MEMORIAL JOSEFINA ROMERO

A Coruña, 28 de maio de 2022

     Se temos que elexir unha proba TOP da marcha en ruta non temos dubida que o MEMORIAL JOSEFINA ROMERO sería a proba de referencia a nivel Galicia. Se temos que falar de marcha no Club teremos que falar d@s irmans Malvido Pardavila. O máis novo, Alan Malvido, disputou o kilometro na categoría Sub 10, rematando 6º cun tempo de 7:35. Iris Malvido foi 7ª nos 3kms da categoria Sub 16, seguida pola sua irmá Nerea Malvido, que chegou 13ª. Na carreira de 5 kms foi descalificado Diego Garciacando xa tiña percorrido dous tercios da proba.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

Torrevieja, 28-29 de maio de 2022

     A disputa do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 foi nesta tempada ata a localidade alacantina de Torrevieja. Ali representounos o atleta Hugo Collazo, quen disputaba a modalidade de triathlon B ( lonxitude, 1000 m.l. e xavelina). No concurso de salto de lonxitude deu comezo a sua andaina no Campionato, cun mellor salto de 4,19 m. e unha suma de 237 puntos. A carreira dos 1000 m.l. achegoulle un total de 666 puntos, cunha marca de 2:59.78 que o consolida coma segundo no ranking galego. Unha magoa que no concurso de xavelina non acadase ningun lanzamento válido,  o cal mermou a suma global de puntos . Agardamos que este pequeno contratempo non empañe os logros conseguidos e os que quedan por vir. Parabens por loitar cos mellores.



CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 22 de maio de 2022

   As pistas do CGTD de Pontevedra tiñan unha cita importante coa disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE. Un nutrido grupo de amare@s competiron, cada cual coa sua meta e Ramilo coa de tod@s. Da sección masculina destacar o Subcampionato Galego que acadou Diego Martínez no lanzamento de disco. Ibrahim Aga non pasou das semifinais nas carreiras de 100 m.l. e 200 m.l. Carlos Corredoira foi 10º na proba de 400 m.l. Carlos López rematou 5º nos 400 m.v. e Yago Juncal foi 8º no conturso de triple salto.



    Na sección feminina Agata Rodríguez acadou outra medalla de prata na final dos 100 m.v., sendo 5ª na proba dos 400 m.v. Uxía Sánchez finalizou 7ª nos 400 m.l., Cristina Taboada 11ª nos 800 m.l. Noa Piñeiro non pasou da semifinal de 100 m.v. e rematou 12ª nos 400 m.v. Carmen Fraga foi 8ª na final do concurso de lonxitude.



     Para dar clausura a competición Uxia, Cristina, Agata e Carmen ainda tiveron folgos para facer unha remuda de 4X100 m., na que remataron en 6ª posición.



XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas, 17 de maio de 2022

 

     Este martes 17 de maio, festivo polo día das letras galegas, desenrolouse no Estadio Municipal de Cangas a XXVII XORNADA DE ATLETISMO BASE. Xa fora aprazada polo mal tempo e, neste caso, tivemos un día de choiva e vento.  Cousas do directo que non impediron que a participación fora numerosa, o cal e de agradecer. Finalmente entre chuvasco e chuvasco fomos sorteando o mal tempo. No transcurso da mañá premiouse a versatilidade d@s atletas cun grupo de probas que englobaban a velocidade, os saltos horizontais, os lanzamentos e as carreiras de medio fondo. Tamén resaltar o acercamento da competición as categorias tempranas que non contan con moita oferta no calendario federado.



     Por categorias este foi o detalle dos cinco primeiros clasificad@s:

MINIBENXAMIN MULLERES

  • ZOE BAMIO (1ª)
  • CLAUDIA ROMERO (1ª).- CEIP Nazaret
  • GAIA MARTINEZ (3ª).- CEIP Nazaret
  • ANTIA IGLESIAS (4ª)
  • AINARA RIOS (5ª)

MINIBENXAMIN HOMES

  • ADRIEL TABOADA (1º).- CEIP A Rua
  • XOSE GONZALEZ  (2º).- CEIP Nazaret
  • MARCOS NUÑEZ  (3º)
  • IAGO PEREZ ( 4º)
  • IAN RIVAS (5º)


