Outro día máis Expourense centraba a actividade atletica da Comunidade, o domingo foi o día do CAMPIONATO GALEGO SUB 20. A colleita amarela podese definir coma moi proveitosa, neste caso as horas de traballo tiveron reflexo no Campionato. Mauro Vázquez foi CAMPION GALEGO de 60 m.l cunha MMP de 6.97 s.. Juan Gallego foi 18º no 60 m.l. e tamén mellorou marca con 7.88s.
Cambiamos de proba, pero continuamos coa mellora de Carlos López nos 400 m.l. acadando o 5º posto cun tempo de 51.19 s. Carlos Corredoirafoi 10º no 400 m.l. Diego Martínez proclamouse CAMPION GALEGO de salto de altura e lanzamento de peso, coma bo combinero tamén participou na pértega rematando 4º.
Na sección feminina contamos con Gemma Dacosta que resultou CAMPIOA GALEGA de peso e Agata Rodríguez que acadou un BRONCE nos 60 m.v. Moitos parabens polo excelente Campionato, cando se sementa hai bos froitos.