MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-GALEGO CROSS SUB 16.

A Rua, 28 de xaneiro de 2018

A localidade de A Rua, dispuso a contorna do Aguillon para disputar o XXII MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CAMPIONATO DE GALICIA DE MENORES, máis o resto de campionatos autonómicos nas correspondentes categorías.

Preto das 10.30 horas da maña, deron comezo as probas coa carreira SUB-10 feminina. O percorrido de 800 mts era unha volta ao circuito pequeno. O noso equipo proclamouse CAMPIOAS GALEGAS, liderado por Sabela Castelo 1ª, Leire Brun 6ª, Candela Castro 13ª, Alba Del Valle 15ª e Leire Fernández 20ª. Coa suma de 27 puntos acadaron a victoria. No tocante aos homes proseguiron cun SUBCAMPIONATO GALEGO, gracias a Hugo Collazo 2º, Mario Torres 10º, Marcos Rial 18º, Iker Rial 23º, Miguel Fernández 24º e Pedro González 33º.



A seguinte categoría foron as mulleres SUB-12, sobre un percorrido 1500 mts acadaron a medalla de BRONCE, cunha suma de 47 puntos. O equipo estivo composto por Lucia Gil 10ª, Nerea Malvido 17ª, Sara Nerga 18ª, Goretti Carballal 28ª, Gema Dacosta 29ª, Iris Malvido 30, Uxia Gil 43ª e Carmen González 50ª. Os homes non sumaban para formar equipo, salientando de maneira individual a Raul Rial 9º e Hugo Domínguez 17º.



A categoría SUB-14 supuso un 8º posto para as mulleres, encabezadas por Agata Rodríguez 24ª, Uxia Sánchez 30ª, Cristina Taboada 56ª, Carmen Fraga 67ª, Noa Piñeiro 88ª e Sabela Lorenzo 94ª. O equipo masculino, con 79 puntos, rematou preto do podio no 4º posto. Contribuiron Joel Curro 16º, Miguel Núñez 17º, Carlos López 29º, Denis Fernández 35º, Yago Juncal 39º, Carlos Corredoira 40º.

O remate das categorías menores daba paso ao CAMPIONATO GALEGO SUB-16 DE CROSS. Neste caso contamos coa presenza do equipo feminino, que tras o percorrido de 2400 mts. rematou en 14º posto. Participaron Sara Mallo 45ª, Sabela López 46ª, Anais Santamarina 75ª, Nerea Piñeiro 96ª e Colomba Carballal 98ª.



RESULTADOS


PREVIA DO CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVES.

Este vindeiro sábado 3 de febreiro, vai ter lugar en Portas o CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVES. Esta competición é a clasificación acadada no CAMPIONATO ZONAL que se celebrou en Moaña. Terá lugar no circuito da Azucareira, cos circuitos e horarios que se detallan na imaxe:


INSCRITOS / REGULAMENTO



Para o desprazamento solicitouse un autobús ao Deporte Escolar, con saída prevista da Estación de Cangas as 09:00 horas. O transporte está reservado para @s atletas. Pola previsión de bastantes viaxes por conta propia achegamos a ubicación do circuito:



INFORMACION CAMPIONATO


CAMPIONATO GALEGO SUB-23 DE PISTA CUBERTA

A Coruña, 21 de xaneiro de 2018

 

     Voltabamos o Pazo dos Deportes de Riazor para a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB-23 DE PISTA CUBERTA, unha categoría Promesa na que contamos con tres representantes, máis un SUB-20 invitado no concurso de pértega. Nas semifinais de 50 m.l. participaron Noelia Cousiño e Paula Martínez,  progresando a segunda a final onde rematou en 6º posto. Repetiu Noelia Cousiño, participando no concurso de pértega e proclamandose CAMPIOA GALEGA. Tamén alcanzou o primeiro escalón Paula Martínez na final dos 50 m.v.

     Tampouco fallou Raquel Villa que acadou o primeiro posto no lanzamento de peso, cunha marca de 11,60. David Lorenzo liderou o concurso de pértega (fora de concurso) rematando cun mellor salto de 3,93.


 RESULTADOS



PLAN DE VIAXE A RUA

     Este vindeiro domingo 28 de xaneiroa localidade de A Rua (Ourense) vai acoller o XXII MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO.-CAMPIONATO DE GALICIA DE CATEGORIAS MENORES CAMPO A TRAVES Para esta importante cita imos facilitar o desprazamento en autobús, sendo a saída desde a estación de Cangas as 06:00 horas. Ademáis das categorías menores esta previsto compita o equipo feminino SUB-16, conforme ao seguinte HORARIO:


SORTEO CAIXONS SAIDA


      Ao remate da categoría CADETE está pensada a volta, tomarase un bocata polo camiño para non prolongar moito a viaxe. Para @s nen@s que veñan sen adultos será preciso teñan preparada roupa para mudarse máis algo para picar. O Club vai proporcionar AVITUALLAMENTO para os participantes. 

     Pregamos se comunique, canto antes, calquera incidencia respecto ao viaxe, tal coma baixas, viaxes por conta propia, que poidan afectar a hora de conformar os equipos.



INFORMACION CAMPIONATO


PREVIA CAMPIONATO SUB-23 E SERIES VIGO.

