CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA DE INVERNO

A Pobra do Caramiñal, 23 de novembro de 2019

 

     O Estadio de A Alta acolleu este pasado sábado o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA DE INVERNO. Como xa coñecedes, esta tempada alargase ata o final do ano. Será a derradeira co formato antigo. A partir do 2020, as tempadas, coincidirán cos anos naturais. Por esta particularidade, repetiamos Campionato nesta tempada, e non será o último.



   Impresionante estivo Sabela Casteloquen rematou o percorrido da categoria SUB 12 nun tempo de 10:04.19. Ademáis de proclamarse CAMPIOA GALEGA mellorou o rexistro da distancia en 30 segundos, acadando un novo RECORD GALEGO.



     Na categoria SUB 14, as irmans Iris e Nerea Malvido seguen dando guerra na marcha atletica e remataron 5ª e 19ª respectivamente na súa proba.


 

 

CROSS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA

Burgos, 9 de novembro de 2019

 

    A localidade burgalesa de Atapuerca, saltou aos medios por un xacemento e traspasou as fronteiras co que alí se atopou. Agora mesmo ben mantendo o interese mediatico cun Cross Internacional que este ano celebraba a sua XVI edición. Para darlle un pouco de colorido a esta celebración, ata alí se desprazaron dous amarel@s. Ambos participaron na categoria SUB 12, na carreira feminina sobre un percorrido de 1000 mts. Sabela Castelo Acadou o 3º posto. Hugo Domínguez correu un circuito de 1600 mts rematando no posto 20º. 


Imaxe cortesi@ www.fotocarlosgrafias.com


XORNADAS PREVIAS DA LIGA ABANCA

     A Federación Galega de Atletismo organizará a VIII Liga Galega ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES DE INVERNO para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 integrada por varias xornadas previas clasificatorias a celebrar en varias zoas e unha final por equipos. No caso de Pontevedra vanse celebrar tres probas. Adiantamos toda a información da Liga de cara a conformar os equipos e a premura na inscrición d@s atletas.


REGULAMENTO LIGA



     O domingo 03 de novembro será en Vilagarcia, co seguinte programa de probas:


RESULTADOS EN DIRECTO



     A seguinte xornada vai ter lugar o sábado 09 de novembro   no CGTD de Pontevedra con este detalle de probas:


RESULTADOS EN DIRECTO



     A derradeira xornada clasificatoria será o sábado 30 de novembro nas pistas de Balaidos:



CAMPIONATO GALEGO DE KILOMETRO EN RUTA

Guntin, 25 de agosto de 2019

 

     A localidade lucense de Guntin acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE KILOMETRO  EN RUTA. Nas categorias menores de SUB 10 ata SUB 16 a distancia do Campionato era de mil metros, para as demáis foi a tradicional milla. Contamos coa presenza da atleta SUB 12 Sabela Casteloquen rematou no primeiro posto e proclamouse CAMPIOA GALEGA de un kilometro en ruta, cun tempo de 3:32. Noraboa e a seguir colleitando exitos.



INICIO ADESTRAMENTOS E HORARIOS

    Este vindeiro luns 16 de setembro VOLTAMOS AOS ADESTRAMENTOS.  A partir das 18:00 horas vaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES (SUB 10 ata SUB 16) de luns a venres en duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), agás o martessó as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins (nados ata o 2013) teran adestramento os luns e xoves as 18:00 horas.  Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores. 

     Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou nas redes sociais.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO EN PISTA AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 20 de xullo de 2019

 

     O CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO EN PISTA AO AIRE LIBRE, marcaba no calendario o peche dos adestramentos para alguns dos pupil@s de Ramilo. A xornada do sábado foi inusualmente calurosa para un verán fresco coma o deste ano. As pistas do CGTD de Pontevedra gozaron dun ambiente atletico do que foron participes vari@s amarel@s. De maña, na proba dos 800 m.l. Lope Quinteiro rematou en 1.57.10 acadando o 5º posto e mellorando o seu rexistro . Alex Iglesias cruzou a meta en 2:03.93, moi preto da sua marca e acadando o posto 15º. A participación matinal completouna Juan Piñeiro, quen acadou o 8º posto na final do salto de lonxitude cunha marca de 6,51 m.



   De tarde chegou o turno para Aaron Domínguez, quen cun salto de 12;05 acadou o 6º posto na final do triple salto. Na final feminina deste concurso participaron Ariadna Gil e Saray Amoedo, rematando en 6º e 7º posto respectivamente. Os saltos que lle deron estas posicions foron de 11,16 e 11,15 m. Ariadna Gil tamen acadou o pase a final de 100 m.v., proba que non disputou finalmente debido a un malentendido a hora de computar as clasificadas.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 PISTA AIRE LIBRE

Gijón, 6-7 xullo de 2019

 

     Aaron Otero viaxou ata Asturias para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 PISTA AIRE LIBRE. Magnifico 6º posto na final do lanzamento de peso, cunha marca de 13,61. Na final do lanzamento de martelo rematou en 8º posto cunha marca de 47,09 m. Estivo acompañado de Erea Bastónque foi 8º na final do lanzamento de disco, con 32,83 m.