O Barco, 21 de xuño de 2025
Archivo de la etiqueta: PISTA AIRE LIBRE
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS
Palafrugell, 21 de xuño de 2025
Menos de seis puntos separaron a Selección Galega Sub18 do podio esta fin de semana do Campionato de España Sub18 levado acabo en Palafrugell. O combinado Galego composto por atletas mixtos contou coa presenza da atleta amarela Leire Fonseca participe no 3º posto nas remudas 4X400 m. e achegando un posto 14º na carreira de 400 m. Parabens pola fantastica tempada.
CAMPIONATO GALEGO CLUBS SUB 12 AIRE LIBRE
Vigo, 14 de xuño de 2025
Esta fin de semana as pistas de Balaidos tiñan toda a nosa atención. Comezando polo sábado cun CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS AO AIRE LIBRE no que puidemos presentar un equipo feminino da categoría SUB 12, ainda así quedaban probas por cubrir. Chegado o sábado faltaron varias compoñentes do equipo polo que nos esquecemos da competividade coma grupo.
Foron finalmente cinco amarelas as que realizaron as probas que tiñan previsto máis a remuda de 4X60 m. defendendo con decoro a honra do equipo. Emma Salgado foi 15ª nos 60 m.l. e 10ª na remuda 4 X 60 m. Claudia Romero rematou 5ª no concurso de lonxitude (MMP) e 10ª na remuda 4 X 60 m. Mar Fazanes foi 3ª no peso e 10ª na remuda 4 X 60 m. Sara Barros rematou 3ª no lanzamento de pelota e 10ª na remuda 4 X 60 m. Sofia Corrales completou a participación do equipo cun 12º posto na marcha.
CAMPIONATO ESPAÑA SUB 14
Albacete, 7 e 8 de xuño de 2025
Importante misión tiñamos nunha calurosa fin de semana de xuño. Chegar a terras manchegas para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 individual.
Alí competian Alejandro Fernández e Lena Currás, as modalidades de probas nesta categoría son en formato triatlon. Durante o sábado e domingo afrontarían o triatlon D másculino (peso, 80 m.l. e disco) máis o triatlon B feminino (1000 m.l., lonxitude e xavelina)
O resultado final non foi casualidade, puido ser mellor pero foi maravilloso. Alejandro Fernández acadou un magnifico 4º posto, lanzou no peso 11.87 mts, correu os 80 m.l. en 11.02 (MMT) e achegou o disco ata os 29.01 mts., a suma global foi de 1509 puntos.
Lena Curras trouxo unha medalla de BRONCE cunha MMP nos 1000 m.l. 3:07.99, lanzou a xavelina ata os 30.03m. e saltou 4.40 m. na lonxitude, neste caso a suma de 1582 puntos aupouna ao caixón . Agardamos que este Nacional sexa o primeiro de moitos para estes dous magnificos atletas

CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AIRE LIBRE
A Coruña, 24 de maio de 2025
Viaxamos ata A Coruña para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 ao AIRE LIBRE, concretamente foron as pistas do Campus de Elviña as que acolleron durante toda a xornada do sábado.
Comezamos pola participación na categoría benxamin que foi de dous homes e duas mulleres. Laurent Graña acadou un magnifico 4º posto no salto de lonxitude engadindolle unha MMP, no global dos 50 m.l. foi 8º. Samuel Lorenzo proclamouse CAMPION GALEGO de lanzamento de pelota cunha MMP, nos 1000 m.l. foi 5º con MMP.
As mulleres acadaron unha medalla de BRONCE da man de Anxela Caballero nos 1000 m.l. (MMP) que tamén foi 6ª na lonxitude (MMP). Elba Cordeiro rematou 12ª no lanzamento de pelota e 13ª nos 50 m.l.