     Este vindeiro domingo 21 de xaneiro de 2018,  vai ter lugar no Pazo dos Deportes de Riazor o CAMPIONATO DE GALICIA SUB-23 DE PISTA CUBERTA.  A cidade herculina volta un Campionato de Pista Cuberta no que estaremos representados por Raquel Villa, no lanzamento de Peso. Paula Martínez nos 50 m.l. e 50 m.v., Noelia Cousiño en 50 m.l. e pértega. David Lorenzo participará no concurso de pértega.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Na mesma data en Vigo esta programada a II XORNADA do III CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA – SERIES MUNICIPAISSerá en xornada de maña e co seguinte HORARIO de probas:



 INSCRITOS

RESULTADOS EN DIRECTO


CAMPIONATO GALEGO MASTER DE PISTA CUBERTA

Ourense, 14 de xaneiro de 2018

 

     O domingo 14 de xaneiro foi a data elexida para a disputa do CAMPIONATO DE GALICIA MASTER DE PISTA CUBERTA. Mª Belen Lemat acudiu a esta cita e voltou con tres premiacions tras o autonomico. Rematou CAMPIOA en 400 m.l. e 800 m.l. e SUBCAMPIOA en 1500 m.l.



     Ese mismo domingo disputouse en Lugo o II CROS PONTE ROMANA. Na categoría SUB-10 participou Sabela Castelo, sobre un percorrido de 800 mts,  rematou primeira cun tempo de  02:40. O sábado 13 tivo lugar o TROFEO DE MARCHA ATLETICA VILLA DE LOS MOLINOS en Campo de Criptana, participando Denis Fernández na categoría SUB-14 na proba de 3000 mts, quen rematou en 2º posto.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA

Ourense, 13 de xaneiro de 2018

 

     A pista cuberta de Expourense acolleu durante a xornada do sábado 13 o XXXIII CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA.  Unha xornada de maña e tarde que nos deparou varias novas interesantes de cara a ese presente atletico que emerxe da canteira amarela. Daniel Armada accedeu a semifinal dos 60 m.l. gracias os 7,24 que obtivo na serie preliminar. Non puido pasar da semifinal, pero si mellorou o tempo parando o crono en 7,22. Con esta marca obtivo o pasaporte para o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA, tamén a celebrar en Ourense. Este atleta tamén participou na semifinal dos 200 m.l., que rematou en 23,53, non progresando a final.



     Quen si pasou a final dos 200 m.l. foi Daniel Calvar, acandando o 2º posto con 23,30 na semifinal e rematando 7º na final cun crono de 24,16. O último JUNIOR en competir foi David Lorenzo que participou nos 400 m.l. Rematou esta proba 3º na sua semifinal en 53,26, tempo que non foi suficiente para pasar a final. Na final do concurso de pértega acadou o 4º posto, cun mellor salto de 3,70.



     Coas mulleres continuaron as boas novas. As XUVENIS  María Rodriguez e Ariadna Gilparticiparon nos 400 m.l. e 60 m.v. respectivamente. Quedaron as dúas nas semifinais.  Saray Amoedo acadou con 11,13 no triple salto o CAMPIONATO GALEGOaportando a primeira medallla da xornada. A outra presea foi no lanzamento de peso, Raquel Villa proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA.



     Coma broche ao Campionato Paula Martínez acadou marca mínima para o CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA DE PISTA CUBERTA, cos 9,50 da final dos 60 m.v., que lle suspuseron o 6º posto.Tamén temos que salientar o reencontro de Maria Novo cos valados, cos campionatos, en fín co atletismo. Benvida outra vez.


RESULTADOS 


GALA DO ATLETISMO GALEGO

O Barco de Vadeorras, 12 de xaneiro de 2018

     Parece que o día 12 de xaneiro de 2018 estaba marcado no calendario atlético coma o día de Ana Piñeiro. Despois da tempada que nos deleitou chegaban os recoñecementos das entidades públicas relacionadas co atletismo, neste caso a Federación Galega de Atletismo máis o Concello de Cangas. Coincidían na mesma data a GALA DO DEPORTE en Cangas e a GALA DO ATLETISMO GALEGO en O Barco de Valdeorras. No primeiro caso estaba nominada coma MELLOR DEPORTISTA POR MODALIDADE e MELLOR PROMESA FEMININA, ao final non foi elexida coma gañadora en estas categorías. 

     Onde si contaba con dous premios seguros era na Gala da FGA, todo en base as medallas obtidas nos Campionatos Nacionais.  Estas premiacions permitironlle subir duas veces, unha coma medallista no Campionato de España Cadete e outra coma compoñente da selección Galega que obtivo a medalla de Bronce no Campionato de España por Federacións Autonómicas.  



LOPE SUMA E SEGUE.

     As duas probas desta fin de semana nos ofrecían un amplo abanico de disciplinas para @s amarel@s. O venres en Santiago e o sábado en Vigo contamos con alta presenza de amarelos na procura de esas marcas que tanto ansían. Achegamos de seguido os resultados destas dúas competicions, salientando esta maña a actuación do cadete Lope Quinteiro, que realizou marca mínima en lanzamento de peso (13,63) e máis nos 600 m.l. (1:27.98). Agora xa obstenta tres marcas para o Campionato de España Cadete de Pista Cuberta, co cal tera que deixar de participar nunha carreira.


RESULTADOS VIGO

RESULTADOS SANTIAGO



ACTIVIDADE ATLETICA FIN DE SEMANA DE NADAL

 

     Nesta fin de semana de nadal temos un par de probas atléticas. A primeira cita será este venres 22 nas pistas de atletismo da USC en Santiago. Que mellor maneira de dar comezo as vacacións académicas.


INSCRITOS

REGULAMENTO

RESULTADOS EN DIRECTO



     De cara ao sábado 23 agardanos o III TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMOAs pistas de Balaidos acollen esta proba solidaria con probas para varias categorías.


INSCRITOS

RESULTADOS EN DIRECTO