BENXAMIN MULLERES

  • LUCIA CANCELAS (1ª).- CEIP S. Roque
  • NORA PARCERO (2ª)
  • DEVA PALLAS (3ª)
  • AROA RIOBO  (4ª).- CEIP A Guia
  • NAIARA RODRIGUEZ  (5ª)

BENXAMIN HOMES

  • BRAIS GARCIA (1º).- CEIP  S. Roque
  • BRAIS RODRIGUEZ (2º)
  • ALEX CARBALLO  (3º)
  • XOEL OLIVEIRA ( 4º)
  • LUCA CAO (5º)


ALEVIN MULLERES

  • LENA CURRAS (1ª).- CEIP Reibon 
  • ALBA ALVAREZ (2ª).-CEIP Nazaret
  • EMMA COLLAZO (3ª) CIA. MARIA
  • AITANA BROULLON (4ª)
  • NAHIA PINTOS  (5ª) .- CEIP Montemogos

ALEVIN HOMES

  • SAMUEL CORRALES (1º).- CEIP  Tiran
  • GABRIEL FAZANES (2º).–CEIP A Pedra
  • ANGEL REFOJOS  (3º).- CEIP Nazaret
  • JOSEP BASTOS ( 4º).- CEIP A Coutada
  • DANIEL CORDEIRO (5º).- CEIP Reibon 


 

CAMPIONATO GALEGO MASTER AIRE LIBRE

Lugo, 15 de maio de 2022

 

     O Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo acolleu o CAMPIONATO GALEGO MASTER  AO AIRE LIBRE. Ali estivemos representados polo incombustible Juan Iglesiasquen rematou a xornada proclamándose  CAMPION Galego de 800 m.l. e SUBCAMPION Galego de 400 m.l. na categoria M-50.  Parabens e moito ánimo para continuar na brecha.



CAMPIONATO GALEGO SUB10-SUB 12 E SUB 14 POR EQUIPOS

O Barco de Valdeorras, 14 de maio de 2022

      Este pasado sábado 14 recorremos Galicia de cabo a rabo para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB10-SUB 12 E SUB 14 POR EQUIPOS. En O Barco de Valdeorras nos agardaba a pista máis oriental da xeografía galega. As categorías SUB 10 e SUB 12 tocoulle madrugar para competir en xornada de maña. Moi boa actuación de ambas categorías, acadando un BRONCE o combinado feminino SUB 10 e un 5º posto o equipo masculino. O equipo SUB 12 feminino foi SUBCAMPION GALEGO e os homes quedaron en 4º posto.



SUB 10 FEMININO (3º POSTO.- 40.5 puntos)

  • CAMILA ENRIQUEZ, 7ª altura e  3ª relevo 4X50 m.
  • SOFIA CORRALES, 6ª 1000 m. marcha
  • NORA PARCERO, 2ª 1000 m.l. e 3ª relevo 4X50 m.
  • LUCIA CANCELAS,  4ª 500 m.l. e 3ª relevo 4X50 m.
  • EMMA SALGADO, 4ª lonxitude
  • MAR FAZANES, 6ª peso
  • DANIELA NOGUEIRA, 4ª pelota
  • ISIS MARTINEZ, 4ª 50 m.l. e 3ª relevo 4X50 m.

SUB 10 MASCULINO (5º POSTO.- 43.5 puntos)

  • XOEL OLIVEIRA, 6º 50 m.l. e 4º relevo 4X50 m.
  • ALEX CARBALLO, 3º 500 m.l. e 4º relevo 4X50 m.
  • MARCO LAHERA, 9º lonxitude
  • HUGO LORENZO, 8º pelota 
  • ALAN MALVIDO, 5º 1000 m. marcha
  • BRAIS GARCIA, 4º 1000 m.l. e 4º relevo 4X50 m.
  • LUCA CAO, 8º altura e 4º relevo 4X50 m.
  • MATEO JALDA,  8º peso


SUB 12 FEMININO (2º POSTO.- 63 puntos)

  • LENA CURRAS,  1ª lonxitude e 3ª relevo 4X60 m.
  • EMMA COLLAZO, 2ª 500 m.l. e 3ª relevo 4X60 m.
  • NAHIA PINTOS, 3ª pelota e 3ª relevo 4X60 m.
  • ALBA ALVAREZ, 3ª  1000 m.l.
  • AITANA BROULLON, 8ª altura e 3ª relevo 4X60 m.
  • SABELA MIRANDA, 2ª peso 
  • LEIRE FUENTES, 4ª  2000 m. marcha
  • CARLA SALGADO, 10ª 60 m.l. 

