O vindeiro 20 e 21 de xuño vaise disputar en Valladolid o II CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS. Para o citado Campionato están convocadas dez atletas que conformaran o equipo. (Valeria Rodriguez Jalda– Veronica Nuñez Gil-Ariadna Gil Fernández-Ines Villamor Nores-Ana Piñeiro Piñeiro-Valeria Fernández Blanco-Irene Menéndez Mariño-Lara Fernandez Camaño-Laura Campos Pérez-Alba Campos Pérez).
O Hotel que se contratou para a estancia chamase Hotel San Cristobal , situado na veciña localidade de Cistérniga. Dende ahí, os desprazamentos se farán en vehículos particulares ata as pistas de atletismo Rio Esgueva .
O Sabado 20 de xuño esta concertada a comida no Hotel San Cristobal, as 13:30 horas. Rogase puntualidade, xa que a competición comenzará esa mesma tarde. A cea do sábado e o almorzo do domingo tamén serán no Hotel.
Esta prevista a saida o sabado 20 de xuño as 08 da maña dende a estación de autobus de Cangas.
DOSSIER INFORMATIVO CAMPIONATO