CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL EQUIPOS

O Barco de Valdeorras, 27 de maio de 2017

 

     A Delegación da FGA de O Barco de Valdeorras, organizaba para o sábado 27 de maio o CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL POR EQUIPOSA proba gozou dunha altísima participación, dandolle se cabe, máis valor os logros acadados. Na categoría ALEVIN entraban na disputa ata 18 equipos, tanto en homes coma mulleres. Non foi sinxelo levar o horario segundo o previsto, polo que os trofeos da xornada de mañá foron entregados preto das 16:00 horas. Ao remate do Campionato nos quedamos sen palabras ante o ENORME traballo en equipo, sodes GRANDES¡¡¡. Dous Campions, un subcampión, un bronce máis un quinto posto. Non fixeron o viaxe en balde.



BENXAMIN MULLERES (5º POSTO- 46 puntos)

  • GORETTI CARBALLAL, 6ª 50 m.l. e  3ª altura
  • LEIRE BRUN7ª 1000 m.l. e 2ª relevos
  • CANDELA CASTRO2ª marcha e 2ª relevos
  • ALBA DEL VALLE6ª 500 m.l. e 2ª relevos
  • PAULA FERNANDEZ6ª peso e 8ª pelota
  • SABELA DOMINGUEZ,  9ª lonxitude e 2ªrelevos

ALEVIN MULLERES (CAMPIOAS GALEGAS- 103 puntos)

  • ANDREA PEREZ, 3ª  60 m.l. e 2ª relevos
  • AGATA RODRIGUEZ 2ª 500 m.l. e 2ª relevos
  • UXIA SANCHEZ5ª 1000 m.l.
  • LARA IGLESIAS2ª marcha
  • CRISTINA TABOADA2 ª xavelina
  • GEMA DACOSTA, 1ª peso
  • NOA NERGA9ª altura
  • CARMEN FRAGA7ª lonxitude e 2ª relevos
  • IRIS MALVIDO,  relevos


ALEVIN HOMES (SUBCAMPIONS GALEGOS- 100 puntos)

  • DIEGO MARTINEZ5º 60 m.l. e 10º altura
  • CARLOS LOPEZ2º 500 m.l. e 7º lonxitude
  • RAUL RIAL2º 1000 m.l. e  4º relevos
  • CARLOS CORREDOIRA, 3º marcha e  4º relevos
  • ELOY DOMINGUEZ,  1º xavelina e 1º peso
  • YAGO JUNCAL, 4º  relevos
  • MANUEL LEMOS4º relevos

INFANTIL MULLERES (CAMPIOAS GALEGAS- 195 puntos)

  • ANA CERQUEIRA2ª 80 m.l. e 1ª 150 m.l.
  • NURIA ARGIBAY 8ª 500 m.l. e 3ª  relevos
  • ANAIS SANTAMARINA9ª 1000 m.l. e SM pértega
  • NEREA PIÑEIRO7ª 3000 m.l.
  • ANGELA FRAGA, 4ª  marcha e 3ª relevos
  • SARA MALLO,  1000 m obst. e 1ª triple salto
  • ABRIL ENTENZA1ª 80 m.v. e 5ª altura
  • IRENE RUIZ 4ª 220 m.v. e 8ª lonxitude
  • EREA BASTON 1ª peso e 1ª martelo
  • BLANCA PIÑEIRO,  disco e 3ª relevos
  • CARMEN CASTRO3ª xavelina e 3ª relevos 


INFANTIL HOMES (BRONCE GALEGO- 188 puntos)

  • ADAN DACOSTA2º 80 m.l. e 2º 150 m.l.
  • IVAN IGLESIAS2º 500 m.l. e 6º lonxitude
  • MARIO SANTOS12º 1000 m.l. e 7º relevos
  • JOEL CURRO8º 3000 m.l. e 7º relevos
  • DENIS FERNANDEZ2º marcha e 5º xavelina
  • MIGUEL NUÑEZ9º 1000 m. obst. e 5º  80 m.v.
  • ANTON NUÑEZ,  10º 220 m.v. e 7º relevos
  • JACOBO DIAZ, 1º altura e 2º pértega
  • DANIEL QUINTEIRO 6º disco e 5º triple salto
  • AARON OTERO1º peso e 1º martelo
  • JAVIER SANTOS,  relevos

