Metidos de cheo no comezo da tempada, e coincidindo tamén coa festividade de San Martiño, esta fin de semana xa nos atopamos cunha competición oficial máis un clasico na pretempada. Estamos a falar do I TROFEO DA ESCOLA DE MARCHA DEPUTACION DE PONTEVEDRA, que vai ter lugar o sábado 12 nas pistas de atletismo do Centro Galego deTecnificación Deportiva en Pontevedra. Será a primeira proba puntuable do Circuito Galego de Marcha atlética Josefina Romero 2016-2017.
Odomingo 13 de novembro, en Bueu, temos unha cita coa XXI CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO, co seguinte programa de probas:
Aconsellase estar na linea de saida con 30 minutos de antelación a proba correspondente, sobre todo nas categorias menores, que serán as que conten con máis participantes. Este é o LISTADO DE PARTICIPANTESna proba. Tanto a saída como a chegada estarán situadas á altura do museo Masso.