CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL
O Barco de Valdeorras, 11 de xuño de 2016
O Campionato Galego das categorías menores foi responsabilidade da Delegación de Valdeorras. Ata o Barco nos tivemos que desprazar para competir cos mellores das categorías benxamin, alevín e infantil. Esta viaxe a parte máis oriental de Galicia supuso un madrugón considerable. As probas comezaban as 10:00 da maña e agardabanos un día de sol e calor como poucos tivemos esta primaveira.
Estaban clasificados preto de 40 amarel@s. Durante toda a xornada competiron, nun máximo de dúas probas, acadando coma recompensa 21 podios máis a mellora de moitas marcas persoais. Facer mención especial da categoría infantil, tanto mulleres coma homes, que esta vindeira fin de semana competiran en Castellón no Campionato de España por Equipos. Imos encher a cidade de amarel@s que seguro viviran unha experiencia inesquecible.

Benxamín
MULLERES
- Gema Dacosta, 1ª Peso 1ª Pelota
- Noa Nerga. 2ª Peso 6ª Altura
- Lara Iglesias, 1ª Marcha 3ª Pelota
- Iris Malvido, 2ª Marcha 9ª Pelota
- Nerea Malvido, 9ª Marcha
- Sara Nerga, 9ª Altura 9ª 1000 m.l.
- Lucía Gil, 4ª 500 m.l. 11ª 50m.l
HOMES
- Sergio Valladares, 1º Lonxitude 10º 50 m.l.
- Diego Roca, 11º Lonxitude
- Raúl Rial, 9º 50 m.l. 5º 500 m.l.
- Ángel Graña, 5ª 1000 m.l.

Alevín
MULLERES
- Erea Bastón, 1ª Peso 11ª Xavelina
- Katia González, 13ª Peso
- Cristina Taboada, 10ª Xavelina
- Carmen Fraga, 8ª Lonxitude
HOMES
- Manuel Roca, 9º Xavelina 11º Peso
- Daniel Quinteiro, 14º Xavelina 14º 60 m.l.
- Denís Fernández, 1º Marcha 12º Lonxitude
- Eloy Domínguez, 7º Peso
- Joel Curro, 5º 2000 m.l.
- Carlos López, 6º 1000 m.l.

Infantil
MULLERES
- Ana Piñeiro, 1ª Marcha 12ª Xavelina
- Sabela López, 12ª 220 m.v.
- María Rial, 9ª 150 m.l. 1ª Triple Salto
- Colomba Carballal, 5ª 80 m.v. 15ª Altura
- Ainoa Santos, 2ª Peso 2ª Disco
- Sara Mallo, 11ª Lonxitude 5ª 3000 m.l.
HOMES
- Eduardo Parcero, 5º Marcha 12ª Xavelina
- Pedro Verdeal, 9º 220 m.v. 8º 80 m.v.
- Lope Quinteiro, 1º 1000 m.l. 1º Peso
- Adrián Pastoriza, 2º 80 m.v. 4º Altura
- Gabriel Dacosta, 7º Lonxitude 2º triple salto
- Anxo Caamaño, 8º Xavelina 15º Disco
- Martiño Núñez, 14º Xavelina 12º Peso
- Jacobo Díaz, 2º Pértega 2º Altura
- Daniel Suárez, 5º Altura 6º triple salto
- Aaron Otero, 2º Peso 3º martelo

