Ourense, 19 de xaneiro de 2020
Archivo del Autor: Oscar
PLAN DE VIAXE A RUA- MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO
A Federación Galega de Atletismo organiza o XXIII Memorial Alejandro Lorenzo – Campionato de Galicia de Categorías Menores de Campo a Través o domingo 26 de xaneiro do 2020 en A Rúa. – O Memorial está destinado ás seguintes categorías: Sub10 (2011-2012), Sub12 (2009-2010) e Sub14 (2007-2008) homes e mulleres. – Sumaranse os puntos dos/as 4 mellores clasificados de cada equipo.Todos/as os/as atletas deberán pasar por cámara de chamadas. A apertura será 25 minutos antes e pechará 15 minutos antes, da saída de cada proba.
Vai sair un autobús, da Estación de Cangas, as 06:30 horas. Se sobran prazas poderan ser ocupadas por acompañantes dos atletas (farase unha lista de espera coa xente que o comunique). Para quen faga a viaxe por conta propia será importante estar na saida con antelación (1 hora antes da proba).
A volta do autobus está prevista ao remate da proba, polo cal se aconsella levar algo de comida ademais dunha muda de roupa. Achegase a ubicación do circuito, no Area Recreativa O Aguillón.
CAMPIONATO ZONAL CROSS O MORRAZO
Moaña, 18 de xaneiro de 2020
Primeira competición oficial da tempada 2020. O Campionato Zonal de Campo a Través para O Morrazo ubicouse no Parque da Xunqueira en Moaña. Alí lucia unha alfombra verde en «aparente» bo estado. So fixo falla unha volta de recoñecemento para toparse cun chan moi enlamado, engadindolle un punto de dificultade a climatoloxia reinante.
Moit@s nervios foron aflorando ata que as carreiras templaron os mesmos a base de voltas ao circuito. A maña agasallounos con varios «cairos» que lle deron ese punto épico que teñen os croses. Non faltou quen tivo que rescatar a zapatilla da lama, pero seguiron e remataron para sumar puntos no equipo. Todo este esforzo tivo a sua recompensa, clasificáronse todos os equipos para o CAMPIONATO PROVINCIAL, coa inestimable aportación de:
SUB 10 masculino ( 14 ptos ) nun percorrido de 500 mts. Gabriel Fazanes 1º, Samuel Corrales 2º, Xabier Ferral 5º, Xian Rodriguez 6º, Evan Marin 7º, Alejandro Fernández 8º e Amaro Bastón 9º
SUB 10 feminino (10 ptos ) nun percorrido de 500 mts. Nahia Pintos 1ª, Emma Collazo 2ª, Leire Fuentes 3ª e Carla Salgado 4ª,
SUB 12 masculino (12 ptos) nun percorrido de 1000 mts. Hugo Collazo 1º, Unai Ferral 2º, Miguel Fernández 4º, Marcos Rial 5º, Breo Fernández 8º, Iker Rial 9º, Pedro González 10º, Enol Fernández 11ºi Hector Abal 17º.
SUB 12 feminino (13 ptos) nun percorrido de 1000 mts. Sabela López 1ª, Leire Brun 2ª, Estela Raña 4ª, Ana Cordeiro 6ª, Erica Novas 8ª, Leire Fernández 9ª, Noah Pinto 10ª, Sara Castro 13ª, Zoe Fernández 14ª, Vega Piñeiro 17ª, Sabela Domínguez 18ª e Noa Quinteiro 20ª.
SUB 14 masculino (10 ptos )nun percorrido de 1500 mts. Hugo Domínguez 1º, Oscar Casas 2º, Brais Pintos 3º, Saul Casas 4º, Ivan Herbello 9º, Juan Gallego 10º e Diego Garcia 11º,
SUB 14 feminino ( 13 ptos ) nun percorrido de 1500 mts. Maialen Fernández 1ª, Lucia Gil 3ª, Iris Malvido 4ª, Goretti Carballal 5ª, Sara Nerga 6ª, Leire Fonseca 7ª, Nerea Malvido 8ª, Gema Dacosta 16ª, Marta Rua 17ª, Claudia Carcer 19ª, Noa Nerga 20ª, Mar Curra 21ª, Greta Pérez 22ª e Sara Graña 23ª.
