II FASE ZONAL INFANTIL XOGADE PISTA AIRE LIBRE.

Vigo 14 de marzo de 2015.

 

Boa mañan de sol, con vento do norte que facia moi recomendable evitar a sombra. » E menos mal que non chovia» foi unha frase moi recurrida polos asistentes a xornada atlética. No tocante a competición, suliñar que na categoría infantil poden realizar nas xornadas previas ata tres probas por atleta, máis neste caso, que tamen houbo relevo, pois algun/unha foi para casa con catro probas o longo da mañan.

Nos 80 m.l. Daniel Iglesias  foi 3º na súa serie cun tempo de 13.15. Lope Quinteiro  impusose nos 500 m.l. cunha importante marca de 1:26.80, Daniel Iglesias  acadou o posto 12º na mesma proba con  1:48.19. Martiño Nuñez  aumentaba a distancia da carreira ata os 1000 m.l. parando o crono en 4:02.52, posto 8º. Aaron Dominguez  competiu nos 100 mts. obstaculos (con ria), e mollouse, foi 2º con 3:54.15. Adrian Pastoriza  Gabriel Dacosta  participaron no concurso de salto de altura e acadaron a mesma marca 1.30, quedando os dous no 5º posto.

O salto de lonxitude contou con Adrian Pastoriza ,Gabriel Dacosta que tamén empataron cun mellor salto de 3.76, Aaron Dominguez  saltou 3.63 e Daniel Iglesias  2.67.

Aaron Domínguez foi o único representante no triplo, e foi 3º con 8.37. Na xavelina repetiu primeiro posto Lope Quinteiro, lanzando ata 22.59, Gabriel Dacosta foi 6º con 15.84, Adrian Pastoriza Martiño Nuñez, foron 10º e 11º con 13.90 e 13.01 respectivamente.

Lope Quinteiro acadou o triplete co lanzamento de peso, 8.88 foi a súa marca. Martiño Nuñez fixo 2º con 6.55.

Remataron a xornada os homes co relevo 4X80. O equipo composto por Adrían, Lope, Aaron e Gabriel conseguiu o 2º posto cun tempo de 49.12.

Retomamos a xornada coas mulleres. Equipo infantil feminino no que destaca o seu número. A calidade tamén, de feito deu para facer dous equipos de relevos 4X80, unhas do ano 2002 que acadaron o 1º posto con 44.91 e outras do ano 2003 que foron segundas con 47.15.

Estes foron os RESULTADOS das mulleres:

  • Ines Villamor                  1ª 80  m.l. (serie), 4ª 80 m.v.(serie), 3ª lonxitude  e 1ª relevos.
  • Colomba Carballal         5ª 80  m.l. (serie), 3ª altura, 11ª lonxitude e 2ª relevos.
  • María Rial                        5ª 500 m.l. (serie), 7ª triplo, 17ª lonxitude e 2ª relevos.
  • Sandra Souto                  2ª 80  m.l (serie), 5ª 80 m.v. (serie) e 8ª triplo.
  • Sabela López                  2ª 80  m.l (serie), 9º 500 m.l. (serie), 6ª lonxitude e 2ª relevos
  • Ana Piñeiro                     1ª marcha e 13ª lonxitude e 12ª xavelina.
  • Laura Campos                1ª 80 m.v.(serie), 5ª peso, 7ª xavelina  e 1ª relevos.
  • Alba Campos                  1ª 150 m.l. (serie), 1ª 80 m.v. (serie), 6ª xavelina e 1ª relevos.
  • Verónica Núñez              1ª 80  m.l (serie ), 1ª altura e 6ª 1000 m.l.
  • Lara Fernández               2ª 80 m.v. (serie), 6ª peso e 2ª pértega.
  • Irene Menéndez              2ª 80  m.l (serie), 2ª altura e 2ª lonxitude.
  • Ariadna Gil                      1ª 220 m.v., 1ª Triplo, 5ª 1000 m.l.  e 1ª relevos
  • Valeria Rodríguez           1ª peso, 1ª martelo e 7ª 1000 m.l.,
  • Naiara Villar                     2ª 220 m.v. (serie), 7ª altura e 9ª xavelina.
  • Valeria Fernández           4ª 500 m.l. (serie) e 5ª xavelina
  • Ainoa Santos                   3ª martelo, 4ª peso e 2ª relevos
  • Ines Pardavila                 11ª 1000m.l.
  • Laura Valladares              2ª xavelina.

11065933_934051266619709_4386954927268441359_n

Deja una respuesta