CAMPIONATO GALEGO CLUBS SUB 12 AIRE LIBRE

Vigo, 14 de xuño de 2025

     Esta fin de semana as pistas de Balaidos tiñan toda a nosa atención. Comezando polo sábado cun CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS AO AIRE LIBRE no que puidemos presentar un equipo feminino da categoría SUB 12, ainda así quedaban probas por cubrir. Chegado o sábado faltaron varias compoñentes do equipo polo que nos esquecemos da competividade coma grupo.



      Foron finalmente cinco amarelas as que realizaron as probas que tiñan previsto máis a remuda de 4X60 m. defendendo con decoro a honra do equipo. Emma Salgado foi 15ª nos 60 m.l. e 10ª na remuda 4 X 60 m. Claudia Romero rematou 5ª no concurso de lonxitude (MMP) e 10ª na remuda 4 X 60 m. Mar Fazanes foi 3ª no peso e 10ª na remuda 4 X 60 m. Sara Barros rematou 3ª no lanzamento de pelota e 10ª na remuda 4 X 60 m. Sofia Corrales completou a participación do equipo cun 12º posto na marcha.


CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AIRE LIBRE

A Coruña, 24 de maio de 2025

 

     Viaxamos ata A Coruña para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12  ao AIRE LIBRE, concretamente foron as pistas do Campus de Elviña as que acolleron durante toda a xornada do sábado.



     Comezamos pola participación na categoría benxamin que foi de dous homes e duas mulleres. Laurent Graña acadou un magnifico 4º posto no salto de lonxitude engadindolle unha MMP, no global dos 50 m.l. foi 8º. Samuel Lorenzo proclamouse CAMPION GALEGO de lanzamento de pelota cunha MMP, nos 1000 m.l. foi 5º con MMP.



     As mulleres acadaron unha medalla de BRONCE da man de Anxela Caballero nos 1000 m.l. (MMP) que tamén foi 6ª na lonxitude (MMP). Elba Cordeiro rematou 12ª no lanzamento de pelota e 13ª nos 50  m.l.



    Na categoria alevín destacou o doblete acadado por Adrián Calvar proclamandose SUCAMPION GALEGO en 500 m.l. e salto de altura (MMT), Alex Carballo rematou 9º na lonxitude e 24º nos 60 m.l., Xosé González foi 28º no s 60 m.l. Estes tres compoñentes máis Pedro Juncal sumaron outro SUBCAMPIONATO GALEGO na proba de remudas 4X60 m.



     A sección feminina estivo composta por Mar Fazanes, 5ª en peso, Sara Barros foi 8ª en pelota e 16ª 60 m.l., Claudia Romero, 23ª en 60 m.l. Nas remudas de 4X60 m. sumouse as anteriores Emma Salgado, rematando no posto 11º da proba.



CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 PISTA CUBERTA

Ourense, 08 de marzo de 2025

     A nosa particular peregrinaxe a pista de Expourense tiña esta fin de semana un punto de inflexión. Comezabamos o sábado co CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12. A xornada de maña estivo reservada para a categoría benxamín. Nas probas masculinas competiron Samuel Lorenzo, 8º en 1000 m.l., con MMP e 36ºnos 50 m.l., Laurent Graña acadou o BRONCE no concurso de lonxitude acompñado dunha MMP e foi 5º nos 1000 m.l. tamén con MMP,, que máis lle podemos pedir, menudos atletas.



    Na sección feminina destacar o BRONCE acadado por Anxela Caballero nos 1000 m.l. con MMP ademáis de ser 11ª na lonxitude (MMP), Elba Cordeiro pechou a participación amarela, rematando 13ª nos 50 m.l. e 20ª na lonxitude.



    Despois dun parón para comer continuaba a xornada coa categoría alevín, na sección masculina participaron Alex Carballo, 9º en lonxitude (MMP) e 20º nos 60 m.l., Xose González 37º nos 60 m.l., Adrián Calvar foi CAMPION GALEGO nos 500 m.l. (MMP) e 6º no concurso de lonxitude (MMP). As mulleres estiveron representadas por Mar Fazanes 11º no peso e 22ª nos 1000 m.l., Sara Barros 17ª nos 60 m.l., Claudia Romero 13ª na lonxitude (MMP) e 37ª nos 500 m.l. (MMP)



     Demos remate a xornada do sábado co pensamento posto no domingo coa disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 14…toca dormir en Ourense.


CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA

Ourense, 22 de febreiro de 2025

 

     Outro capítulo máis da Pista Cuberta que nos leva ata Expourense. Foi a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 16 onde presenciamos a evolución d@s cadetes amarel@s. Concretamente contamos coa presenza de Miguel Fernández 8º nos 60 m.l. e 5º no concurso de lonxitude, nun copía e pega de probas acompañouno Roi Rivas 18º nos 60 m.l. e 12º na lonxitude. A representación feminina viu da man de Antia Soto que foi 4ª no 60 m.l. cunha MMP incluida, 8.13 s máis outro 4º posto nos 300 m.l. Ana Oliveira foi 31ª nos 60 m.l. e 10ª no triple salto. En xeral moi boa actuación d@s amarel@s, están no bo camiño.