 FOTOS


CAMPIONATO GALEGO CADETE POR EQUIPOS

Lugo, 06 de maio de 2017

 

     Partimos para a cidade das murallas ben temprano, as 06:30, agardábanos unha longa xornada. Por diante o CAMPIONATO GALEGO CADETE E JUNIOR POR EQUIPOS. Chegamos con dous equipos, o feminino que cubría a totalidade das probas e o masculino que deixaba a marcha, pértega máis os dous relevos sen cubrir. Os homes o remate do Campionato sumaron un total de 103.5 puntos, acadando o 6º posto. As mulleres pecharon a participación preto do podio, cun 4º posto, con 172 puntos. Salientar a mínima acadada por Valeria Rodriguez no lanzamento de martelo (40:59), que suma a que xa tiña en peso. No tocante os equipos subliñar o espiritu de grupo de cara a futuras competicions, HAI EQUIPO¡¡¡


HOMES 

  • ALEX IGLESIAS– 8º 100 m.l. e 4º 600 m.l.
  • MANUEL OTERO 9º 300 m.l. e 3º martelo
  • LOPE QUINTEIRO– 1º 1000 m.l. e 1º peso
  • DANIEL SUAREZ– 10º 3000 m.l.
  • ADRIAN PASTORIZA 5º 100 m.v. e 4º altura
  • ANXO CAMAÑO7º 300 m.v. e 5º disco
  • AARON DOMINGUEZ– 5º 1500 obs. e 6º lonxitude
  • GABRIEL DACOSTA– 3º xavelina e 6º triple salto


MULLERES  

  • NOELIA VILLAVERDE– 7ª 100 m.l. e 4ª relevos (4X100)
  • NAIARA VILLAR– 13ª 300 m.l.- 13ª 300 m.l.
  • INES PARDAVILA– 10ª 600 m.l.
  • SABELA LOPEZ8ª 1000 m.l. e 4ª pértega 
  • VALERIA FERNANDEZ– 9ª 3000 m.l. e 5ª relevos (4X300)
  • ARIADNA GIL2ª 100 m.v. e DS 300 m.v.
  • SANDRA SOUTO9ª 1500 obs
  • COLOMBA CARBALLAL– 7ª altura e 5ª relevos (4X300)
  • ALBA PARDAVILA5ª lonxitude e 4ª relevos (4X100)
  • MARIA RIAL– 2ª triple salto e 5ª relevos (4X300)
  • VALERIA RODRIGUEZ– 1ª peso e 2ª martelo
  • AINOA SANTOS– 3ª disco e 4ª relevos (4X100)
  • LAURA VALLADARES– 6ª xavelina e  5ª relevos (4X300)
  • ANA PIÑEIRO–  1ª marcha e 4ª relevos (4X100)

  • FOTOS


PREVIA CAMPIONATO GALEGO CADETE E JUNIOR

     Achegase a data do CAMPIONATO GALEGO CADETE E JUNIOR POR EQUIPOS. Este vindeiro sábado 06 de maio imos viaxar ata Lugo cos equipos feminino e masculino da categoría CADETE. Tamén partiparán varios amarel@s coma compoñentes dos equipos JUNIOR do Celta.

      Detallamos @s atletas convocados, máis as probas a realizar. Pregamos PUNTUALIDADE para a saída do autobús. As 06:30 horas da Estación de Cangas. Neste mesmo transporte estase dando cabida @s nais/pais que desexen facer a viaxe con nos. A competición abrangue toda a xornada polo cal teremos a COMIDA no Restaurante do Campus da Universidade, ainda así recomendase os atletas levar algo para picar, xa que voltaremos de tarde-noite.