SUB 12 MASCULINO (4ºPOSTO.- 50 puntos)

  • SAMUEL CORRALES, 1º lonxitude e 5º relevo 4X60 m.
  • DANIEL CORDEIRO, 6º 1000 m.l. e 5º relevo 4X60 m.
  • AMARO BASTON, 8º  pelota
  • ANGEL REFOJOS, 5º 60 m.l. e 5º relevo 4X60 m.
  • ALEJANDRO FERNANDEZ,  5º peso
  • XABIER FERRAL, 9º altura
  • RUBEN FERNANDEZ, (AB) 2000 m. marcha e 5º relevo 4X60 m.
  • GABRIEL FAZANES, 1º 500 m.l. 


     A xornada de tarde presentaba moitas máis dificultades de cara a clasificación por equipos. Na categoría SUB 14 quedaban probas sen cubrir e polo tanto o equipo amosaba unha sangria de puntos importante. Ainda así defenderon as cores e ocuparon ambos equipos o 8º posto. De maneira individual boas marcas que lideraron Ana Cordeiro e Hugo Collazocon rexistros que os levan a segunda posición do ranking galego de 150 m.l. e 2000 m. respectivamente.


SUB 14 FEMININO (8º POSTO.- 99 puntos)

  • ANA CORDEIRO, 2ª 80 m.l. e 1ª 150 m.l.
  • ZOE FERNANDEZ, 11ª 80 m.v. e  12ª 500 m.l.
  • ERICA NOVAS,  9ª 1000 m.l. e 9ª lonxitude
  • ANTIA SOTO, 2ª 220 m.v. e 8ª triple 
  • AISHA ALVAREZ, 12ª disco
  • LEIRE FERNANDEZ, 3ª xavelina e 8ª 1000 m. obst.
  • ANTIA BAQUEIRO, 3ª marcha e 7ª altura
  • NOA QUINTEIRO, 2ª peso e  8ª martelo

SUB 14 MASCULINO (8º POSTO.- 67 puntos)

  • HUGO COLLAZO,  1º 2000 m.l. e 4º 220 m.v.
  • MIGUEL FERNANDEZ,  4º 1000 m. obst. e  6º xavelina
  • MARCOS RIAL,  8º 150 m.l.  e 6º 1000 m.l.
  • SAUL SANTOS, 8º altura e  3º 500 m.l.
  • IKER RIAL, 6º lonxitude e  10º martelo
  • BREO FERNANDEZ, 9º peso e 10º disco
  • UNAI FERRAL, 6º 80 m.l. e 6º triple


 

CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO

Murcia, 07 de maio de 2022

    As pistas de Monte Romero, dentro do Campus da Universidade de Murcia, acolleron o CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO. Moitas caras coñecidas representaban as suas Universidades. No noso caso, foi Ariadna Gil quen disputaba o concurso de triple salto representando a USC. Por parte da Universidade de Santiago foron un total de tres atletas, cifra que pouco axuda ao presumible fomento do atletismo por parte desta Entidade. Engadir tamén unha pista metida nunha interminable reforma. Neste contexto Ariadna conformouse con poder participar nun Campionato que contaba cun altisimo nivel e no que tiña moi reñido o pase a mellora. Finalmente tivo unha actuación discreta que a posicionou no 9º posto, coa teima dos centimetros que a afastaron da mellora. Iso si, sacou a foto con Mariano Garcia, o vixente Campión do Mundo de 800 m.l.



 

PLAN DE VIAXE AO BARCO SUB 14

  En xornada de tarde o sábado 14 de maio terá lugar no Barco de Valdeorras o CAMPIONATO GALEGO SUB 14 POR EQUIPOS. Vaise poñer un bus con saída as 12:45 da Estación de Cangas e con volta ao remate das probas. Os atletas levarán comida e bebida para facer un picnic e non dilatar moito a volta. A continuación detallamos @s atletas que conforman os equipos. No caso de calquera incidencia, viaxe por conta propia ou reserva de plaza para adulto acompañante, precisamos que avisedes o antes posible.


