CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS

Valladolid 20 e 21 de xuño de 2015.

 

Recen rematado o curso escolar, pero ainda sen notas no peto, emprendemos viaxe ata Valladolid para disputar o II CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOSBen merecida estivo este ano a clasificación. Moitas das atletas xa estiveran presentes o ano anterior no I Campionato que se disputou en Alcobendas. Na teoria, e tras a publicación das marcas tiñamos un equipo infantil moi compensado e disposto a dar guerra. E anda que non deron guerra, fixeron un ENORME traballo de equipo, que tivo os seus froitos coa consecución do Campionato de España por equipos.

O Campionato comenzou o sabado día 20 nas pistas do Rio Esgueva, as primeiras probas eran os 80 metros valados. Nesta proba competían Lara Fernández e Alba Campos, a primeira reamatou 3ª na súa serie en 14,80 e Alba pasou a disputar a final cun tempo de 14,13. Xa estabamos soportando os rigores do sol castelán, máis nas probas de fondo, coma nos 1000 m.l. foron Veronica Núñez e Valeria Rodríguez  as valentes que completaron as dúas voltas e media con tempos de 3,29 e 3,46 respectivamente. Máis puntos para o peto. 

Na velocidade, os 80 m.l., metemos as dúas atletas na final, Ariadna Gil e Laura Campos, con 11,05 e 11,09, na final non melloraron o tempo, pero si sumaron uns valiosos 97 puntos para o equipo. A «cousa» marchaba tal que a guinda da xornada foi a marcha,  Ana Piñeiro rematou 1ª e baixou o RECORD GALEGO  ata os 10,41.50 nos 2000 mts., Valeria Fernández acadou  54 puntos cun tempo de 11,23.84, sumando un total de 104 puntos coa marcha. Rematou a xornada do sábado coa 3ª posición   para o equipo infantil feminino.

Como vos podedes imaxinar todo eran nervios e especulacións, o día seguinte era o reservado para concursos e relevos. Todo indicaba cara o optimismo, pero cos pes pegados a terra. 

Domingo pola mañan rematouse a faena, no salto de altura Lara Fernández  e Veronica Núñez sumaroon 85,5 puntos para o equipo nas súas quendas. Ariadna Gil e Irene Menéndez remataron a lonxitude con 96 puntos. No lanzamento de peso Valeria Rodríguez Alba Campos acadaron 97 puntos, ademáis da medalla de bronce individual para Valeria. A calculadora botaba fume pero seguiamos a sumar puntos, Laura Campos e Valeria Fernández, remataban a xavelina con 94 puntos.

Xa polo mediodía empezou a escoitarse a palabra PRIMEIRAS, cunha única proba por diante, a recompensa estaba máis preto. Pois foron os relevos 5X80 os que daban remate o Campionato e a clasificación final. Laura e Alba campos, Ana Piñeiro, Irene Menéndez e Ariadna Gil tiveron a responsabilidade de facer o relevo. Remataron en 5ª posición, sumando os derradeiros 55 puntos que lles otorgaron o Campionato de España, cun total de 791,5 puntos. Ademáis supuso mellorar a marca do relevo 5X80, co que sería un novo RECORD GALEGO na distancia.


IMG_20150621_134515


Deja una respuesta