CAMPIONATO GALEGO SUB 20 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 16 de febreiro de 2025

 

     Outro día máis Expourense centraba a actividade atletica da Comunidade, o domingo foi o día do CAMPIONATO GALEGO SUB 20.  A colleita amarela podese definir coma moi proveitosa, neste caso as horas de traballo tiveron reflexo no Campionato. Mauro Vázquez foi CAMPION GALEGO de 60 m.l cunha MMP de 6.97 s..  Juan Gallego foi 18º no 60 m.l. e tamén mellorou marca con 7.88s.



     Cambiamos de proba, pero continuamos coa mellora de Carlos López nos 400 m.l. acadando o 5º posto cun tempo de 51.19 s. Carlos Corredoira foi 10º no 400 m.l. Diego Martínez proclamouse CAMPION GALEGO de salto de altura e lanzamento de peso, coma bo combinero tamén participou na pértega rematando 4º.



     Na sección feminina contamos con Gemma Dacosta que resultou CAMPIOA GALEGA de peso e Agata Rodríguez que acadou un BRONCE nos 60 m.v. Moitos parabens polo excelente Campionato, cando se sementa hai bos froitos.



CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 15 de febreiro de 2024

 

     Expourense convertese no mes de febreiro no lugar de peregrinaxe para @s atletas galeg@s. Esta fin de semana foi un claro exemplo co CAMPIONATO GALEGO SUB 18 que ocupou a xornada do sábado. A representación amarela  tivo nome de muller. Leire Fonseca non deixa de sorprendernos, neste caso cun doblete CAMPIOA GALEGA en 400 m.l., marcón incluido 59.79 s. e SUBCAMPIOA GALEGA de 200 m.l. cun tempo de 25.49 que supon mínima para o Campionato de España.



     Sara Marcos foi 6ª no 400 m.l. e 25ª no 60 m.l. Blanca Giráldez foi 25ª no 400 m.l. e 34ª no 200 m.l. Antia Baqueiro acadou o posto 24º no global dos 400 m.l. Parabens para as atletas e adestrador…imos a polo domingo


CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

A Pobra do Caramiñal, 09 de febreiro de 2025

 

    Ata a peninsula do Barbanza tocoulle o desprazamento da única representante amarela na esixente disciplina da marcha atlética. A Pobra do Caramiñal acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA, onde participou Vera Boubeta acadando un meritorio 10º posto nos 3 kms da categoria SUB 14 feminina.



CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS

Ordes 08/02/2025- O Barco 09/02/2025

 

    Tivemos representación no CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS nas categorias SUB 16 e SUB 20. Non tiveron a mesma sede nin a mesma data. Diego Martínez desprazouse ata Ordes para lanzar o disco acadando unha marca de 35.91 m. e rematando SUBCAMPION GALEGO da categoria SUB 20.



   A sede que acolleu a categoria SUB 16 foi O Barco de Valdeorras, onde  concursou no lanzamento de xavelina Miguel Fernández, acadando o BRONCE e unha mellor marca de 33,91 m.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA

Ourense, 2 de febreiro de 2025

     A competición de máis alto nivel de Galicia en Pista Cuberta celebrouse en Expourense. Xa podemos presumir de que o atleta máis veloz da Comunidade viste de amarelo. Non podía ser outro que Mauro Vázquezquen pasou con solvencia a final, cun tempo de 6,91s. e na proba raiña da velocidade baixo cuberta, os 60 m.l., ainda tivo marxe de mellora e venceu con 6,90 s. Acudirá ao Campionato de España SUB 20 coma Campión Galego Absoluto. Despois deste impresionate comezo salientar a participación de Dani Calvar, nas probas de 200 m.l. e 400 m.l. onde rematou nos postos 16º e 13º respectivamente. O combinero Diego Martínez foi 4º no concurso de altura e será outro membro da expedición amarela ao Campionato de España SUB20.



     As mulleres tiveron presenza no concurso de peso da man de Gemma Dacosta que rematou preto do podio no 4º posto. Antia Soto participaba nas esixentes series de 60 m.l. e acadaba o posto 19º no global da proba. Finalmente Leire Fonseca presentaba as suas credenciais no Absoluto cun 4º posto no 200 m.l. e un 5º posto no 400 m.l. 

CAMPIONATO GALEGO PROBAS COMBINADAS PISTA CUBERTA

Ourense, 18 e 19 de xaneiro de 2025

 

     Entramos de cheo na tempada indoor e iso levanos a Expourense. Durante toda a finde semana a pista ourensana acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS.  Baixo teito poidemos ollar a evolución dos combineros máis en forma de Galicia. a nosa atención centrouse en Diego Martínez que disputaba o heptathlon SUB 20, onde tras dous días de intensa competición acadou a victoria  e proclamouse CAMPION GALEGO, ademáis engadirlle unha MMP que lle da o pase ao Campionato de España. Detrás de todo isto, sobra dicir, hai moito traballo  e perseverancia, polo que, so nos quedan engadir os PARABENS para os adestradores por este magnifico logro.