SUB 14 FEMININO

  • ANA CORDEIRO, 80 m.l. e 150 m.l.
  • ZOE FERNANDEZ, 80 m.v. e 500 m.l.
  • ERICA NOVAS,  1000 m.l. e lonxitude
  • ANTIA SOTO, 220 m.v. e triple 
  • SORAYA GONZALEZ, reserva
  • AISHA ALVAREZ, disco
  • LEIRE FERNANDEZ, xavelina e 1000 m. obst.
  • ANTIA BAQUEIRO, marcha e  altura
  • NOA QUINTEIRO, peso e martelo

SUB 14 MASCULINO

  • HUGO COLLAZO, 2000 m.l. e 220 m.v.
  • MIGUEL FERNANDEZ,  1000 m. obst. e xavelina
  • MARCOS RIAL, 150 m.l.  e 1000 m.l.
  • SAUL SANTOS, altura e 500 m.l.
  • IKER RIAL, lonxitude e martelo
  • BREO FERNANDEZ, peso e disco
  • UNAI FERRAL,  80 m.l. e triple


 

PLAN VIAXE AO BARCO SUB 10- SUB 12

     En xornada de maña o sábado 14 de maio terá lugar no Barco de Valdeorras o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 e SUB 12 POR EQUIPOS. Vaise poñer un bus con saída as 06:45 da Estación de Cangas e con volta ao remate das probas. Os atletas levarán comida e bebida para facer un picnic e non dilatar moito a volta. A continuación detallamos @s atletas que conforman os equipos. No caso de calquera incidencia, viaxe por conta propia ou reserva de plaza para adulto acompañante, precisamos que avisedes o antes posible.


 

SUB 10 FEMININO

  • CAMILA ENRIQUEZ, altura e relevo 4X50 m.
  • SOFIA CORRALES, 1000 m. marcha
  • NORA PARCERO, 1000 m.l. e relevo 4X50 m.
  • LUCIA CANCELAS, 500 m.l. e relevo 4X50 m.
  • EMMA SALGADO, lonxitude
  • MAR FAZANES, peso
  • DANIELA NOGUEIRA, pelota
  • ISIS MARTINEZ, 50 m.l. e relevo 4X50 m.

SUB 10 MASCULINO

  • XOEL OLIVEIRA,  50 m.l. e relevo 4X50 m.
  • ALEX CARBALLO,  500 m.l. e relevo 4X50 m.
  • MARCO LAHERA, lonxitude
  • HUGO LORENZO, pelota 
  • ALAN MALVIDO, 1000 m. marcha
  • BRAIS GARCIA1000 m.l. e relevo 4X50 m.
  • LUCA CAO, altura e relevo 4X50 m.
  • MATEO JALDA, peso

SUB 12 FEMININO

  • LENA CURRAS, lonxitude e relevo 4X60 m.
  • EMMA COLLAZO, 500 m.l. e relevo 4X60 m.
  • NAHIA PINTOS,  pelota e relevo 4X60 m.
  • ALBA ALVAREZ,  1000 m.l.
  • AITANA BROULLON, altura
  • SABELA MIRANDA, peso 
  • LEIRE FUENTES,  2000 m. marcha
  • ANA OLIVEIRA, 60 m.l. e relevo 4X60 m.

SUB 12 MASCULINO

  • SAMUEL CORRALES,  lonxitude e relevo 4X60 m.
  • DANIEL CORDEIRO, 1000 m.l. e relevo 4X60 m.
  • AMARO BASTON,  pelota
  • ANGEL REFOJOS, 60 m.l. e relevo 4X60 m.
  • ALEJANDRO FERNANDEZ,  peso
  • XABIER FERRAL, altura
  • RUBEN FERNANDEZ, 2000 m. marcha
  • GABRIEL FAZANES, 500 m.l. e relevo 4X60 m.


 

PREMIOS CIRCUITO DEPUTACION DA CORUÑA

A Coruña, 22 de abril de 2022

 

     Coa peregrinaxe pola xeografia galega, e casi sen querer, chegaron novas dunhas premiacions para tres atletas da categoria SUB 10, daquela, polos postos acadados en probas do CIRCUITO DE ATLETISMO EN PISTA DA DEPUTACION DA CORUÑA. Alí se foron a recoller o seu merecido agasallo, SAMUEL CORRALES, polo 1º posto en 500 m.l. acadado en Noia o 26/12/21, ALEJANDRO FERNANDEZ, polo 2º posto en peso disputado en Ribeira o 14/11/21. LENA CURRAS foi 1ª nos 500 m.l. en Noia o 26/11/21 e 1ª en lonxitude na localidade de Ribeira o 14/11/21. Moitos parabens por este merecido recoñecemento.