HORARIO PROVINCIAL E INSCRITOS.

Este sábado, día 30 de maio, terá lugar o CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA, evento organizado pola XUNTA DE GALICIA (Servizo Deportes Pontevedra) e a FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO (Comité Xuices Vigo), e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar no Estadio Municipal de Atletismo, trascorrerá en horario de 10.00/13.30 h, e nel prevese a participación de máis de 400 atletas, achegados dende diferentes puntos da Provincia de Pontevedra.

As categorías que competirán (masculina e feminina) serán: BENXAMÍN (individual + relevos) e ALEVÍN (combinadas).


LISTADO INSCRITOS DEFINITIVO


HORARIOS-page-001


CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE ALEVIN E COMBINADAS INFANTIL.

Vilagarcia 16 de maio de 2015

Intensa xornada no Complexo deportivo de Fontecarmoa no que se desenvolveu o CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVIN-XOGADE máis o CAMPIONATO PROVINCIAL DE PROBAS COMBINADAS INFANTIL. Salientar a ampla participación no Tetrathlon Infantil,  con 34 participantes no feminino e 16 no másculino. O programa discorreu segundo o previsto prolongándose  o peche ata as 14:30 horas. Foron en total 5 medallas de ouro, 3 de prata e 2 de bronceademáis do Campionato e Subcampionato Provincial de Tetrathlon feminino infantil.

No tocante o Campionato Provincial Alevín así remataron @s amarel@s.

  • Eduardo Parcero,  6º 60 m.l., 6º 500 m.l. e 1º relevos (4×60)
  • Daniel Quinteiro,  5º 60 m.l., 9º 500 m.l. e 1º relevos (4×60)
  • Teo Iglesias,  11º 500 m.l. e 6º pelota
  • Pedro Verdeal, 1º lonxitude, 9º altura e 1º relevos (4×60)
  • Denis Fernández,  1º marcha e 5º lonxitude
  • Antón Núñez,  10º lonxitude
  • Carlos Menduiña,  3º pelota e 3º peso
  • Aaron Otero,  1 ºpeso 4º pelota e 1º relevos (4×60)

    DSC00991


  • Iria Nieto,  4ª marcha
  • Sara Mallo,  2ª lonxitude, 4ª 1000 m.l. e 4ª relevos (4×60)
  • Anais Santamaria,  11ª 1000 m.l. e 4ª relevos (4×60)
  • Nerea Nogueira,  1ª marcha, 10ª peso e 4ª relevos (4×60)
  • Angela Fraga, 2ª marcha, 2ª pelota e 4ª relevos (4×60)

    CLASIFICACIONS TETRATHLON:

  • Gabriel Dacosta,  9º (1044 ptos.)
  • Ariadna Gil,  1ª (1874 ptos.)
  • Laura Campos,  2ª (1727 ptos.)
  • Alba Campos,  4ª (1688 ptos.)
  • Lara Fernández,  7ª (1469 ptos.)
  • Ines Villamor, 13 ª (1231 ptos.)
  • Colomba Carballal, 15ª (1210 ptos.)

    IMG_20150516_142311


CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL XOGADE EN PISTA A.L.

Pontevedra a 9 de maio de 2015

 

Despois de catro intensas fases previas, chegaba o CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL, as 16 mellores marcas por proba tiñan representación nas pistas do CGTD de Pontevedra. De Cangas partiu un autobus cargado de amarel@s, como máximo podían participar en tres probas máis os relevos (4×80). O tempo estivo estable e mesmo saíu o sol.  Acadaronse unhas marcas moi respetables e un total de 27 medallas, a falta de computar o 500 m.l. feminino nos  RESULTADOS oficiaís. Foron 11 de ouro, 9 de prata e 7 de bronce. Queda por confirmar o 2º posto no 500 m.l. feminino, acadado por Alba Campos.

Por atletas os RESULTADOS femininos foron os seguintes

  • Ariadna Gil,  1ª 220 m.v., 1ª lonxitude, 1ª triplo salto e 1ª en relevos (4×80)
  • Irene Menéndez,  3ª 150 m.l., 5ª altura e 5ª lonxitude
  • Valeria Rodríguez,  1ª peso, 1ª martelo e 4ª 1000 m.l.
  • Ana Piñeiro  1ª marcha e 7ª xavelina
  • Valeria Fernández  2ª marcha
  • Ines Villamor,  2ª 150 m.l., 6ª 80 m.v., 6ª lonxitude e 1ª en relevos (4×80)
  • Alba Campos,  1ª 80 m.v.,2ª 500 m.l., 4ª peso e 1ª en relevos (4×80)
  • Laura Campos,  3ª 80 m.l., 2ª 80 m.v., 1ª xavelina e 1ª en relevos (4×80)
  • María Rial,  7ª 80 m.l. e 8ª en triplo
  • Sandra Souto,  12ª 80 m.l., 8ª en 80 m.v. e 5ª en triplo.
  • Colomba Carballal,  7ª 150 m.l. e 7ª altura.
  • Lara Fernández,  1ª altura, 2ª pertega e 3ª 80 m.v.
  • Naiara Villar,   9ª 80 m.v., 12ª 220 m.v. e 11ª altura.
  • Sabela López,  6ª triplo, 9ª lonxitude e 10 80 m.v.
  • Veronica Núñez,  2ª altura e 3ª en pértega
  • Alba Pardavila,  11ª lonxitude
  • Ainoa Santos,  2ª disco, 3ª peso e 4ª en martelo.
  • Laura Valladares, 5ª xavelina

    DSC00902


 No tocante os homes, así remataron:

  • Gabriel Dacosta,  8º 150 m.l., 4º altura, 3º lonxitude e 4º relevos (4X80)
  • Lope Quinteiro,  1 ºpeso, 2º 500 m.l., 3º xavelina e 4º relevos (4×80)
  • Martiño Núñez,   6º xavelina, 7º peso e 10º 500 m.l.
  • Aaron Domínguez,  3º 1000 mts obs, 5º triplo, 12º lonxitude e 4º relevos (4×80)
  • Adrián Pastoriza,  5º 80 m.v., 5º altura, 14ª lonxitude e 4º relevos (4×80)
  • Jesús Guimerans,  1º marcha e 7º triplo.

    DSC00843


HORARIO E INSCRITOS IV FASE PREVIA XOGADE PISTA A.L.

Este sábado 25 de abril rematanse as fases prevías de Pista ao Aire Libre do programa Xogade. Será nas pistas de atletismo de Fontecarmoa, que este ano nos tocou coñecer tan ben. Agora xa ninguen pregunta onde quedan as pistas de Vilagarcia. Voltaremos para a disputa de algún Campionato Provincial,  pero antes vos informaremos do horario para este sábado e tamén d@s amarel@s  da categoria INFANTIL que están inscritos para a proba.


INSCRITOS


hp250415-page-001