RESULTADOS EN DIRECTO


PROBA MULLERES HOMES
100 ml Noelia Villaverde Alex Iglesias
300 ml Naiara Villar Manuel Otero
600 ml Sabela López Alex Iglesias
1000 ml Inés Pardavila Lope Quinteiro
3000 ml Valeria Fernández Daniel Iglesias
1500 obstáculos Sandra Souto Aarón Domínguez
3000 marcha Ana Piñeiro
100 m valados Ariadna Gil Adrian Pastoriza
300 m valados Ariadna Gil Anxo Camaño
Altura Colomba Carballal Adrian Pastoriza
Pertega Sabela López
Lonxitude Alba Pardavila Aaron Domínguez
Triple María Rial Gabriel Dacosta
Peso Valeria Rodriguez Lope Quinteiro
Disco Ainoa Santos Anxo Camaño
Martillo Valeria Rodriguez Manuel Otero
Xavelina Laura Valladares Gabriel Dacosta
4×100 Ines V.-Ainoa-Colomba-Noelia
4×300

Ines V.-Maria R.-Naiara-Alba P.


XORNADA MAÑA (STREAMING)

XORNADA TARDE (STREAMING)


 


 

CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA.

A Coruña, 18 de marzo de 2017

    Este sábado o Pazo dos Deportes de Riazor padeceu unha sobredose de atletismo, e ademáis do bo.  Durante toda a xornada a enerxia das categorías menores contaxiouse as gradas, onde orgullosos pais dabanse por satisfeitos polo agasallo no preámbulo do Día do Pai. 

     No tocante ao Campionato @s amarel@s  acadaron un total de 10 medallas ( 8 ouros, 1 prata e 1 bronce). Destacar os dobretes de Sara MalloCampioa Galega en lonxitude e triple salto, máis o de Jacobo Díaz, Campión en salto de altura e pértega.  Na categoría INFANTIL tamén subiron ao podio Aaron Otero, 1º en peso, Erea Bastón 1ª en peso e Abril Entenzabronce no salto de altura. As ALEVINS que recibiron premiación foron Agata Rodríguez, como Campioa en 500 m.l. e Gema Dacosta que rematou 1ª no peso. Eloy Domínguez proclamouse Subcampión Galego de peso. 

     Con isto decimolle un ata logo a pista cuberta, quen sabe si para a próxima tempada poderemos estrear a de Ourense, non estaría mal.



BENXAMIN:

  • HUGO DOMINGUEZ- 7º 1000 m.l. e 10 lonxitude
  • GORETTI CARBALLAL- 6ª altura e 4ª semifinal 50 m.l.
  • LEIRE FONSECA- 5ª 500 m.l.
  • CANDELA CASTRO- 10ª 1000 m.l.
  • LEIRE BRUN- 7ª 1000 m.l.

ALEVIN:

  • SERGIO VALLADARES- 9º lonxitude e 6º semifinal 50 m.l.
  • RAUL RIAL-  9º 1000 m.l.
  • DIEGO MARTINEZ- 5º altura e 9º peso
  • ELOY   DOMINGUEZ- 2º peso e 8º altura
  • CARMEN FRAGA- 5ª 50 m.l. e 5ª lonxitude
  • AGATA RODRIGUEZ- 1ª 500 m.l. e 4ª semifinal 50 m.l.
  • ANDREA PEREZ- 5ª 500 m.l.
  • IRIS MALVIDO- 15ª 500 m.l.
  • LARA IGLESIAS- 7ª peso e 11ª 1000 m.l.
  • NOA NERGA- 4ª peso 
  • GEMA DACOSTA- 1ª peso

INFANTIL:

  • DANIEL QUINTEIRO– 9º triple salto e DS 50m.l.
  • ADAN DACOSTA- 4º 50 m.l. e 16º 500 m.l.
  • IVAN IGLESIAS- 6º lonxitude e 7º 500 m.l.
  • AARON OTERO- 1º peso e 15º 500 m.l.
  • DENIS FERNANDEZ- 11º lonxitude e DS 1000 m.l.
  • PEDRO VERDEAL- 3º semifinal 50 m.v. e 7º lonxitude
  • MIGUEL NUÑEZ- 5º semifinal 50 m.v.
  • JACOBO DIAZ- 1º altura e 1º pértega
  • ANA CERQUEIRA- 5ª 50 m.l.
  • IRENE RUIZ- 7ª lonxitude e 3ª semifinal 50 m.l.
  • ABRIL ENTENZA- 3ª altura e 5ª 50 m.v.
  • SARA MALLO- 1ª lonxitude e 1ª triple salto
  • BLANCA PIÑEIRO- 11ª triple salto
  • EREA BASTON- 1ª peso
  • NURIA ARGIBAY- 8ª peso
  • ROCIO NOVAS- 9ª peso

 

 

PLAN DE VIAXE A CORUÑA

    Este vindeiro sábado 18 de marzo vai ter lugar no Pazo dos Deportes de Riazor o CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA.  Unha vez rematado o prazo de inscripción publicouse un primer listado de admitidos. Adiantamos esta información, sempre coa cautela que ata o xoves as 15:00 horas esta aberto o prazo de reclamacións.

     Sairá un autobús da estación de Cangas as 07:45 horas, en principio para @s atletas pero con prazas sobrantes para nais/pais. As probas repartiranse en xornada de mañá e tarde polo que se reservou nun Restaurante para @s atletas que o precisen. Achegamos os ADMITIDOS e HORARIO definitivos.


LISTADO DE ADMITIDOS




INFORMACION CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL-JUNIOR PISTA CUBERTA

     O vindeiro sábado 25 de febreiro,  o Pazo dos Deportes de Riazor vai acoller o CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL-JUNIOR PISTA CUBERTA. Xa estan publicadas as LISTAS DE SAIDA e o HORARIO modificado da proba. Seguiremos atentamente a evolución d@s amarel@s na Pista Cuberta.


RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

A Pobra do Caramiñal, 12 de febreiro de 2017

 

     Outro ano máis a localidade de A Pobra do Caramiñal acollía o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA.  As condicions climáticas non acompañaron, foi unha mañá de vento, fria e con continuos chuvascos.  A proba da categoría alevín, cun percorrido de 2kms, realizouse de maneira conxunta, mulleres e homes. As irmans Iris e Nerea Malvido remataron 5ª e 6ª respectivamente. Lara Iglesias resultou descalificada polos xuices.



     Na carreira infantil, cun percorrido de 3kms, resultou vencedor Denis Fernándeznun tempo de 16:41. Rocio Novas acadou o posto 17ª da clasificación feminina. Repetiu victoria Ana Piñeiro nos 5 kms da proba cadete, parando o crono en 27:04. A sua compañeira Valeria Fernández rematou no posto 6º, cun tempo de 29:43.



     Na carreira de 10 kms, participou a promesa Esmeralda Corredoiraquen non puido rematar ao ser descalificada.

RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE LANZAMENTOS

Pontevedra, 11 de febreiro de 2017

 

     Celebrouse en Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE LANZAMENTOS LONGOS. O programa de probas ocuparía toda a xornada do sábado. Pola mañá competiron Valeria Rodríguez, en martelo, acadando o 6º posto cun lanzamento de 32,03 mts. No concurso de lanzamento de disco participaba outra cadete, Ainoa Santos, rematando subcampioa galega da especialidade. Mandou o disco ata os 29,61 mts.



     A xornada de tarde deparou para Manel Iglesias unha marca de 50,31 mts no lanzamento de xavelina. Preto dos 50,50 que supoñen a mínima para o Cto. de España. Con este lanzamento lidera o ranking galego e proclamouse Campión Galego Xuvenil de lanzamento de xavelina.



