VII CROSS ESCOLAR CEIP NAZARET.

     Este domingo, día 29 de novembro, terá lugar unha nova edición (7ª) do CROSS ESCOLAR CEIP. NAZARET, evento organizado pola ANPA. NAZARET e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas,  a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar no entorno da Barriada de Nazaret, trascorrerá en horario de 10.00/12.30 h, e nel prevese a participación de máis de 300 atletas, achegados dende diferentes clubs e centros escolares da comarca do morrazo.


pLANO-page0001


Este ano como novidade incluese no programa unha carreira de pais/nais (seran catro voltas do circuito-1100 mts.). Se non hai imprevistos o comezo será as 10’00 horas. A orde das carreiras vai ser:

  1. ALEVINS
  2. BENXAMINS
  3. PREBENXAMINS
  4. 3 ANOS
  5. 4 ANOS
  6. 5 ANOS
  7. PAIS/NAIS

10403215_1484634828508434_3514422580508071231_n


GALA FIN DE TEMPADA

O vindeiro sábado dia 1 de Agosto tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois de esta homenaxe ós atletas convócase a tódolos socios/as a Asamblea xeral ordinaria que terá lugar no mesmo lugar do Concello de Cangas o as 18:00 horas en primeira convocatoria e as 18:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DIA:

– Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

– Resumo dos resultados da tempada 2014/15.

– Lectura e aprobación do estado de contas.

– Ampliación da xunta directiva.

– Rogos e preguntas.realizarase una Xunta Xeral na que están convocados tódolos socios.

Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante O Pereiro de Hio, a partir das 22:00 horas. O menú da cea estará composto por uns entrantes de empanada, croquetas, calamares e tortilla. un plato de arroz de marisco e outro de carne, tenreira ou xamón asado con patacas. Postre, Bebida e Café. O precio por persoa serán 20 euros. Para confirmar asistencia a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou no teléfono 600821023 (Isaura).


11738022_653538141450453_5380185703608135882_n


CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL-PROMESA.

Os días 27 e 28 de xuño coincidían o CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL, disputado en Ciudad Real, máis o CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA,  celebrado en Tarragona nas mesmas datas. 

En Ciudad Real contamos coa presenza de Noa Rouco nos 400 m.l., pero non puido pasar da semifinal cun tempo de 1’01.73. Laura Meira rematou Campiona de España no lanzamento de xavelina cun rexistro de 43’42 mts.


DSC05133


En Tarragona tiñamos a Angel Menduiña para disputar coa élite nacional o Decathlon da categoría promesa. Rematou en 5º posto cunha suma final de 5849 ptos.


CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE SELECCIONS AUTONOMICAS.

Alcobendas 20-21 de xuño de 2015.

Como compoñentes da Selección Galega se desplazaron a localidade madrileña para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE SELECCIONS AUTONOMICAS, tres atletas do Club, Saray Amoedo, David Lorenzo e Daniel Calvar. No caso dos homes as probas a disputar foron o salto de pértega por David Lorenzo, que saltou 3,00 mts e sumou unha 8ª posición para o combinado galego. Daniel Calvar formou parte do relevo 4X100 que foron quintos na final B da proba. O remate do Campionato,  Galicia foi 7ª cun total de 189.5 puntos.

No tocante a sección feminina Saray Amoedo participou no triplo salto, cun mellor salto de 10,98 foi 7ª na clasificación. A suma das probas das mulleres foi de 193.5 ptos, acadando o 7º posto final, o mesmo  cos homes.


Cartel Cto


CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS

Valladolid 20 e 21 de xuño de 2015.

 

Recen rematado o curso escolar, pero ainda sen notas no peto, emprendemos viaxe ata Valladolid para disputar o II CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS. Ben merecida estivo este ano a clasificación. Moitas das atletas xa estiveran presentes o ano anterior no I Campionato que se disputou en Alcobendas. Na teoria, e tras a publicación das marcas tiñamos un equipo infantil moi compensado e disposto a dar guerra. E anda que non deron guerra, fixeron un ENORME traballo de equipo, que tivo os seus froitos coa consecución do Campionato de España por equipos.

