CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL XOGADE

Pontevedra, 10 de maio de 2025

      O Estadio de Atletismo do CGTD de Pontevedra acolleu no segundo sábado de maio o CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE da categoría SUB 14. Esta fase deu remate as xornadas previas que serviron para as clasificacions. Destacar na sección masculina a participación de tres amarelos, Alejandro Fernández venceu no lanzamento de peso acompañado dunha MMP e rematou 6º nos 80 m.l. Daniel Cordeiro tamén gañou no concurso de lonxitude, con MMP e rematou 4º nos 1000 m.l. Brais Garcia acadou no concurso de altura o posto 10º. 



     Punto e aparte se merecen as remudas mixtas na distancia de 4X80 m. o equipo A composto por Alejandro, Elodie, Emma Daniel proclamaronse CAMPIONS. No caso do equipo B foron Noa, María, Brais e Carla quenes remataron nun meritorio 5º posto. A representación feminina foi moito máis nutrida con preto dunha quincena de atletas que remataron da seguinte forma:



  • ELODIE GRAÑA – 1ª lonxitude e 80 m.l.
  • EMMA COLLAZO – 5ª 80 m.l.
  • MARIA MARCOS – 7ª 80 m.l. e 9º lonxitude
  • CARLA SALGADO – 1ª xavelina e 8ª 80 m.l.
  • NOA PEDRIDO – 7ª peso e 15ª 80 m.l.
  • SOFIA CAPELO – 6ª lonxitude e 16ª 80 m.l.
  • UXIA PORTELA – 18ª lonxitude e 20ª 80 m.l.
  • IRIA CHAPELA – 2ª xavelina e 27ª 80 m.l.
  • CAMILA ENRIQUEZ – 10 ªaltura e 41ª 80 m.l.
  • NOA CAAMAÑO – 34ª lonxitude e 44ª 80 m.l. 
  • LENA CURRAS – 2ª 1000 m.l. e 3ª lonxitude
  • AINHOA COSTAS – 22ª 1000 m.l.
  • AROA FOGLIA – 6ª peso
  • VERA BOUBETA – 3ª marcha e 7ª disco


 

Deja una respuesta