RESULTADOS
CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA
Vigo, 05 de xuño de 2016
As pistas de balaidos foron a sede do CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBRE. Multitude de probas atleticas que prolongaron o programa ata a noite. Sorte que no mes de xuño o sol tarda en poñerse, e tamén que Vigo non nos queda lonxe. Contamos con presenza nas tres categorías, sendo a xuvenil a máis numerosa.
O relevo 4×100 xuvenil másculino proclamouse Campión Galego. Os integrantes eran Daniel Armada, Adrián Outeiral, David Lorenzo e Daniel Calvar. Remataron nun tempo de 46.11 s. Saray Amoedo foi 2ª no triple salto, onde tamén participou Martina Paramos, que foi 8ª, acadando no salto de pertega a medalla de bronce. Na pertega masculina David Lorenzo foi 1º ademáis de 3º en 400 m.v. cun tempo de 58.11, a só unha centesima da mínima para o Cto. de España. A medalla de prata na pertega sería para Daniel Calvar, que tamén rematou 7º no triple salto. Daniel Armada refrendou a sua punta de velocidade cun 5º posto nos 100 m.l., con 11.60.
Manel Iglesias foi 1º en lanzamento de xavelina. Iria Rodríguez rematou 8ª en 400 m.v. e 11ª en 200 m.l. Nesta última proba Paula Sotelo acadou o 9º posto. Adrián Outeiral completou a súa participación cun 6º posto no salto de lonxitude.
Na categoría junior contamos con Esmeralda Corredoira, bronce en marcha. Patricia Torres, prata en peso e Paula Martínez, prata en 100 m.v. A marca desta última proba foi invalidada polo vento.
A categoría promesa supuso a volta de Pablo Castro a competición de primeiro nivel. Cun mellor lanzamento de 13.70 conseguiu rematar Campeón Galego de Peso, a escasos centimetros da minima para o Cto. de España. A súa compañeira Raquel Villa si que acadou a mínima para o Campionto de España Promesa, que se vai disputar o vindeiro 25 e 26 e xuño en Toledo. Raquel quedou Campeona Galega de Peso cun lanzamento de 12.09.
RESULTADOS
PREVIA CTO. GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL
Este sábado 11 de xuño toca viaxar ata O Barco de Valdeorras. Ali van ter cita as 16 mellores marcas da actual tempada agás nas de velocidade e valados disputadas na recta de meta que serán 18. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas do programa e categoría. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m.
Para o desprazamento imos dispoñer un autobus para os atletas participantes, e os acompañantes no caso de sobrar prazas. A saída será de Cangas as 06:30 horas. Si se vai facer a viaxe por conta propia teran a cautela de estar unha hora antes da proba.
Achegamos o listado dos admitidos máis o HORARIO previsto para as probas.
LISTADO INSCRITOS
RESULTADOS EN DIRECTO

CAMPIONATO GALEGO CADETE
Ferrol, 04 de xuño de 2016
O comezo do Campionato, as 11:00 horas, permitiunos partir de Cangas cara Ferrol as 08:00 horas. O Campionato Galego Cadete tivo un desenrolo moi puntual sobre o programa previsto. A xornada de maña comezaba con Raul Barreiro no martelo, acadando o 4º posto, con 25.55 mts. Repetiría o posto no lanzamento de peso, con 11.02 mts. Na pista tamén se disputaba o 3000 mts marcha, coa participación de Valeria Fernández. Mellorou a súa marca con 15:59.84 e proclamouse Subcampioa Galega.

Juan Piñeiro foi 8º no salto de lonxitude e repetiu posto no triple salto. Tamén participou no concurso de pértega pero non acadou ningun salto valido. Irene Menéndez fixo a semifinal dos 100 m.l. en 14.01, con esta marca non pasou a final. Logo acadaria o Bronce na proba de lonxitude, cun mellor salto de 4.66. Ariadna Gil obtivo outra medalla de bronce nos 300 m.v. e rematou 6ª no concurso de triple salto.
Valeria Rodriguez no martelo non empezou con bo pe, rematou o mesmo sen marca. Si ben, despois desquitouse no peso cun lanzamento de 11.00 mts, que lle deu a medalla de prata e mínima para o Campionato de España Cadete.
Alex Iglesias rematou 8º nos 1000 m.l. con 3:01.30. María Rodríguez pasou a final dos 300 m.l. con 44.63 na semifinal. Rematou 7ª con 45.01. Laura Campos lanzou a xavelina ata os 25.90 mts, acadando o 5º posto.
O remate do Campionato foi a proba dos relevos, 4 X100. O equipo feminino composto por Irene Menéndez, Ariadna Gil, María Rodríguez e Naiara Villar foron cuartas, cun crono de 54.07.
RESULTADOS
LOPE QUINTEIRO CAMPION DE ESPAÑA INFANTIL
Valladolid, 4-5 de xuño de 2016
As pistas do Rio Esgueva voltaron ser testemuña do «bo facer» dos infantis do Vila de Cangas. Lope Quinteiro e Adrián Pastoriza disputaron un campionato que premiaba a versatilidade dos atletas, basado en catro triatlons. O gañador de cada triatlon sería o máis completo, polo tanto campión de España.
Lope partía moi ben situado no ranking, en 2º posto, pero no Campionato refrendou que era o mais completo dos infantis que disputaban o triatlon B. As marcas que o fixeron Campion de España foron 5.10 en lonxitude, 2:50,36 en 1000 m.l. e 39.46 en xavelina. A suma de 1598 ptos. deulle o triunfo.

