Vigo, 13 de decembro de 2015
V CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA PROMOCION E G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA.
Cuntis, 06 de decembro de 2015
O domingo 06 de decembro Cuntis converteuse na Capital Nacional da marcha atletica. As pistas de atletismo de As Canteiras acollían o V CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA PROMOCION e paralelo a este gran evento tamén se celebrou o G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA. No Campionato de España estivemos representados pola cadete Valeria Fernandez, quen recorreu os 3000 metros nun tempo de 16:38.7- acadando o posto 20 desta categoría.

No G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA contamos coa presenza do alevín Denis Fernández, quen rematou en 1ª posición o percorrido dos 1000 metros para a súa categoría. A todo isto hai que engadirlle un tempo de 5:14.7-, polo que obra na web da FGA suporía un novo RECORD GALEGO.

XLII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS MEMORIAL PEPE CORDEIRO
Cangas 06 de decembro de 2015
Segue a bo ritmo o Pedestrismo do Concello de Cangas. Xa vai este ano pola 42ª edición. Moito cambiaron os tempos e serían outras as preocupacións organizativas. A día de hoxe o argot fainos falar de «chips», dorsais de incidencias, cortes de tráfico…Esperemos que os valores principais persistan no argot atletico a modo de «esforzo»»compañerismo»»disciplina»…
Tras esta profunda reflexión do paso do tempo, ceñiremonos o acontecido no XLII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS MEMORIAL PEPE CORDEIRO. As 10:00 horas estaba previsto o comezo da categoría benxamín, con 15 minutos de retraso deuse a saída. Despois de isto xa foron o resto das probas con máis celeridade. Moita animación e moi bo tempo acompañaron as probas das categorías menores. Coma ven sendo habitual as carreiras máis concurridas foron minibenxamin e benxamín. As seguintes alevín e infantil, tamén concentraron un bo número de participantes, sobre todo a primeira. Aínda que había ampla participación de nen@s pertencentes a Clubes de atletismo, salientar a de outros nen@s que o fixeron por Colexios ou de maneira individual. Moitos nen@s serían fill@s dos participantes na carreira absoluta de 10 km con saída de Aldán. Primeiro amosaron os pequenos o seu potencial no circuito urban e posteriormente animaron os seus proxenitores.
A saída de Aldán foi as 12:00 horas. Os participantes dispuseron dun novo trazado. O percorrido deixaba a carretera de Aldán na baixada a praia de Areamilla. Despois do descenso continou polo sendeiro de terra que bordea a praia do medio ata o novo paseo de Masso. Gracias os voluntari@s foi sinalado con puntos kilometricos, de feito tamén exerceron de improvisados psicologos.
Neste novo trazado resultaron gañadores Alvaro Prieto e Beatriz Fernández, noraboa a ambos e tamén os demáis participantes, que de seguro cumpliron ou intentaron o seu próposito. Pola parte dos veterans Sebastián Pazo rematou 5º na súa categoría.
Esta foi a CLASIFICACION dos @m@rel@s:
| POSICION | TEMPO-2000 mts | CADETE MULLERES | |||
| 3º | 00:08:25 | María Rodríguez Teijeiro | |||
| 8º | 00:09:47 | Isaura Framil de Amorin | |||
| 9º | 00:09:52 | Noelia González Garcia |
| POSICION | TEMPO-3000 mts | CADETE HOMES | |||
| 3º | 00:12:14 | Alex Iglesias Domínguez | |||
| 4º | 00:12:17 | Aaron Domínguez Hermelo |
| POSICION | TEMPO-1500 mts | INFANTIL MULLERES | |||
| 7º | 00:06:01 | Sara Mallo Alfonso | |||
| 8º | 00:06:07 | Sabela López Menduiña | |||
| 10º | 00:06:11 | Ines Pardavila Prieto | |||
| 12º | 00:06:21 | Anais Santamarina García | |||
| 13º | 00:06:25 | Maria Rial Alfaya | |||
| 16º | 00:06:42 | Ainoa Santos Piñeiro | |||
| 17º | 00:06:46 | Colomba Carballal López | |||
