A localidade burgalesa de Atapuerca, saltou aos medios por un xacemento e traspasou as fronteiras co que alí se atopou. Agora mesmo ben mantendo o interese mediatico cun Cross Internacional que este ano celebraba a sua XVI edición. Para darlle un pouco de colorido a esta celebración, ata alí se desprazaron dous amarel@s. Ambos participaron na categoria SUB 12, na carreira feminina sobre un percorrido de 1000 mts. Sabela Castelo Acadou o 3º posto. Hugo Domínguez correu un circuito de 1600 mts rematando no posto 20º.
A Federación Galega de Atletismo organizará a VIII Liga Galega ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES DE INVERNO para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 integrada por varias xornadas previas clasificatorias a celebrar en varias zoas e unha final por equipos. No caso de Pontevedra vanse celebrar tres probas. Adiantamos toda a información da Liga de cara a conformar os equipos e a premura na inscrición d@s atletas.
O Sábado 26 de outubro de 2019 as Pistas de San Pedro en Marín acolleran a I XORNADA DO CIRCUITO PADRE SIMON. O programa de de probras abrangue varias categorias (SUB 10 ata SUB 18), no seguinte enlace detallanse todolos datos de interese.
A localidade lucense de Guntin acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE KILOMETRO EN RUTA. Nas categorias menores de SUB 10 ata SUB 16 a distancia do Campionato era de mil metros, para as demáis foi a tradicional milla. Contamos coa presenza da atleta SUB 12 Sabela Castelo, quen rematou no primeiro posto e proclamouse CAMPIOA GALEGA de un kilometro en ruta, cun tempo de 3:32. Noraboa e a seguir colleitando exitos.
Este vindeiro luns16 de setembro VOLTAMOS AOS ADESTRAMENTOS. A partir das 18:00 horasvaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES(SUB 10 ata SUB 16) de luns a venresen duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), agás o martes, só as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins(nados ata o 2013) teran adestramento osluns e xovesas 18:00 horas. Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores.
Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.comou nas redes sociais.
O CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO EN PISTA AO AIRE LIBRE, marcaba no calendario o peche dos adestramentos para alguns dos pupil@s de Ramilo. A xornada do sábado foi inusualmente calurosa para un verán fresco coma o deste ano. As pistas do CGTD de Pontevedra gozaron dun ambiente atletico do que foron participes vari@s amarel@s. De maña, na proba dos 800 m.l. Lope Quinteiro rematou en 1.57.10 acadando o 5º posto e mellorando o seu rexistro . Alex Iglesiascruzou a meta en 2:03.93, moi preto da sua marca e acadando o posto 15º. A participación matinal completouna Juan Piñeiro, quen acadou o 8º posto na final do salto de lonxitude cunha marca de 6,51 m.
De tarde chegou o turno para Aaron Domínguez, quen cun salto de 12;05 acadou o 6º posto na final do triple salto. Na final feminina deste concurso participaron Ariadna Gil e Saray Amoedo, rematando en 6º e 7º posto respectivamente. Os saltos que lle deron estas posicions foron de 11,16 e 11,15 m. Ariadna Gil tamen acadou o pase a final de 100 m.v., proba que non disputou finalmente debido a un malentendido a hora de computar as clasificadas.
Juan Piñeiro viaxou ata Granollers para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 PISTA AIRE LIBRE. Unha vez alí, participou na final do salto de lonxitude, acadando o pase a mellora en dito concurso. Finalmente, cun mellor salto de 6, 65 m., rematou en 8º posto.
Aaron Otero viaxou ata Asturias para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 PISTA AIRE LIBRE. Magnifico 6º posto na final do lanzamento de peso, cunha marca de 13,61. Na final do lanzamento de martelo rematou en 8º posto cunha marca de 47,09 m. Estivo acompañado de Erea Bastón, que foi 8º na final do lanzamento de disco, con 32,83 m.
O vindeiro sábado dia 03 de agosto tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangasa partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada doClub de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase aos atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no mesmo lugar as 18:00 horas en primeira convocatoria e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:
– Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.
– Memoria dos resultados da tempada 2018/19.
– Lectura e aprobación do estado de contas.
– Ampliación Xunta Directiva.
–Rogos e preguntas.
Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a CEA FIN DE TEMPADA. A mesma esta reservada no Restaurante Plaza de Cangas, sito na Rua Méndez Núñez 37 no baixo das Galerias en Cangas. O menú serán entremeses variados (empanada, tortilla,croquetas e calamares) e codillo asado, inclue pan,bebida postre e café por 20 €. Precisamos confirmar o número de xente que acudirá, por iso, ata o 01 de agosto poderedes apuntarvos. Agardamos a vosa asistencia para darlle un digno remate a tempada.
Lope Quinteiro participou no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. Engadir que este mes de xuño foi esgotador para él, coas viaxes das ligas, competicions, fin de curso… Desta volta corría os 800 m.l. , o que se presume a sua proba. Partía dunha marca de 1:58.15 e voltou con 1:57.30. Cousas do azar fixeron que non puidera pasar a semifinal, o que da tamen idea do nivel da competición. Para o ano máis e millor.
Debe estar conectado para enviar un comentario.