A maña do sábado recibiunos en Vilagarcia de Arousa cun vento do norte moi forte. Ata que quentou un pouco o sol, alí movianse todos, na pista e nas gradas. Para esta segunda xornada participaron un total de 40 nenos/as do noso Club. Tras o remate desta proba atopamonos no ecuador do programa xogade de pista ao aire libre. Achegase un periodo de vacacións escolares e xa no mes de abril retomaremos as derradeiras fases. As vindeiras son o 11 de abril (infantil) en Balaidos-Vigo e o 18 de abril (benxamín-alevín) en Fontecarmoa-Vilagarcia.
Este vindeiro sábado 21 de marzo en Vilagarcia disputarase a II Fase de atletismo en pista ao aire libre do programa Xogade. Achegamos o horario da citada proba máis un enlace no que podedes consultar as probas as que foron inscritos @s nen@s.
Boa mañan de sol, con vento do norte que facia moi recomendable evitar a sombra. » E menos mal que non chovia» foi unha frase moi recurrida polos asistentes a xornada atlética. No tocante a competición, suliñar que na categoría infantil poden realizar nas xornadas previas ata tres probas por atleta, máis neste caso, que tamen houbo relevo, pois algun/unha foi para casa con catro probas o longo da mañan.
Nos 80 m.l. Daniel Iglesias foi 3º na súa serie cun tempo de 13.15. Lope Quinteiro impusose nos 500 m.l. cunha importante marca de 1:26.80, Daniel Iglesias acadou o posto 12º na mesma proba con 1:48.19. Martiño Nuñez aumentaba a distancia da carreira ata os 1000 m.l. parando o crono en 4:02.52, posto 8º. Aaron Dominguez competiu nos 100 mts. obstaculos (con ria), e mollouse, foi 2º con 3:54.15. Adrian Pastoriza e Gabriel Dacosta participaron no concurso de salto de altura e acadaron a mesma marca 1.30, quedando os dous no 5º posto.
O salto de lonxitude contou con Adrian Pastoriza ,Gabriel Dacosta que tamén empataron cun mellor salto de 3.76, Aaron Dominguez saltou 3.63 e Daniel Iglesias 2.67.
Aaron Domínguez foi o único representante no triplo, e foi 3º con 8.37. Na xavelina repetiu primeiro posto Lope Quinteiro, lanzando ata 22.59, Gabriel Dacosta foi 6º con 15.84, Adrian Pastoriza e Martiño Nuñez, foron 10º e 11º con 13.90 e 13.01 respectivamente.
Lope Quinteiro acadou o triplete co lanzamento de peso, 8.88 foi a súa marca. Martiño Nuñez fixo 2º con 6.55.
Remataron a xornada os homes co relevo 4X80. O equipo composto por Adrían, Lope, Aaron e Gabriel conseguiu o 2º posto cun tempo de 49.12.
Retomamos a xornada coas mulleres. Equipo infantil feminino no que destaca o seu número. A calidade tamén, de feito deu para facer dous equipos de relevos 4X80, unhas do ano 2002 que acadaron o 1º posto con 44.91 e outras do ano 2003 que foron segundas con 47.15.
Estes foron os RESULTADOS das mulleres:
Ines Villamor 1ª 80 m.l. (serie), 4ª 80 m.v.(serie), 3ª lonxitude e 1ª relevos.
Colomba Carballal 5ª 80 m.l. (serie), 3ª altura, 11ª lonxitude e 2ª relevos.
María Rial 5ª 500 m.l. (serie), 7ª triplo, 17ª lonxitude e 2ª relevos.
Sandra Souto 2ª 80 m.l (serie), 5ª 80 m.v. (serie) e 8ª triplo.
Sabela López 2ª 80 m.l (serie), 9º 500 m.l. (serie), 6ª lonxitude e 2ª relevos
Ana Piñeiro 1ª marcha e 13ª lonxitude e 12ª xavelina.
Laura Campos 1ª 80 m.v.(serie), 5ª peso, 7ª xavelina e 1ª relevos.
Alba Campos 1ª 150 m.l. (serie), 1ª 80 m.v. (serie), 6ª xavelina e 1ª relevos.
Verónica Núñez 1ª 80 m.l (serie ), 1ª altura e 6ª 1000 m.l.
Lara Fernández 2ª 80 m.v. (serie), 6ª peso e 2ª pértega.
Irene Menéndez 2ª 80 m.l (serie), 2ª altura e 2ª lonxitude.
Ariadna Gil 1ª 220 m.v., 1ª Triplo, 5ª 1000 m.l. e 1ª relevos
Valeria Rodríguez 1ª peso, 1ª martelo e 7ª 1000 m.l.,
Naiara Villar 2ª 220 m.v. (serie), 7ª altura e 9ª xavelina.
Valeria Fernández 4ª 500 m.l. (serie) e 5ª xavelina
Salvo modificacións, este vai ser o horario da segunda xornada do XOGADE EN PISTA AO AIRE LIBRE a disputar o sábado 14 en Vigo.
Para o domingo 15 de marzo lembrar que se celebrará o VI Cross Escolar do CEIP A Rua. Un verdadeiro pracer para nos poder colaborar no fomento do deporte base, alí vos esperamos.
Esta fin de semán darán comezo en Vigo e Vilagarcia as probas do Xogade en pista ao aire libre. O sábado 28 en Balaidos acollerá as categorías benxamin e alevin mentras que o domingo 01 de marzo,na localidade arousana, estará reservado para os infantís.
Nas categorías benxamín e alevín, cada atleta poderá participar nun máximo de dúas probas. Se son carreiras, só unha poderá superar os 250m.
Na categoría Infantil, cada atleta poderá participar nun máximo de tres probas: 3 concursos; 2 concursos e 1 carreira; 1 concurso e 2 carreiras. Se son 2 carreiras, só unha poderá superar os 250m.
Nos concursos das fases previas, só se realizarán 3 intentos. Están previstas catro fases previas para cada categoría.
Para o Campionato Provincial, clasificaranse as 16 mellores marcas da totalidade das probas realizadas nas fases previas.
Debe estar conectado para enviar un comentario.