TROFEO ABANCA DE PISTA CUBERTA

Ourense, 21 decembro de 2024

 

    Achegamonos ao Nadal e no comezo das vacacions escolares era un momento propicio para a celebración do TROFEO ABANCA DE PISTA CUBERTA. Convertida nun clásico no calendario contou coa merecida clasificación dos equipos femininos das categorias SUB 12 e SUB 14. As probas premiaban aos mellores equipos de Galicia nas categorias menores, reservando a xornada de maña para SUB 10 e SUB 12, no horario vespertino competía a categoria SUB 14.



    No equipo amarelo SUB 12 destacou Elodie Graña cun doblete na velocidade, vencendo na proba de 60 m.l. e nas remudas de 4 X 1 volta. Noa Pedrido foi outra das integrantes do equipo de remudas e ademáis sumou puntos cun 6º posto na proba de 500 m.l. Nora Parcero deu a sua mellor versión na carreira de 1000 m.l. cunha MMP e un 3º posto, sendo tamén participe da victoria nas remudas. Camila Enriquez acadou un 5º posto no concurso de altura. Sofia Capelo foi 4ª no concurso de lonxitude e completou o cuarteto que venceu nas remudas. Mar Fazanes acdaou un 6º posto no concurso de peso. O traballo do equipo sumou 36,5 puntos que premiaron co segundo posto o combinado feminino SUB 12.



     Quedaba por diante unha xornada de tarde na que a aportación do equipo SUB 14 acadou finalmente un 5º posto, no que se estivo preto do podio e se realizaron duas marcas personais.


  • EMMA COLLAZO, 1ª 500 m.l. (MMP)
  • MARIA MARCOS, 6ª 60 m.l. e 3ª remudas
  • LENA CURRAS, 2ª 1000 m.l. (MMP) e 3ª remudas
  • VERA BOUBETA, 7ª 2000 m.l.
  • CARLA SALGADO, 7ª 60 m.v.
  • IRIA FERNANDEZ, 6ª lonxitude
  • ANA OLIVEIRA, 3ª triplo e 3ª remudas
  • AROA FOGLIA, 4ª peso
  • NOA LORENZO, 4ª altura e 3ª remudas


 

     

Deja una respuesta