Este sábado 19 de novembro, en xornada de maña, as pistas de atletismo de Baladios en Vigo acolleran a V LIGA FEDERADA ESCOLAR ABANCA (fase sur). Esta competición, por equipos, implica as categorías benxamín, alevin e infantil. Supón unha xornada clasificatoria para a final, que será no Pazo dos Deportes de A Coruña, polo mes de xaneiro.
Para o desprazamento dos atletas ata Vigo vaise habilitar un autobús, que sairá da estación de Cangas as 09:00 da mañan do sábado. Polo ben dos equipos, pregase puntualidade e que se comunique o Club, o antes posible, calquera incidencia que puidera afectar a formación dos equipos.
@s nen@s deberán levar unha muda de roupa para cambiarse, sempre e aconsellable máis cando a previsión é de choiva. Dependendo das probas a realizar tamén se aconsella levar comida.
Por categorias, achegamos os enlaces dos atletas inscritos en cada proba:
Estabamos pendentesda modificación do HORARIO, prevista para o mércores 16. En caso de producirse procuraremos informar, por agora adiantamos o primeiro horario publicado na circular do Campionato.