CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AIRE LIBRE

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2025

 

      As pistas de atletismo da USC foron a sede do CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Ali unha boa morea de amarel@s deixaron a sua pegada na capital galega. Carlos Corredoira foi 15º na carreira de 200 m.l., Carlos López participou nos 400 m.l. e rematou no posto 14º.



     Dani Calvar irrumpeu con forza nos 400 m.v. acadando o 4º lugar máis unha MMP. Diego Martínez acadou un BRONCE no concurso de altura. Pablo Castro volveu a coller sensacions no lanzamento de peso e rematou en 4º posto.



     As remudas de 4X100 m. achegaronse ao podio e remataron en 4º posto con Carlos López, Carlos Corredoira, Diego Martínez e Mauro Vázquez

    A sección feminina  correu da man de Antia Soto cun 16º posto no golobal dos 100 m.l. Leire Fonseca continua a sua progresión nos 200 m.l. cunha MMP e posto 4º. Sara Marcos persiste nos 400 m.l. cun posto 15º. Agata Rodríguez acadou a 5ª possición nos 100 m.v. Gema Dacosta quedou preto do podio nos concursos de peso e disco , 4º lugar en ambos.  As remudas de 4X100 estiveron compostas por Antia Baqueiro, Sara Marcos, Leire Fonseca e Antia Soto, rematando no posto 6º.