, sendo a xuvenil a máis numerosa.
O relevo 4×100 xuvenil másculino proclamouse Campión Galego. Os integrantes eran Daniel Armada, Adrián Outeiral, David Lorenzo e Daniel Calvar. Remataron nun tempo de 46.11 s. Saray Amoedo foi 2ª no triple salto, onde tamén participou Martina Paramos, que foi 8ª, acadando no salto de pertega a medalla de bronce. Na pertega masculina David Lorenzo foi 1º ademáis de 3º en 400 m.v. cun tempo de 58.11, a só unha centesima da mínima para o Cto. de España. A medalla de prata na pertega sería para Daniel Calvar, que tamén rematou 7º no triple salto. Daniel Armada refrendou a sua punta de velocidade cun 5º posto nos 100 m.l., con 11.60.
Manel Iglesias foi 1º en lanzamento de xavelina. Iria Rodríguez rematou 8ª en 400 m.v. e 11ª en 200 m.l. Nesta última proba Paula Sotelo acadou o 9º posto. Adrián Outeiral completou a súa participación cun 6º posto no salto de lonxitude.
Na categoría junior contamos con Esmeralda Corredoira, bronce en marcha. Patricia Torres, prata en peso e Paula Martínez, prata en 100 m.v. A marca desta última proba foi invalidada polo vento.
A categoría promesa supuso a volta de Pablo Castro a competición de primeiro nivel. Cun mellor lanzamento de 13.70 conseguiu rematar Campeón Galego de Peso, a escasos centimetros da minima para o Cto. de España. A súa compañeira Raquel Villa si que acadou a mínima para o Campionto de España Promesa, que se vai disputar o vindeiro 25 e 26 e xuño en Toledo. Raquel quedou Campeona Galega de Peso cun lanzamento de 12.09.
RESULTADOS
PREVIA CTO. GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL
Este sábado 11 de xuño toca viaxar ata O Barco de Valdeorras. Ali van ter cita as 16 mellores marcas da actual tempada agás nas de velocidade e valados disputadas na recta de meta que serán 18. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas do programa e categoría. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m.
Para o desprazamento imos dispoñer un autobus para os atletas participantes, e os acompañantes no caso de sobrar prazas. A saída será de Cangas as 06:30 horas. Si se vai facer a viaxe por conta propia teran a cautela de estar unha hora antes da proba.
Achegamos o listado dos admitidos máis o HORARIO previsto para as probas.
LISTADO INSCRITOS
RESULTADOS EN DIRECTO
















Debe estar conectado para enviar un comentario.