Adrián tocoulle loitar no triatlon C. O sabado correu o 80 m.v. en 14.78 e saltou 4.27 en lonxitude. Completou a sua participación o domingo no salto de altura, 1.45. a suma das probas, 943, levouno o posto 23º.

PARABENS a estes fora de serie. De seguro que nos preparan outra en pouco tempo…por exemplo en Castellon o 18 e 19 de xuño.
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO XUVENIL, JUNIOR E PROMESA
As pistas de Balaidos albergaran durante toda a xornada do domingo 5 de xuño o CAMPIONATO GALEGO XUVENIL, JUNIOR E PROMESA . O futuro máis inmediato do atletismo galego vai estar presente en Vigo. @s amarel@s trataran de ser participes dese futuro. Achegamos os datos de interese.
HORARIO LISTADO INSCRITOS
RESULTADOS EN DIRECTO
REUNION URXENTE EQUIPO INFANTIL FEMININO
Temos comunicación da RFEA que hai disponibilidade para que o EQUIPO INFANTIL FEMININO acceda ao CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL. Por tal motivo este luns 6 de xuño as 20:00 horas convocase a todas as integrantes do citado equipo nas pistas de atletismo. Lembrar que o campionato será en Castellon os días 18-19 de xuño. Para esta cita xa esta confirmada a participación da sección masculina.
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO CADETE
O sábado 4 de xuño nas Pistas de A Malata disputarase o CAMPIONATO GALEGO CADETE. En xornada partida, de maña e tarde, Ferrol vai acoller @s mellores da categoría cadete de maneira individual e na proba de relevos. Na seguinte CIRCULAR podese consultar o regulamento do Campionato máis o horario das probas.
LISTADO DE ADMITIDOS
Vaise dispoñer dun autobus, con saída de Cangas as 08:00 horas. O mesmo voltará ao rematar a competición (entre as 20-21 h.). A comida d@s atletas farase nun Restaurante cercano as pistas. Si algun pai/nai desexa realizar o viaxe no bus pregamos o comunique polas canles habituais.
LISTA DE SAIDA/RESULTADOS DIRECTO
ADRIAN E LOPE VIAXAN A VALLADOLID.
Este vindeiro sábado 04 de xuño Adrián Pastoriza e Lope Quinteiro van participar no I CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL. O formato da proba e novidoso, será unha participación a modo invidual en tres probas (triatlon). Vanse dividir en catro triatlons, A, B, C e D. No caso dos amarelos, Lope disputará o B (1000 m.l.-lonxitude e xavelina). Adrián farao no C (80 m.v.- altura e lonxitude). O Complexo deportivo do Rio Esgueva vai albergar esta importante cita. Grato recordo gardamos desas Pistas, alí xa sonou o himno do Vila de Cangas. Esta vai ser unha boa oportunidade para que volten a brillar os amarelos
CIRCULAR CAMPIONATO
RESULTADOS EN DIRECTO
















Debe estar conectado para enviar un comentario.