Cangas, 21 de novembro de 2021
Domingo de outono, que nalguns intres da maña se tornou en primaveiral. Voltaba o atletismo as pistas de Verin coa XXVI XORNADA DE ATLETISMO BASE. Era preciso que as categorías menores tiveran contacto, máis ala dos adestramentos, coa pista. As gradas tamén tiñan morriña de afección. Con este coctel de nostalxia desenvolveuse unha xornada especial, con moitas caras novas e sobre todo con gañas de amosar a sua sana competividade.
Na categoria MINIBENXAMIN feminina tiñan cabida mulleres nacidas no 2014-2015-2016 e anteriores. As probas que disputaron foron salto de lonxitude, 50 m.l., lanzamento de pelota e 300 m.l. Despois da suma das tres mellores probas foi Campioa Deva Pallas, 2ª Sofía Corrales, 3ª Lucia Cancelas, 4ª Mar Fazanes e 5ª Emma Salgado.

Na categoria MINIBENXAMIN masculina concentrouse a maior cantidade de participantes, que pese a sua curta idade deron exemplo de comportamento dentro e fora da pista. A clasificación estivo liderada por Adrián Calvar, 2º Leo Rosendo, 3º Alex Carballo, 4º Yoel Rodríguez e 5º Luca Cao.
En BENXAMIN feminina resultou gañadora Lena Curras, 2ª Emma Collazo, 3ª Sabela Miranda, 4ª Alba Alvárez e 5ª Camila Enríquez. En homes proclamouse campión Samuel Corrales, 2º Angel Refojos, 3º Daniel Cordeiro, 4º Anxo Currás e 5º Brais Garcia.


