Outro ano máis a localidade de A Pobra do Caramiñal acollía o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. As condicions climáticas non acompañaron, foi unha mañá de vento, fria e con continuos chuvascos. A proba da categoría alevín, cun percorrido de 2kms, realizouse de maneira conxunta, mulleres e homes. As irmans Iris e Nerea Malvidoremataron 5ª e 6ª respectivamente. Lara Iglesiasresultou descalificada polos xuices.
Na carreira infantil, cun percorrido de 3kms, resultou vencedor Denis Fernández, nun tempo de 16:41. Rocio Novasacadou o posto 17ª da clasificación feminina. Repetiu victoria Ana Piñeiro nos 5 kms da proba cadete, parando o crono en 27:04. A sua compañeira Valeria Fernández rematou no posto 6º, cun tempo de 29:43.
Na carreira de 10 kms, participou a promesa Esmeralda Corredoira, quen non puido rematar ao ser descalificada.