O Campionato comenzou o sabado día 20 nas pistas do Rio Esgueva, as primeiras probas eran os 80 metros valados. Nesta proba competían Lara Fernández e Alba Campos, a primeira reamatou 3ª na súa serie en 14,80 e Alba pasou a disputar a final cun tempo de 14,13. Xa estabamos soportando os rigores do sol castelán, máis nas probas de fondo, coma nos 1000 m.l. foron Veronica Núñez e Valeria Rodríguez  as valentes que completaron as dúas voltas e media con tempos de 3,29 e 3,46 respectivamente. Máis puntos para o peto. 

Na velocidade, os 80 m.l., metemos as dúas atletas na final, Ariadna Gil e Laura Campos, con 11,05 e 11,09, na final non melloraron o tempo, pero si sumaron uns valiosos 97 puntos para o equipo. A «cousa» marchaba tal que a guinda da xornada foi a marcha,  Ana Piñeiro rematou 1ª e baixou o RECORD GALEGO  ata os 10,41.50 nos 2000 mts., Valeria Fernández acadou  54 puntos cun tempo de 11,23.84, sumando un total de 104 puntos coa marcha. Rematou a xornada do sábado coa 3ª posición   para o equipo infantil feminino.

Como vos podedes imaxinar todo eran nervios e especulacións, o día seguinte era o reservado para concursos e relevos. Todo indicaba cara o optimismo, pero cos pes pegados a terra. 

Domingo pola mañan rematouse a faena, no salto de altura Lara Fernández  e Veronica Núñez sumaroon 85,5 puntos para o equipo nas súas quendas. Ariadna Gil e Irene Menéndez remataron a lonxitude con 96 puntos. No lanzamento de peso Valeria Rodríguez e Alba Campos acadaron 97 puntos, ademáis da medalla de bronce individual para Valeria. A calculadora botaba fume pero seguiamos a sumar puntos, Laura Campos e Valeria Fernández, remataban a xavelina con 94 puntos.

Xa polo mediodía empezou a escoitarse a palabra PRIMEIRAS, cunha única proba por diante, a recompensa estaba máis preto. Pois foron os relevos 5X80 os que daban remate o Campionato e a clasificación final. Laura e Alba campos, Ana Piñeiro, Irene Menéndez e Ariadna Gil tiveron a responsabilidade de facer o relevo. Remataron en 5ª posición, sumando os derradeiros 55 puntos que lles otorgaron o Campionato de España, cun total de 791,5 puntos. Ademáis supuso mellorar a marca do relevo 5X80, co que sería un novo RECORD GALEGO na distancia.


IMG_20150621_134515


PLAN DE VIAXE II CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS.

O vindeiro 20 e 21 de xuño vaise disputar en Valladolid o II CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS. Para o citado Campionato están convocadas dez atletas que conformaran o equipo. (Valeria Rodriguez Jalda– Veronica Nuñez Gil-Ariadna Gil Fernández-Ines Villamor Nores-Ana Piñeiro Piñeiro-Valeria Fernández Blanco-Irene Menéndez Mariño-Lara Fernandez Camaño-Laura Campos Pérez-Alba Campos Pérez).

O Hotel que se contratou para a estancia chamase Hotel San Cristobal , situado na veciña localidade de Cistérniga. Dende ahí,  os desprazamentos se farán en vehículos particulares ata as pistas de atletismo Rio Esgueva .



O Sabado 20 de xuño esta concertada a comida no Hotel San Cristobal, as 13:30 horas. Rogase puntualidade,  xa que a competición comenzará esa mesma tarde. A cea do sábado e o almorzo do domingo tamén serán no Hotel.

Esta prevista a saida o sabado 20 de xuño as 08 da maña dende a estación de autobus de Cangas.

DOSSIER INFORMATIVO CAMPIONATO


Cartel


 

 

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA PISTA A.L.

