CAMPIONATO GALEGO CLUBS DE PROBAS COMBINADAS

Pontevedra, 29 e 30 de abril de 2023

 

      Para despedir o mes de abril achegamonos ata as pistas do CGTD de Pontevedra. A cita era no CAMPIONATO GALEGO CLUBS DE PROBAS COMBINADAS, onde nos presentamos cun trio de atletas composto por Dani Calvar, Diego Martínez e Manuel Lemos.



     A marixade foi complexa e deu un resultado notable. Tras dous días de competición e un decatlon por atleta (100 m.l., Lonxitude, Peso, Altura, 400 m.l., 110 m.v., Disco , Pértega, Xavelina e 1500 m.l.) finalizaron SUBCAMPIONS GALEGOS cunha suma de 13005 puntos, dos cales foron acadados 5483 por Diego Martínez, 4100 por Dani Calvar e 3422 por Manuel Lemos. Trás ese titánico esforzo mandamolle unha forte aperta, estamos agardando o seguinte reto deste magnifico trio.



Deja una respuesta