CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA

A Coruña, 08 de febreiro de 2020

     O Pazo dos Deportes de Riazor acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Duas atletas femininas foron as representantes nesta importante cita. Ana Cerqueiro deulle coma catro voltas a recta de velocidade, dito doutra maneira disputou 3 carreiras de 50 m.l., unha ronda previa, a semifinal e a final, onde rematou nun magnifico 6º posto. O mellor tempo acadouno na semifinal cun rexitro de 7.26 s. Ainda lle quedaba por diante unha semifinal de 50 m.v., onde non progresou a final, rematando nun tempo de 9.34 s.

      Sabela López centrouse no salto de pértega e rematou SUBCAMPIOA GALEGA, cun mellor salto de 2.46 m. Este rexistro tamén a situa no segundo lugar do ranking galego da actual tempada. Fora de concurso tamen participou Helena Belloquen lidera o ranking galego da categoria SUB 14 con 2.20 m., neste concurso andivo preto desta marca e rematou cun salto de 2.16 m.



Deja una respuesta