 RESULTADOS


MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CTO. GALEGO CROSS CURTO

A Baña, 05 de febreiro de 2017

     Estreabase emplazamento para o MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CTO. GALEGO CROSS CURTONa localidade de A Baña estivemos coas categorías inferiores no Memorial máis cos cadetes masculinos no autonómico de Cross Curto. O terreo do circuito estaba ben tralo paso das borrascas destes días, iso si, era esixente e dos que hai que correr con cabeciña. A orde das carreiras estivo disposta de menor a maior categoría.



     Así as benxamins feminas deron comezo ao Memorial, encabezadas por Leire Fonseca, 10ª, Leire Brun 12ª, Candela Castro 15ª, Sabela Domínguez 18ª e Nerea Rial 33ª. O esforzo do equipo permitiu sumar 28 puntos e acadar a medalla de BRONCE. No tocante os homes, sobre o mesmo percorrido de 800 metros, participou Hugo Domínguez, que rematou 11º.



      Na categoría alevin o percorrido das mulleres era de 1400 metros e supoñia unha volta grande. Todo o sufrimento tivo recompensa cun 1º posto por equipos, no que interviron Lucia Gil, 8ª, Iris Malvido, 15ª, Lara Iglesias, 16ª, Sara Nerga, 17ª, Cristina Taboada, 18ª, Uxia Sánchez, 23ª, Noa Nerga, 32ª, Gema Dacosta, 33ª, Nerea Malvido, 42ª e Carmen González ,49ª.

     Os homes sumaronse a festa acadando o subcampionato, con 28 puntos, aportados por Raúl Rial, 6º, Carlos López, 9º, Yago Juncal, 17º, Carlos Corredoira, 22º, Manuel Lemos, 23º, Ruben Lemos, 34º e Diego Martínez, 43º.



     O equipo infantil feminino estivo preto do podio, con 68 puntos rematou en 4º posto. As integrantes do mesmo foron Sara Mallo, 8ª, Abril Entenza, 26ª, Nuria Argibay, 28ª, Irene Rúiz, 39ª, Nerea Piñeiro, 51ª, e Ana Cerqueira, 57ª.

     O percorrido máis longo do Memorial estaba reservado para a carreira infantil masculina. Un total de 2450 metros que remataron Iván Iglesias, 14º, Denis Fernández, 17º,  Aaron Otero, 19º, Daniel Quinteiro, 20º, Adan Dacosta, 25º, Carlos Portela, 28º, Miguel Núñez, 35º e Jairo Parcero, 45º. A suma de 45 puntos supuso a medalla de BRONCE.



     Para a categoría cadete masculina o percorrido supoñia 3500 metros. Foi a nosa representación no CAMPIONATO GALEGO CADETE DE CROSSintegrado por Lope Quinteiro, 14º, Alex Iglesias, 48º, Aaron Domínguez, 51º, Anxo Camaño, 56º, Gabriel Dacosta, 71º, Daniel iglesias, 78º e Manuel Otero 79º.  A suma do equipo levounos ao 8º posto.



CAMPIONATO GALEGO PROMESA E ABSOLUTO PISTA CUBERTA

A Coruña, 04 de febreiro de 2017

     O Palacio dos Deportes de Riazor fixo frente ao temporal e acolleu o CAMPIONATO GALEGO PROMESA E ABSOLUTO PISTA CUBERTAOs primeiros en estrear a participación d@s amarel@s foron os atletas do 200 m.l., neste caso, o xuvenil Daniel Calvarquen obtivo o pase a final cun tempo de 24.14. Outro xuvenil participaba na semifinal de 400 m.l., David Lorenzo remataba en 53.52 sen acadar praza na final. A junior Paula Martínez liderou a súa serie con 8.06 na semifinal, pero o tempo de corte para a final foi inferior a este. O mesmo lle pasou a Daniel Armadaquen rematou en 6.40 os 50 m.l. , sendo o tempo de pase sensiblemente inferior. Daniel Calvar sería descalificado na final dos 200 m.l., o motivo pisar fora da sua calle.

     A que si obtivo recompensa foi Raquel Villa, que rematou Campioa Galega Promesa en Peso. Cun mellor lanzamento de 11.63 rematou 2ª no concurso absoluto.