CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AIRE LIBRE

Ourense, 16 de xullo de 2016

     As pistas de Josefina Salgado, en Monterrei,  acolleron a cita máis importante do calendario atlético autonómico. Foi unha longa xornada de verán para dar cabida ao   CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Na sección masculina estiveron presentes o relevo 4×100 composto por Daniel Armada, Adrián Outeiral, David Lorenzo e Daniel Calvar. Non puido chegar o «testigo» a meta, producindose a descalificación do equipo. Esta bonita e emocionante proba é moi satisfactoria cando sae ben, pero tamén moi frustrante cando sae mal. 


1jpg


     Daniel Calvar participou nos 200 m.l., rematando en 4º posto, na súa final, cun tempo de 23.71. O seu compañeiro David Lorenzo foi 6º nos 400 m.v. cun crono de 1:00.54. 

     En mulleres a medalla foi para Raquel Villa, quen foi segunda e polo tanto Subcampiona Galega de Lanzamento de Peso. A bola chegou ata os 12’58 m. e supuso a medalla de prata.


2


     Para a infantil Ana Piñeiro foi a sua primeira participación nun absoluto, percorrendo os 5 kms da marcha. Na vindeira tempada seralle unha distancia habitual, rematou en Monterrei no 5º posto cun tempo 28:53.38.

 

Deja una respuesta