| 22º | 00:06:53 | Alba Pardavila Antepazo |
| POSICION | TEMPO-1500 mts | INFANTIL HOMES | |||
| 1º | 00:05:13 | Lope Quinteiro Pena | |||
| 6º | 00:05:47 | Daniel Iglesias Suarez | |||
| 7º | 00:05:49 | Eduardo Parcero Palma | |||
| 8º | 00:05:55 | Jacobo Diaz Perez | |||
| 13º | 00:06:37 | Gabriel Dacosta Vizoso | |||
| 15º | 00:06:42 | Ivan Iglesias Álvarez | |||
| 16º | 00:06:43 | Martiño Núñez Molanes |
-
POSICION TEMPO-1000 mts ALEVIN MULLERES 5º 00:03:41 Carmen Fraga Sobreira 8º 00:03:45 Ágata Rodríguez Jalda 10º 00:03:48 Andrea Sotelo Gutierrez 12º 00:03:50 Nuria Argibay Caiño 14º 00:03:59 Blanca Piñeiro Nogueira 15º 00:04:07 Paula Nerga Martínez 22º 00:04:37 Uxia Arias Framil 23º 00:04:39 Daniela Budiño Martinez -
POSICION TEMPO-1000 mts. ALEVIN HOMES 1º 00:03:25 Joel Curro Pereira 3º 00:03:27 Carlos López Menduiña 7º 00:03:35 Yago Juncal Alfaya 10º 00:03:40 Carlos Corredoira Herbello 13º 00:03:47 Diego Martínez Vilas 14º 00:03:50 Antón Núñez Molanes 16º 00:03:54 Manuel Lemos Gómez 25º 00:04:10 Ruben Lemos Gómez 27º 00:04:16 -
POSTO TEMPO-500 mts BENXAMIN MULLERES 1º 00:01:55 Lara Iglesias Suarez 6º 00:02:02 Lucia Gil Fernández 7º 00:02:04 Gema Dacosta Magdaleno 8º 00:02:05 Leire Fonseca González 11º 00:02:07 Noa Nerga Martínez 12º 00:02:08 Sara Nerga Martínez 13º 00:02:09 Iris Malvido Pardavila 18º 00:02:17 Nerea Malvido Pardavila 31º 00:02:43 Nerea Rial Piñeiro -
POSICION TEMPO-250 mts BENXAMIN HOMES 1º 00:01:47 Sergio Valladares Barreiro 3º 00:01:50 Raul Rial Lemos 12º 00:02:03 Ángel Graña Bellanato 21º 00:02:11 Eloy Domínguez de Río -
POSICION TEMPO-250 mts MINIBENXAMIN MULLERES 2º 00:01:06 Leire Brun Fernandez 3º 00:01:06 Alba del Valle Santamarina 6º 00:01:13 Sabela Domínguez Hermelo 10º 00:01:20 Noa Quinteiro Pena -
POSICION TEMPO-250 mts MINIBENXAMIN HOMES 22º 00:01:40 Marcos Rial Lemos
RESULTADOS CATEGORIAS MENORES TROFEO PEDESTRISMO CANGAS
RESULTADOS VII CROSS ESCOLAR CEIP NAZARET
Cangas 29 de novembro de 2015.
Por estas datas correse o risco en Galicia de organizar unha carreira e rematar afogado baixo a chuvia. Está claro que temos a fama pero hoxe non levamos o proveito. Día soleado, frío tamén, que axudou a que a afluencia o VII CROSS ESCOLAR CEIP NAZARET fora moi significativa. Preto de 350 nen@s encheron o barrio de Nazaret de ledicia, deporte e compañerismo. As probas dos Pitufos (3-4-5 anos) foron as máis concurridas, pero as outras categorías Prebenxamin e Benxamin non se quedaron atrás.
A primeira proba da mañan OS ALEVINS, sobre un percorrido de 850 mts. remataron da seguinte forma RESULTADOS ALEVIN.
Para completar o circuito de 600 mts OS BENXAMINS deron dúas voltas, arrincando os aplausos do público co seu «bo correr». RESULTADOS BENXAMIN
A categoría PREBENXAMIN foi de longo das máis numerosas. Nun abrir e pechar de ollos completaron a volta do percorrido, vaia vitalidade. Este foron os RESULTADOS PREBENXAMIN
Chegaba o protagonismo para os PITUFOS, con percorridos de 80, 100 e 120 mts. Sorte que a saída era en costa, se non algun non da tempo a sacarlle a foto. Menuda canteira temos no morrazo.
Para rematar a festa os PAIS e NAIS tamén aportaron o seu grao de area. Correron e deron exemplo os seus fillos de que o importante e participar. Non sei se o creron. RESULTADOS PAIS-NAIS
Ata o ano amig@s!!!
VII CROSS ESCOLAR CEIP NAZARET.
Este domingo, día 29 de novembro, terá lugar unha nova edición (7ª) do CROSS ESCOLAR CEIP. NAZARET, evento organizado pola ANPA. NAZARET e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.
O evento, que terá lugar no entorno da Barriada de Nazaret, trascorrerá en horario de 10.00/12.30 h, e nel prevese a participación de máis de 300 atletas, achegados dende diferentes clubs e centros escolares da comarca do morrazo.