SUB 16 masculino ( 6 ptos ) nun percorrido de 2000 mts. Miguel Núñez 1º, Carlos López 2º, Yago Juncal 3º, Carlos Corredoira 4º, Manuel Lemos 5º, Diego Martínez 6º, Ruben Lemos 8º e Luca Piñeiro 9º.
SUB 16 feminino (6 ptos ) nun percorrido de 2000 mts. Uxia Sánchez 1ª, Agata Rodríguez 2ª, Noa Piñeiro 3ª, Cristina Taboada 4ª, Nicole Vázquez 5ª e Ariadna Becerra 9ª.
O vindeiro sábado 01 de febreiro terá lugar o CAMPIONATO PROVINCIAL do programa XOGADE no Parque de Castrelos en Vigo.
PREVIO DO CAMPIONATO ZONAL XOGADE
O vindeiro sábado 18 de xaneiro vai ter lugar, no parque de A Xunqueira (Moaña), o CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVES do programa XOGADE. Esta competición supón a antesala dos Campionatos Provincias e Galegos. En todas as categorías, clasificaranse os 3 mellores equipos de cada categoría e sexo; e os/as dez primeiros/as clasificados/as individuais de cada zona. As categorías implicadas son SUB 10-12-14 e SUB 16. Por equipos puntuaran os CATRO primeiros atletas, salvo en SUB 16 que serán TRES. Precisarase que TODOS/AS @S atletas acudan ao CAMPIONATO. (estar cunha antelación de 45 minutos ao comezo da proba a disputar)

PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2020
O mes de xaneiro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2018/19, a máis longa na que nos tocou participar. A partir de agora serán tempadas que coincidiran cos anos naturais. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 25 de xaneiro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).
O programa do evento estará composto por:
-
– Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.
-
– Charla-coloquio cos INVITADOS.
-
– Entrega da revista nº 24 do Club.
-
– PINCHO coas aportacións d@s soci@s*
*(Procuraremos sexa unha comida saudable, para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )
TROFEO SOLIDARIO NADAL CELTA
O IV TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO terá lugar o vindeiro domingo 29 de decembro a partires das 10:00 horas na Pista Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo). As categorias implicadas son as seguintes:
Entregaranse medallas os tres primeiros clasificados de cada categoría e sortearanse diferentes agasallos doados polos Patrocinadores da competición. Ademais, todos os nenos e nenas de categoría SUB- 8 recibirán unha medalla conmemorativa. O carácter SOLIDARIO do evento faise coa idea de recoller alimentos NON PERECEDEIROS para o seu reparto a familias necesitadas. O horario das probas será o seguinte:
INFORMACION TORNEO
FINAL LIGA MENORES ABANCA
Ourense, 15 de decembro de 2019
Xa apetecia voltar a pista de Expourense. O domingo, despois da enésima borrasca, non era mal plan. Tras unha merecida clasificación, tres equipos amarelos disputaban a final da VIII Liga Galega de Inverno de Categorías de Menores ABANCA. En xornada de maña terían lugar as probas que definirían os gañadores nas categorias SUB 10, SUB 12 e SUB 14.
O equipo SUB 12 feminino acadou o 2º posto na final con 35 puntos. A este subcampionato contribuiron; Noa Quinteiro 5ª en peso, Leire Fonseca 4ª 60 m.l., Helena Bello 1ª lonxitude, Estela Raña 7ª 500 m.l., Goretti Carballal 5ª altura e Sabela Castelo 1ª 1000 m.l.
O equipo SUB 14 feminino tamén acadou o SUBCAMPIONATO na final coa aportación de Ariadna Becerra 3ª pértega, Carmen Fraga 1ª lonxitude, Gema Dacosta 1ª peso, Agata Rodríguez 2ª 60 m.v., Noa Nerga 6ª altura, Claudia Carcer 8ª 60 m.l., Maialen Fernández 4ª 500 m.l., Lucia Gil 6ª triple salto e Iris Malvido 1ª 1000 m.l.
O equipo SUB 14 masculino rematou no 7º posto na final, conformado por Ruben Lemos 3º pértega, Raul Rial 6º lonxitude, Luca Piñeiro 4º peso, Diego Martínez 1º altura, Juan Gallego 7º 60 m.l., Carlos Corredoira 7º 500 m.l., Manuel Lemos 7º triple salto e Yago Juncal 5º 1000 m.l.
XLVI TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS
Cangas, 01 de decembro de 2019


















Debe estar conectado para enviar un comentario.