Cangas, 11 de febreiro de 2018
O circuito do porto de Aldán, acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. E coñecida a dificultade tecnica que ten esta proba, se lle engadimos chuvia toda a maña máis os mellores marchadores galegos, temos o cóctel perfecto para o que alí sucedeu. @s amarel@s tamén acadaron o seu protagonismo e ben meritoria que foi a sua actuación. Na categoría SUB 10 tinguiron o podio de amarelo, Sabela Castelo e Candela Castro proclamaronse CAMPIOA e SUBCAMPIOA na proba de 1km. Engadir o RECORD GALEGO na distancia, ao rematar en 5:13 a carreira. Segundo record para Sabela nesta tempada, e polo que se adiviña non será o último.

Catro atletas disputaron a proba de 2kms na categoria SUB 12, todas elas mulleres. Lara Iglesias acadou o BRONCE, Iris Malvido foi 4ª, Goretti Carballal 8ª e Nerea Malvido 9ª. Outro grupo con valores seguros, traballo igual a resultados.