Este ano como novidade incluese no programa unha carreira de pais/nais (seran catro voltas do circuito-1100 mts.). Se non hai imprevistos o comezo será as 10’00 horas. A orde das carreiras vai ser:
- ALEVINS
- BENXAMINS
- PREBENXAMINS
- 3 ANOS
- 4 ANOS
- 5 ANOS
- PAIS/NAIS
CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO.
Bastiagueiro, 22 de novembro de 2015
As pistas do INEF de Bastiagueiro acolleron o CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO. Este pásado domingo foi a primeira toma de contacto dos marchadores co tartán na recente tempada. Tamén se toparon con chuvia e frio, máis tiveron que mostrar as pernas. Xa sabedes que na marcha os xeonllos teñen que estar a vista.
Na proba benxamín feminina Lara Iglesias proclamouse Campiona. Gema Dacosta foi Subcampiona e as irmans Iris e Nerea Malvido remataron 4ª e 5ª. Foi a proba con máis amarel@s.
Na categoría alevín tivemos en mulleres a Nerea Nogueira, que rematou 5ª na carreira de 2000 mts. Na sección másculina Denis Fernández acadou con solvencia o Campionato Galego aventaxando en minuto e medio o seguinte clasificado. Iria Nieto conseguiu a medalla de bronce e foi a única representante na categoría infantil feminina.
Para remate Valería Fernández estreouse na categoría cadete acadando o subcampionato galego. Nos resultados situana como cuarta pero as dúas marchadoras anteriores foran dobladas. As veces non chega con loitar dentro da pista. A todo isto queda inaugurada a páxina atletas destacados 2015/16.
IV LIGA FEDERADA ESCOLAR-FASE PREVIA SUR
Vigo, 21 de novembro de 2015
Primeira competición por equipos para as categorías menores. Estaban inscritos seis equipos en total, completando en mulleres e homes os benxamíns, alevins e infantis. O regulamento da IV LIGA FEDERADA ESCOLAR concretaba nun dos seus puntos » Clasificarase os dous primeiros equipos de cada unha das fases e as catro millores puntuacións do total dos equipos participantes». Se non se quedaba entre os dous primeiros habería que agardar o que sucedía na Fase Norte en Ferrol.
Nas pistas de Balaidos de Vigo tivemos unha maña fría, pero tamén choveu. Non foi un día agradable nin para atletas nin para público. As probas comezaron con puntualidade e respetouse o horario previsto. No tocante a competición os dous equipos benxamins acadaron o pase a final da IV LIGA FEDERADA ESCOLAR. As mulleres remataron primeiras con 83 puntos e os homes segundos con 73 puntos. RESULTADOS BENXAMIN.
A seguinte categoría, os alevins, quedaron as portas da clasificación directa. Ambos repetiron no terceiro posto. As mulleres sumaron 120 puntos e os homes 127. RESULTADOS ALEVIN.
Os infantís tamén obtiveron a clasificación tras a Fase Prevía. As mulleres conseguiron 130 puntos e os homes acadaron 156. Elas remataron segundas e eles primeiros. RESULTADOS INFANTIL.
Tamén salientar as marcas que se acadaron na competición, que podedes consultar nos RESULTADOS OFICIAIS.
HORARIO I FASE DA IV LIGA FEDERADA ESCOLAR
Xa aparece publicado na web da FGA o HORARIO DEFINITIVO da Fase Sur da IV LIGA GALEGA ESCOLAR FEDERADA, a celebrar este sábado 21 de novembro nas Pistas de Atletismo de Balaidos en Vigo. O autobús saldra de Cangas as 08:45 horas. Tamén a última hora tivemos que realizar modificación nas incricions, os relevos contan como proba. A lista definitiva é esta; INSCRICIONS
CONCENTRACION DE SALTOS EN OURENSE
Ourense, 14 de novembro de 2015
O Módulo Cuberto Pabellón dos Remedios de Ourense acolleu este pasado sábado a CONCENTRACION DE SALTOS DA ZONA SUR, os responsables de saltos horizontais e verticais, Mario González Rodríguez e Santiago Ferrer Alonso convocaron a adestradores e atletas. Pola parte do Club de Atletismo Vila de Cangas acudiu o adestrador Fran Rodal acompañando a Irene Menéndez (cadete-lonxitude), Ariadna Gil (cadete-triple salto), Daniel Calvar (xuvenil-triple salto), Saray Amoedo (xuvenil-triple salto), David Lorenzo (xuvenil-pértega), Daniel Armada (xuvenil -pértega) e Martina Páramos (xuvenil -pértega) . Destacar a ampla representación de atletas do club, que evidencia o nivel que posúen nestas categorias a nivel galego. Salientar tamén que a cadete Veronica Nuñez fora seleccionada para pértega pero o final non puido asistir.















Debe estar conectado para enviar un comentario.