Ourense, 18 e 19 de xaneiro de 2025
"Enerxia de Futuro"
Ourense, 18 e 19 de xaneiro de 2025
Vigo, 20 e 21 de abril de 2024
A Coruña, 27 e 28 de maio de 2023
Pontevedra, 29 e 30 de abril de 2023
Pontevedra, 26 e 27 de decembro de 2020
27-28 de xaneiro de 2018
Lugo 6 e 7 de febreiro de 2016.
Durante a fin de seman do Entroido Lugo acolleu o CAMPIONATO DE GALICIA DE PROBAS COMBINADAS CADETE, XUVENIL, JUNIOR, PROMESA E ABSOLUTO e o CAMPIONATO DE GALICIA DE 60 E 60 VALADOS. No Campionato de velocidade, que conta este ano a súa segunda edición, participou Paula Martínez na proba dos 60 metros valados. Tras unha primeira semifinal que superou con 9.96, na final obtivo o terceiro posto con 9.84. Moi disputada foi a subida ao caixón do bronce, unha centesima foi a que separou a Paula da cuarta clasificada. RESULTADOS
A xornada comezaba co pentathlon feminino da categoría cadete. Nos 60 m.v. Ariadna Gil estreou a competición cun tempo de 9.79. Este bo comezo e a regularidade no resto das probas levouna a sumar 2.554 puntos. Melloraba a súa anterior marca e acadaba o Subcampionato Galego de Probas Combinadas. RESULTADOS
A actividade no Modulo Cuberto e no Estadio Gregorio Pérez non cesaba, unha vez rematada a xornada do sábado ainda faltaba o domingo. Moitas categorías e moitas probas. No caso dos xuvenís foi o heptathlon masculino. Ata o de agora @s @marel@s fixeran pleno, e Daniel Calvar máis David Lorenzo completaron unha participación de podio. E ademáis moi axustado, David Lorenzo proclamouse Campión Galego por catro puntos. Daniel Calvar foi bronce.
Este sábado día 6 de febreiro dará comezo en Lugo o CAMPIONATO DE GALICIA DE PROBAS COMBINADAS. As categorías implicadas van dende cadete ata veterán. Pola nosa parte imos estar representados no pentathlon feminino pola cadete Ariadna Gil. En canto o heptathlon masculino acudirán os xuvenis David Lorenzo e Daniel Calvar. Entre o sábado e o domingo vaise desenrolar o Campionato no Estadio Gregorio Pérez e no Módulo Cuberto de Lugo.
HORARIO- sábado 06
HORARIO-domingo 07
Lugo 10 de xaneiro de 2015
Moi boa participación na categoria Cadete na que estivemos implicados no modulo cuberto de Lugo. E foi todo un acerto estar a cuberto porque o domingo apenas deu tregua, con bastante choiva. As probas do pentatlon comezaron polo 60 metros valados. Ariadna Gil acadou o 2º mellor tempo con 10.28. Irene Menendez rematou en 10.94 e Naiara Villar 12.75. Bo comezo para un pentathlon cadete que sumaba 22 participantes. O concurso do salto de altura ralentizou a xornada, sendo o punto débil das nosas representantes. A lectura positiva é que ainda queda moito por mellorar, e querendo mellorase.
O concurso de peso realizouse no exterior xunto coa proba dos 600 m.l. Nesta proba, baixo un diluvio, Ariadna Gil voltou repetir o segundo posto con 1:52,49, Irene Menendez rematou en 2:12,49 e Naiara Villar en 2:11,15. Previamente realizaron o salto de lonxitude con marcas discretas e sempre con marxe de mellora. Finalmente como equipo non lograron o podio, quedaron preto de cuartas. De maneira individual acadou a medalla de bronce Ariadna Gil cun total de 2.388 ptos. Irene Menendez foi 10ª con 2.000 ptos e Naiara Villar rematou no posto 20 con 1471 ptos.
Vai camiño Lugo de converterse no referente das combinadas na tempada invernal. Xa ten novo lema a cidade…E Pra Combinadas Lugo.
Este domingo 10 de xaneiro vaise disputar no modulo cuberto de Lugo o CAMPIONATO DE GALICIA CLUBES PROBAS COMBINADAS. Van participar no pentathlon feminino as cadetes Naiara Villar, Irene Menéndez e Ariadna Gil. A xornada comeza de maña coa proba de 60 metros valados, continuando cos concursos de altura, peso e lonxitude. Para rematar na pista exterior competiran nos 600 m.l.
Debe estar conectado para enviar un comentario.