Entramos de cheo na tempada indoor e iso levanos a Expourense. Durante toda a finde semana a pista ourensana acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS. Baixo teito poidemos ollar a evolución dos combineros máis en forma de Galicia. a nosa atención centrouse en Diego Martínez que disputaba o heptathlon SUB 20, onde tras dous días de intensa competición acadou a victoria e proclamouse CAMPION GALEGO, ademáis engadirlle unha MMP que lle da o pase ao Campionato de España. Detrás de todo isto, sobra dicir, hai moito traballo e perseverancia, polo que, so nos quedan engadir os PARABENS para os adestradores por este magnifico logro.