A Delegación de Valdeorras acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE, tocaba viaxar ata a pista máis oriental de Galicia. Tivemos a participación de Miguel Fernández no concurso de lonxitude cun 4º posto e MMP e no de xavelina rematando 4º e MMP, so lle faltou subir ao podio pero por todo o demáis unha competición sobresainte. Ana Oliveira destacou tamén no lanzamento de xavelina acadando o 4º posto e MMP, tamén foi finalista dos 300 m.l. rematando en 5º lugar. Antia Soto completaba a participación amarela cun magnifico 5º posto nos 300 m.v.