Na categoria alevín destacou o doblete acadado por Adrián Calvar proclamandose SUCAMPION GALEGO en 500 m.l. e salto de altura (MMT), Alex Carballo rematou 9º na lonxitude e 24º nos 60 m.l., Xosé González foi 28º no s 60 m.l. Estes tres compoñentes máis Pedro Juncal sumaron outro SUBCAMPIONATO GALEGO na proba de remudas 4X60 m.
A sección feminina estivo composta por Mar Fazanes, 5ª en peso, Sara Barros foi 8ª en pelota e 16ª 60 m.l., Claudia Romero, 23ª en 60 m.l. Nas remudas de 4X60 m. sumouse as anteriores Emma Salgado, rematando no posto 11º da proba.
CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE ALEVIN
A Estrada, 18 de maio de 2025
Chegou a fase provincial do programa Xogade de pista ao libre na categoría SUB 12. Sería a nosa primeira visita a recen estreada Pista de Atletismo de A Estrada. Alí nos topamos cunha magnifica instalación que deu acollida ao CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVIN.
Na sección feminina empezamos por Mar Fazanes que acadou a victoria en lanzamento de peso e rematou 26ª nos 500 m.l. Claudia Romero foi 9ª no concurso de lonxitude e 13ª nos 60 m.l. Emma Salgado rematou 27ª na lonxitude e 35ª nos 60 m.l. Sara Barros finalizou 6ª en lanzamento de pelota e 9ª nos 60 m.l. Zeltia L. Da Cruz foi 9ª en lanzamento de pelota e 25ª nos 500 m.l.
Na sección masculina comezamos coa victoria de Adrián Calvar no concurso de altura, Alex Carballo venceu no concurso de lonxitude (MMP) e foi 5º nos 60 m.l. Xosé González rematou 5º na lonxitude (MMP) e 10º nos 60 m.l. Pedro Juncal acadou o posto 24º na lonxitude (MMP) e 29º nos 500 m.l.
Presentaronse dous equipos de remudas mixtas de 4X60 onde o combinado Vila A composto por Xose G., Sara B., Alex C. e Adrián C. acadaron a victoria cun tempo de 35,84 s. , mentres o Vila B con Mar F., Claudia R., Emma S. e Pedro J. remataron nos posto 17º nun tempo de 40,10s.
CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL XOGADE
Pontevedra, 10 de maio de 2025
O Estadio de Atletismo do CGTD de Pontevedra acolleu no segundo sábado de maio o CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE da categoría SUB 14. Esta fase deu remate as xornadas previas que serviron para as clasificacions. Destacar na sección masculina a participación de tres amarelos, Alejandro Fernández venceu no lanzamento de peso acompañado dunha MMP e rematou 6º nos 80 m.l. Daniel Cordeiro tamén gañou no concurso de lonxitude, con MMP e rematou 4º nos 1000 m.l. Brais Garcia acadou no concurso de altura o posto 10º.
Punto e aparte se merecen as remudas mixtas na distancia de 4X80 m. o equipo A composto por Alejandro, Elodie, Emma e Daniel proclamaronse CAMPIONS. No caso do equipo B foron Noa, María, Brais e Carla quenes remataron nun meritorio 5º posto. A representación feminina foi moito máis nutrida con preto dunha quincena de atletas que remataron da seguinte forma:

- ELODIE GRAÑA – 1ª lonxitude e 80 m.l.
- EMMA COLLAZO – 5ª 80 m.l.
- MARIA MARCOS – 7ª 80 m.l. e 9º lonxitude
- CARLA SALGADO – 1ª xavelina e 8ª 80 m.l.
- NOA PEDRIDO – 7ª peso e 15ª 80 m.l.
- SOFIA CAPELO – 6ª lonxitude e 16ª 80 m.l.
- UXIA PORTELA – 18ª lonxitude e 20ª 80 m.l.
- IRIA CHAPELA – 2ª xavelina e 27ª 80 m.l.
- CAMILA ENRIQUEZ – 10 ªaltura e 41ª 80 m.l.
- NOA CAAMAÑO – 34ª lonxitude e 44ª 80 m.l.