A Coruña 07 de xuño de 2015

 

Longa xornada de competición nas Pistas da Universidade de A Coruña. O Campus de Elviña acolleu o CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA PISTA A.L. Coas derradeiras luces dun longo e caluroso domingo de xuño rematou o Campionato cun saldo moi positivo, tanto en medallas como en marcas. Acadaronse 19 metais, 5 de ouro, 8 de prata e 6 de bronce. No tocante os rexistros, Laura Meira en xavelina alcanzou os 44,02 mts.  e Pablo Castro lanzou o peso ata os 15,86 mts. Ambos pasan o 2º e 3º posto do ranking nacional.  A seguinte parada para as mulleres sera Soria,  o vindeiro 14 de xuño na final da Liga de 2ª división.


2015-06-07_a_coruna_gallego_jv_jr_pr_137


HOMES

Xuvenil

  • Oscar Broullon,  2º peso e 4º disco
  • Pedro Acuña,  4º 400 m.l.

Junior

  • Pablo Castro,   1º peso e 2º disco
  • Alvaro Lorenzo,   1º pértega

Promesa

  • Angel Menduiña,  2º lonxitude e 3º disco

 

MULLERES

Xuvenil

  • Laura Meira,  1ª xavelina
  • Noa Rouco, 4ª 400 m.l. e 2ª relevos (4×100)
  • Patricia Torres,  2ª peso e 2ª disco
  • Paula Martinez,  3ª 100 m.v. e 2ª relevos (4×100)
  • Noelia Graña,  4ª 100 m.l. (semifinal) e 2ª relevos (4×100)
  • Martina Paramos,  3ª pértega e 2ª relevos (4×100)

Junior

  • Ana Antepazo,   4ª 400 m.l. e 5ª 200 m.l.
  • Raquel Villa,  1ª peso e 1ª disco
  • Talia Garcia,  2ª disco e 4ª peso
  • Noelia Cousiño,  3ª pértega

Promesa

  • Mª Jesús Novo,   2ª 400 m.v.,  3ª lonxitude e 4ª 100 m.v.
  • Aida Amoedo,  3ª 100 m.l.

    2015-06-07_a_coruna_gallego_jv_jr_pr_177


 

INSCRITOS PARA O G.P. CANTONES DE MARCHA

Este sábado 6 de xuño na cidade herculina terá lugar o XXIX GRAN PREMIO CANTONES DE A CORUÑA. CIRCUITO JOSEFINA ROMERO co seguinte HORARIO. Ali tamén estarán os marchadores do Vila de Cangas. Moita sorte a tod@s. Podedes consultar os resultados en directo neste enlace: http://www.atletismogalego.com/FICHEROJOSEFINA/index.html


INSCRITOS


CMYK b‡sico


 

CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL POR EQUIPOS.

Riveira a 23 de maio de 2015.

 

Fantastico día que vivimos na localidade coruñesa de Riveira. Pola mañan os benxamins e alevins. Pola tarde os infantis. Xa vos podedes imaxinar coa cantidade de equipos inscritos como estaban as gradas do Complexo Deportivo da Fieiteira. A verdade que o Campionato tanto de tarde como maña solventouse con celeridade por parte de xuices e organización. Facía tempo que non se «despachaban» as series con tanta velocidade.

En canto os resultados salientar que na suma global dos equipos (feminino e masculino) en BENXAMINS primeiros con 167 ptos, ALEVINS primeiros con 233 ptos e INFANTIS primeiros con 342 ptos.


relevo


O equipo benxamin feminino mellorou o rexistro galego nos relevos 4×50 m.l. parando o crono en 33.79 s. PARABENS por ese novo RECORD GALEGO.

Moitisima participación (entre 11 e 17 equipos por categoria) o cal lle confire un valor engadido o Campionato.

No tocante os podiums o Campionato rematou asi:  

  • Benxamin homes, CAMPIONS GALEGOS (80 puntos)- RESULTADOS
  • Benxamin mulleres, SUBCAMPIONAS GALEGAS (87 puntos)-RESULTADOS
  • Alevin homes, CAMPIONS GALEGOS (128.5 puntos)-RESULTADOS
  • Alevin mulleres, SEXTO POSTO (104.5 puntos)-RESULTADOS
  • Infantil homes, SEPTIMO POSTO (86 puntos)-RESULTADOS
  • Infantil mulleres, CAMPIONAS GALEGAS (256 puntos)-RESULTADOS

IMG_3930