- LENA CURRAS – 2ª 1000 m.l. e 3ª lonxitude
- AINHOA COSTAS – 22ª 1000 m.l.
- AROA FOGLIA – 6ª peso
- VERA BOUBETA – 3ª marcha e 7ª disco

PREVIA XORNADA XOGADE EN VIGO
O vindeiro sábado 05 de abril as pistas de atletismo de Balaidos en Vigo acollen unha xornada do programa XOGADE adicada as categorías SUB 10- SUB 12 e SUB 14. Sairá un bus da Estación de Cangas as 08:45 h. onde habera cabida para @s atletas. Achegamos as LISTAS DE SAIDA, onde podedes consultar os HORARIOS e as probas a disputar por cada atleta.
RESULTADOS EN DIRECTO
SUB 10
- ELBA CORDEIRO– 400 m.l. e pelota
- ANXELA CABALLERO– 400 m.l. e tesoira
- HELENA MARTINEZ – pelota
- NOELIA CAAMAÑO – 400 m.l. e pelota
- GALA GARCIA – 400 m.l. e pelota
- SAMUEL LORENZO– 400 m.l. e pelota
- PAULO GESTIDO 400 m.l. e pelota
- PEPE GARCIA– 400 m.l. e tesoira
- LAURENT GRAÑA – 400 m.l. e tesoira
- ANDER SAMPEDRO – 400 m.l. e pelota
- COSME VIDAL– 400 m.l. e pelota
- ENZO MAXIMO – 400 m.l. e tesoira
SUB 12
- EMMA SALGADO– 500 m.l. e pelota
- SOFIA CORRALES– 1000 m. marcha
- MAR FAZANES– 500 m.l. e pelota
- SARA BARROS– 500 m.l. e pelota
- CLAUDIA ROMERO– 500 m.l. e altura
- VERA REFOJOS– 500 m.l. e pelota
- ZELTIA LORENA – 500 m.l. e pelota
- ADRIAN CALVAR– 500 m.l. e pelota
- ALEX CARBALLO– 500 m.l. e pelota
- XOSE BARREIRO– 500 m.l. e altura
- PEDRO JUNCAL– 500 m.l. e pelota
- BRUNO GONZALEZ– 500 m.l. e pelota
SUB 14
- EMMA COLLAZO – 80 m.v. e lonxitude + remudas A
- IRIA GARCIA – 80 m.v. e lonxitude
- CARLA SALGADO – 80 m.v. e lonxitude + remudas A
- MARIA MARCOS – lonxitude e disco + remudas A
- CAMILA ENRIQUEZ – lonxitude
- AROA FOGLIA – peso e disco
- VERA BOUBETA – marcha
- SOFIA CAPELO – lonxitude + remudas B
- NORA PARCERO – peso + remudas B
- NOA PEDRIDO – peso e disco + remudas B
- NOA CAAMAÑO – lonxitude
- ANA MEIJIDE – lonxitude
- LENA CURRAS – lonxitude
- UXIA PORTELA – lonxitude
- DANIEL CORDEIRO – 80 m.v., lonxitude e disco
- ALEJANDRO FERNANDEZ -peso e disco+ remudas A
- BRAIS GARCIA – lonxitude + remudas B
CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS
Ordes 08/02/2025- O Barco 09/02/2025
Tivemos representación no CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS nas categorias SUB 16 e SUB 20. Non tiveron a mesma sede nin a mesma data. Diego Martínez desprazouse ata Ordes para lanzar o disco acadando unha marca de 35.91 m. e rematando SUBCAMPION GALEGO da categoria SUB 20.
A sede que acolleu a categoria SUB 16 foi O Barco de Valdeorras, onde concursou no lanzamento de xavelina Miguel Fernández, acadando o BRONCE e unha mellor marca de 33,91 m.
CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO
Pontevedra, 16 de novembro de 2024



















Debe estar conectado para enviar un comentario.